Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A aciñeira (Quercus ilex) é unha árbore cupulífera parecida ao carballo. Encóntrase no sur de Europa, adoita plantarse como protección, especialmente xunto ao mar, pola súa resistencia aos ventos e á contaminación das cidades.
Alcanza unha altura de 20-27 m, a copa é densa e redondeada, un toro curto e pólas rectas e ascendentes, as follas varían dende as de forma estreita e longa o outras ovaladas, nas beiras son onduladas ou teñen dentes espiñentos. Agroma de abril a maio. Os seus froitos, landras, son de cor verde clara de entre 1'5 e 2 cm de lonxitude.
A aciñeira ten unha lonxevidade de 200 a 500 anos.
A súa madeira é moi dura, pesada, forte e resistente de doada modelación, emprégase para facer rodas, en carpintaría, para combustible e carbón vexetal.
Commons ten máis contidos multimedia sobre: