Kuala Lumpur
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Kuala Lumpur é a capital de Malaisia. É unha mtrópole de 4 millóns de habitantes (área urbana). O seu nome significa "confluente lamoso" en malaio, pois a cidade está sita na confluencia de dous cursos de auga. O máis importante é o río Klang, que desauga 45 km ao oeste no estreito de Malaca; o outro é o Gombak.
Arrebatada á selva, Kuala Lumpur debe o seu nacemento e a súa fortuna aos fabulosos xacementos de estaño descubertos no século XIX. O lugar, durante moito tempo, non foi outra cousa senón un acampamento de cabanas de bambú infestado pola malaria. Mais creceu mercé ao comercio de estaño, até tornarse, en 1896, na capital dos Estados malaios federados. A primeira impresión do viaxeiro que atravesa hoxe Kuala Lumpur, é a dunha cidade verde, tranquila e ordenada que, a pesar dos seus case 2 millóns de habitantes, garda unha proporción humana.
Índice |
[editar] Cifras
- Superficie do territorio federal de KL : 243,65 km².
- Poboación (territorio federal) : 1.800.674 (2004).
- Poboación (area metropolitana val do Klang) : sobre 4 millóns.
[editar] Administración
A cidade está administrada por un consello municipal non eleito, nomeado polo goberno. Porén depende con todo da solidez da asemblea do momento.
[editar] Historia
Elevada ao rango de cidade (bandar en malaio) aínda en 1897, Kuala Lumpur coñeceu desde entón un crecemento desenfreado. Foi afastada do Estado de Selangor en 1971 para convertela nun territorio federal. A nova cidade de Shah Alam substituína como capital do Estado.
[editar] Xeografía
Situada no oeste de Malaisia, a 45 km do mar, a cidade cubre unha área metropolitana moi estensa, que desborda largamente os límites do distrito federal e engloba unha boa parte do Estado de Selangor. Tal área é chamada o val do Klang. A extensión infinda dos suburbios é compatíbel cunha rede moi densa de autoestradas e de tres liñas de metro lixeiro.
A urbanización adénsase cara o oeste, até Klang, que serve ao conxunto do país a través do seu porto.
[editar] Clima
O clima de Kuala Lumpur é ecuatorial: a temperatura media de cada mes ronda os 26º. Chove ao longo de todo o ano, aínda que algo máis en primavera e outono; as precipitacións medias anuais son de 2.419 mm.
[editar] Sitios de interese
Os lugares máis visitados da cidade son:
- As grutas de Batu, obxecto de peregrinaxe hindú, accesíblees por medio dunha longa escaleira.
- O palacio real (Istana negara).
- Os exemplos de arquitectura indo-mora, como a vella estación de tren e a Alta Corte de Xustiza, testemuñas da súa elegancia.
- O Museo de civilización islámica.
- As torres Petronas, xemelgas, que son dous arrañaceos inaugurados en 1998, símbolos duo desenrolo recente do total do país. Na súa arquitectura figuram diferentes símbolos dos componentes da poboación national : malaios tradicionais, musulmáns, e tamén chineses. Con os seus 452 metros de altura e 88 andares, estas torres eran até 2004 as máis altas do mundo. Despois, a torre Taipei 101 en Taiwan sobrepasounas.
- A torre de telecomunicacións, pola vista panorámica que oferece.
- A policromía arquitectural do centro da cidade.
- As tendas con saldos de agosto.
[editar] Comunicacións
Kuala Lumpur está ligada a Singapur, no sur, e a Penang, no norte, por unha autoestrada que continúa para Hat Yai en Tailandia. Unha autoestrada este-oeste únea con a cidade de Kuantan e os estados de Terengganu e de Pahang.
Numerosas vías férreas percorren a aglomeración, aínda que o eixo maior axústase á peninsula malaia.
As comunicacións aéreas sírvense de tres aeroportos : Subang (vóos de frete), o aeroporto internacional de Sepang (aeroporto internacional de Kuala Lumpur), e máis a terminal para baixo custo (Low Cost Carrier Terminal [1]).
[editar] Ver tamén
- Putrajaya
- Cyberjaya
- Torres Petronas
- Cidade global