Singapur - 新加坡
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
|
|||||
Lema: Majulah Singapura (Malay: Onward, Singapore) |
|||||
Lingua oficials | Inglés, Chinés, Malaio e Tamil |
||||
Lingua nacional | Malaio | ||||
Capital | Singapore | ||||
Presidente | S. R. Nathan | ||||
Primeiro Ministro | Goh Chok Tong | ||||
Área - Total - % auga |
174º 692.7 kmA² 1.444% |
||||
Poboación - Total (Xullo 2003 est.) - Densidade |
115º 4,608,595 6751/km² |
||||
|
|
||||
Independencia - Data |
da Malaisia 9 de Agosto do 1965 |
||||
Moeda | Dolar de Singapore (S$, SGD) | ||||
Fuso horario | UTC +8 | ||||
Hino nacional | Maxulah Singapore | ||||
TLD (Internet) | .SG | ||||
Prefixo Telefónico | 65 |
Singapore é un minúsculo país do Sueste asiático que ocupa unha illa principal e alguns illotes secundarios ao longo do extremo sur da Península Malaia. Un canal estreito separa Singapore da Malaisia, a norte, e outro mais longo (o Estreito de Malaca) separaa de Indonesia, a sur. Capital: Singapore.
Índice |
[editar] Historia
A illa, que anteriormente se chamaba Tumasek, foi bautizada Singapura no século XIV polo príncipe Parameswara.
En 1819, Thomas Stamford Raffles tomou o control da cidade para facer frente á dominación comercial holandesa na rexión. En 1826, Singapore, Malaca e Penang constituen as colonias dos estreitos.
Durante a Segunda Guerra Mundial, a partir do 15 de febreiro de 1942 a illa cae baixo dominio do Imperio Xaponés, que a ataca desde terra aproveitando que as defensas da ciudad están orientadas contra o mar.
Tras a guerra, Lee Kuan Yew é elixido Primeiro Ministro. O seu partido, o Partido de Acción Popular (People's Action Party) propon enton a integración na Federación de Malaisia, o que consegue en setembro de 1963. Pouco despois, en 1964, as diferencias maniféstanse e a independencia da República de Singapore é proclamada o 9 de agosto de 1965.
[editar] Política
A constitución de Singapore está inspirada no parlamentarismo inglés. O Partido de Acción Popular domina a política do país desde a independencia. O sistema de goberno aproxímase máis ao autoritarismo que a unha democracia multipartidista.
Paradoxalmente, a economía de mercado en Singapore constitúe un modelo de transparencia e a corrupción é case inexistente. Singapore é membro da ASEAN.
Le Kuan Yew, considerado o pai da patria, foi o único primeiro ministro de 1959 ata 1990, cando pola súa propia vontade decidiu deixar o cargo para dar paso á seguinte xeración de políticos. Cando Goh Chok Tong asume o cargo de primeiro ministro, creou un ministerio sen carteira para Le Kuan Yew e noméoo Senior Minister. Anos máis tarde Goh Chok Tong tomo unha decisión similar, e decidiu deixar o cargo á xeración de substitución, e en 2004 Le Hsien Loong, fillo de Kuan Yew, asumiu o cargo de primeiro ministro; nese momento o seu pai de Senior Minister paso a ser chamado Mentor Minister, e Goh Chok Tong paso a ser o Senior Minister.
[editar] Xeografia
Singapore sitúase entre Malaisia coa que limita ao norte e Indonesia ao sur. Esta illa está unida á península malaya por dúas pontes. O primeiro leva á cidade fronteiriza de Johor Bahru en Malaisia. O segundo, máis ao oeste conecta tamén con Johor Bahru nos barrios da rexión de Tuas.
Singapore, a illa crecente
Cando o mariño Thomas Stamford Raffles izou por primeira vez a bandeira británica en Singapore en 1819 atopouse cunha pequena illa cuxo espazo era compartido por nativos, pescadores e piratas. O capitán inglés sorprenderíase ao comprobar que a cidade-Estado que fundou é hoxe un dos centros financeiros do mundo. E que nin sequera é xa tan pequena.
Nun dos grandes proxectos enxeñeiros xamais emprendidos, Singapore expandiu o seu territorio metro a metro, tonelada de area a tonelada de area, ata aumentar o seu tamaño o equivalente a dous Manhattan neoiorquinos nos últimos corenta anos.
O proxecto está lonxe de terminar e miles de operarios traballan ao longo da costa singaporeña para gañar outros 60 quilómetros cadrados dentro dun ambicioso plan que espertou as iras dos ecoloxistas e provocou un enfrontamento diplomático con países veciños. "Aínda temos espazo para crecer", dicía recentemente o ministro de Desenvolvemento Nacional Mah Bow, anunciando as intencións da que foi descrita como a illa crecente.
O principal problema é que mentres Singapore se expande, as illas próximas empezaron a encoller. As illas indonesias foron durante anos, e debido á súa proximidade, as encargadas de prover o 80% da area necesaria para os proxectos de ampliación de terreo do país veciño. As provincias indonesias de Riau e Bangka-Belitung venderon unha media de 300 millóns cúbicos anuais de area a Singapore, acumulando grandes ganancias á vez que provocaban un desastre ecolóxico nos seus territorios.
Algunhas dos illotes máis pequenos de Riau foron escaldados ata quedar mergullados baixo o mar e outras illas maiores viron as súas praias reducidas en tamaño. "Cando che levas a area, as illas de menor tamaño perden a súa capacidade de resistir a erosión das ondas e co tempo pode provocarse a súa desaparición", asegura Nur Hidayati, coordinador da campaña iniciada por varias ONG indonesias para frear a extracción de máis area do seu territorio.
Singapore utilizou terra das súas montañas nas primeiras obras dos anos 60 ata que o seu territorio quedou practicamente plano. O Goberno comezou a comprar entón area de Malaisia e Indonesia en cantidades que foron aumentando segundo facíano as necesidades dos enxeñeiros nos seus traballos para gañarlle terreo ao mar.
Aeroporto sobre o mar
A profundidade da auga xunto á costa pasou de cinco a 20 metros, multiplicando a cantidade de area necesaria para crear terreo artificial. A expansión do aeroporto local de Changi, considerado un dos tres mellores do mundo, requiriu para a súa construción a creación de 12 quilómetros cadrados artificiais e a utilización de 9.600 millóns cúbicos de area. A rápida expansión de Singapore ten como obxectivo facilitar espazo para unha poboación que o Goberno prevé pase dos 4,5 millóns de habitantes actuais a 6,5 millóns nas próximas décadas, a pesar de que o país conta cun dos índices de natalidade máis baixos do mundo.
As autoridades temen que a falta de terreo e a concentración de xente provoque no futuro contaminación, atascos e subidas dos prezos da vivenda como os experimentados por Hong Kong, cuxo Goberno tamén leva a cabo proxectos de recheo de terreo ao mar.
Os plans de Singapore, que inclúen a expansión da súa costa outro 14% nos próximos 50 anos, víronse retardados pola oposición de grupos ecoloxistas nos países dos que importaba a materia prima necesaria.
Indonesia comezou a limitar a exportación de area das súas illas en 2003 e en febreiro de 2007 prohibiu a súa venda sen excepcións. A medida deberá ser revisada cada seis meses e os Gobernos rexionais que se estaban beneficiando economicamente do tráfico de area están presionando para que o embargo sexa levantado. Os ecoloxistas e os pescadores da zona oponse asegurando que os proxectos destruíron as reservas de pesca, corais, arrasado praias e bloqueado as saídas ao mar de ríos de vital importancia.
A noticia do corte de subministración por parte de Indonesia foi aproveitada rapidamente por outros países da rexión como Myanmar, que podería converterse nun novo subministrador. A proba de que a falta de area está lonxe de supor un problema para Singapore está nas obras que levan a cabo en diferentes puntos da súa costa.
Un novo centro urbano está sendo construído en terra creada artificialmente sobre o mar xunto ao distrito financeiro. Os guindastres e camións traballan aumentado a superficie da península de Tuas, unha zona do suroeste da cidade-Estado onde os plans urbanísticos prevén unha inmensa zona industrial.
A pequena illa é hoxe 33 quilómetros cadrados maior do que era cando Raffles desembarcou nela no século XIX e todo indica que seguirá o seu avance imparable. "O futuro de Singapore depende diso", aseguran os seus líderes.
Malestar nos países veciños
Cuns 700 quilómetros cadrados, Singapore é o máis pequeno dos países do sueste asiático e os seus líderes din ter dereito a expandirse dentro das súas augas territoriais da mesma forma que o están facendo outras cidades como Hong Kong ou Dubai.
Pero en ningún outro cerco os proxectos de reclamación crearon unha crise parecida á que vive a rexión. Malaisia e Indonesia protestaron oficialmente ao considerar que os plans do seu veciño poderían cambiar as fronteiras do sueste asiático e prexudicar os seus intereses nacionais. Iacarta conta con 83 illas fronteirizas que serven para fixar os seus bordos nacionais.
Unha delas, Nipah, atópase fronte a un dos últimos proxectos de expansión de Singapore e áchase practicamente mergullada tras entregar gran parte da súa area ao seu veciño rico. ¿Cambia a nova situación as fronteiras entre ambos os países? Varios parlamentarios indonesios chegaron a asegurar que a venda de máis area a Singapore debería ser considerado un delito «de traizón á nación».
Malaisia tamén se tomou as ambicións de Singapore como unha afronta patriótica. O Goberno de Kuala Lumpur denunciou que os traballos da illa poderían obstruir o paso de grandes buques a través do seu porto de Tanjung Pelepas. "A liña a través do estreito de Malaca estase estreitando pola expansión de terreo de Singapore", segundo Nada Faza Soraya, membro da Maritime Education Foundation, unha das organizacións que se opón ao crecemento de Singapore.
O primeiro asalto na batalla legal foi gañado pola cidade-Estado asiática. Unha corte internacional declarou en 2005 que os seus proxectos de expansión eran "legais".
[editar] Economía
Singapore posúe unha economía de mercado libre e próspera, caracterizada por un contorno aberto e exento de corrupción. Ten prezos estables e un dos PIB per capita máis altos do mundo. A economía depende principalmente das exportacións, particularmente as do sector electrónico e industrial.
En 2001 a recesión mundial e a caída do sector tecnolóxico afectaron de xeito importante á economía do país (o PIB caeu un 2%). A epidemia de SRAS iniciouse en 2003, o que ampliou a recesión. Para contrarrestar esta retardación, o goberno puxo en marcha en decembro de 2001 un comité de vixilancia económica, cuxos resultados foron publicados en febreiro de 2003.
A refinería petroleira máis grande de Asia atópase en Singapore. Igualmente, Singapore posúe o porto marítimo que manexa maior volume de carga anual, tanto en tonelaxe como en número de colectores do mundo.
Aínda que Singapore sexa un país extremadamente pequeno, sen recursos naturais e sen espazo para a agricultura a sua economía non pára de medrar. Asi como ocorre cos demais tigres asiáticos os principais produtos de exportación son máquinas e equipamentos eletronicos de última xeración.
Aínda que sexa unha potencia industrial e tecnolóxica, Singapore ten forte dependencia da importación de alimentos, enerxia e materias prima, alén de unha visible inestabilidade economica, unha vez que é un país extremadamente dependente de capital externo.
Os sectores de finanzas e de turismo tamén se teñen destacado moito. A bolsa de valores de Singapore é unha das mais importantes do mundo e o número de turistas, principalmente asiáticos ten medrado de xeito surprendente nos últimos anos.
[editar] Demografía
Despois de Mónaco, Singapore presenta a maior densidade de poboación do mundo. O 85% dos seus habitantes viven nas vivendas públicas chamadas HDB.
A diversidade étnica da poboación está moi marcada: os chinese representan o 76.8%; os Malaios o 13.9%, os indios o 7.9% e o resto proveñen de diversos países, principalmente occidentais.
[editar] Cultura
Sendo Singapore unha pequena e relativamente moderna amálgama de poboamentos chineses, malaios e indios, non se pode dicir que haxa unha cultura especificamente singaporeña. Dun xeito enteiramente único, os vários grupos étnicos continuan a celebrar as suas próprias culturas. Singapore é probabelmente o único lugar do mundo onde se pode atopar un casamento malaio a ter lugar lado a lado cun casamento chinés, por exemplo. Os feriados principais reflicten o xeito en que a cultura local celebra esta diversidade. Ao contrario de moitas outras sociedades multiculturais, os feriados públicos principais incluen o Ano Novo do calendario xeorxiano, o ano novo chinés, o Hari Raya Haxi e o Deepavali.
[editar] Véxase tamén
[editar] Ligazóns externas
Países do mundo | Asia |
Afganistán | Arabia Saudí | Armenia | Acerbaixán | Bahrain | Bangladesh | Brunei | Bután | Camboxa | Casaquistán | China | Corea do Norte | Corea do Sur | Emiratos Árabes Unidos | Filipinas | Xeorxia | Iemen | India | Indonesia | Irán | Iraq | Israel | Kuwait | Laos | Líbano | Maldivas | Malaisia | Mongolia | Myanmar | Nepal | Omán | Paquistán | Qatar | Quirguicistán | Singapur | Siria | Sri Lanka | Taxiquistán | Tailandia | Taiwán | Timor Leste | Turcomenistán | Turquía | Usbequistán | Vietnam | Xapón | Xordania |
Países con parte do seu territorio en Asia |