Persia
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Persia é o nome dado ao territorio ocupado polo Imperio Persa que se desenvolveu no Medio Oriente (na rexión dos Montes Zagros), entre os séculos -VII e -IV. Tamén é o nome dado á rexión actual do Irán; a cultura e o pobo iraniano tamén son descritos co adxectivo persa.
O nome, usado no Occidente, foi unha herdanza do nome grego para o Irán, Persis, centro do imperio, aínda que o mesmo teña se estendido a lugares actuais como Turquía, noroeste da India e Exipto.
Persa é tamén unha etnia; os persas descenden dos arianos, un pobo indoeuropeo que migrou para a rexión da Persia a partir da Asia Central, no inicio do primeiro milenio a.C. A súa lingua chámase persa, ou farsi. De acordo con fontes do goberno estadounidense, 51% da poboación actual do Irán é da etnia persa. Outras estimativas chegan a colocar esa parcela en 70%. Existen minorías persas tamén no Afganistán, Taxiquistán e Uzbequistán. Moitas outras etnias existen no Irán, incluíndo grupos arianos non-persas, como os g; as etnias de ascendencia turca, como os acerbaixanos, curdos, e turcománs; árabes e algunhas outras minorías. Vexa Demografía do Irán para máis detalles.
Para informacións sobre a moderna historia do Irán, vexa Historia do Irán.
O antigo país de Persia foi ocupado sucesivamente por unha serie de pobos e imperios:
- Guti.
- Imperio Elamita
- Media.
- Imperio Persa.
- Reino Parto.
- Imperio Sasánida.
- Califato Omeia.
- Califato Abasida.
- Il-Khanes.
- Imperio Safavida.
- Irán.
[editar] Personaxes históricos
- Aquemenes, fundador da dinastía aqueménida
- Ciro, emperador
- Darío I, emperador que enfrontou os helénicos
- Xerxes, emperador
- Zoroastro ou Zaratustra, sacerdote e sabio, fundou o Zoroastrismo, relixión da Persia antiga