See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Usbequistán - O‘zbekiston - Wikipedia

Usbequistán - O‘zbekiston

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

O‘zbekiston Respublikasi
O‘zbekiston Jumhuriyati
República de Usbequistán
Bandeira de Usbequistán - O‘zbekiston Escudo de Usbequistán - O‘zbekiston
Bandeira Escudo
Lema: Non ten
Himno nacional: Himno Nacional da República de Usbequistán
 
 
Capital
 • Poboación
Tashkent
2.142.700 (1999)
Cidade máis poboada Tashkent
Lingua oficial n/d
Forma de goberno República
Islom Karimov
Shavkat Mirziyoyev
Independencia
 • Data
Da Unión Soviética
1 de setembro de 1991
Superficie
 • Total
 • % auga
Fronteiras
Costas
Posto 55º
447.400 km2
4,9%
6,221 km
420 km
Poboación
 • Total
 • Densidade
Posto 41º
25.563.441 (2002)
57 hab/km2
PIB (nominal)
 • Total
 • PIB per cápita

n/d
n/d
PIB (PPA)
 • Total (2005)
 • PIB per cápita
Posto 77º
US$ 48.137 millóns
US$ 1.834
IDH n/d
Moeda Som Usbeco (UKS)
Xentilicio Usbeco, -a
Fuso horario UTC+5
Dominio de Internet .uz
Prefixo telefónico +998
Prefixo radiofónico UJA-UMZ
Código ISO 860 / UZB / UZ
Membro de: CEI, ONU, OSCE, OCS

¹ Non ten saída ao mar, mais comparte o Mar de Aral con Casaquistán, no que dispón de 420 km de costa.

Tódolos países do mundo

Usbequistán (ou Uzbequistán) é unha república ex-soviética de Asia Central, limitada ao norte polo Casaquistán, ao leste polo Quirguicistán e polo Taxiquistán, ao sur polo Afganistán e a sur e ao oeste polo Turcomenistán. Alén do territorio principal, inclúe tamén os enclaves de Sokh e de Iordan, no Quirguicistán. A súa capital é a cidade de Tashkent.

Índice

[editar] Historia

Artigo principal: Historia de Usbequistán.

Durante séculos, o actual territorio do Usbequistán estivo integrado intermitentemente no Imperio Persa. Antes da chegada gradual de invasores turcos, a área estivo poboada por elementos escitas e xentes de fala persa e de estirpe iraniana, que aínda comprenden unha gran minoría no Usbequistán e son chamados hoxe en día taxicos. Desde a Idade Moderna, os emiratos en que se dividía o país (Buxara, Samarcanda e outros) foron estados tapón entre as aspiracións persas e chinesas, e posteriormente rusas.

No século XIX, o Imperio Ruso comezou a se expandir por Asia Central. O período do "Gran Xogo" é xeralmente considerado como continuo aproximadamente desde 1813 ata a convención Anglo-Rusa de 1907. Seguindo á revolución bolxevique de 1917, seguiu unha segunda fase menos intensiva.

Escudo de Armas da antiga República Socialista Soviética de Usbequistán
Escudo de Armas da antiga República Socialista Soviética de Usbequistán

A comezos do século XX, Asia Central estaba firmemente nas mans de Rusia e a pesar dalgunha resistencia aos bolxeviques, Usbequistán e o resto de Asia Central fixéronse parte da Unión Soviética.

O 1 de setembro de 1991, Usbequistán declarou a independencia de mala gaña. Mentres as repúblicas bálticas levaban a loita pola independencia, os estados da Asia Central tiñan medo dela. "As forzas centrífugas que romperon a Unión foron as máis febles en Asia Central. Despois do intento de golpe de estado de agosto de 1991, tódolos líderes de Asia Central creron que a Unión podería ser preservada dalgún xeito", escribiu Michael McFaul en Russia's Unfinished Revolution.

[editar] Política e goberno

Constitucionalmente, o Goberno de Usbequistán establece a separación de poderes, a liberdade de expresión e a democracia representativa. En realidade, o executivo retén case todo o poder. O poder xudicial non salienta pola súa independencia, e o parlamento, que se reúne soamente uns poucos días ao ano, ten pouco poder para dar forma ás leis.

O presidente escolle aos gobernadores provinciais.

No marco do referendo de decembro de 1995, o primeiro mandato de Karimov foi prorrogado. Outro referendo nacional tivo lugar o 27 de xaneiro de 2002 para, de novo, prorrogar o seu mandato. O referendo aprobouse e o mandato de Karimov foi estendido por unha lei do Parlamento ata decembro de 2007.

A maioría de observadores internacionais declinaron participar no proceso e non recoñeceron os resultados rexeitándoos por non reunir os estándares básicos.

O referendo de 2002 tamén incluía un plan para crear un Parlamento bicameral. O edificio que debe abrigar tal parlamento está actualmente en construción. As eleccións para o novo Parlamento bicameral tiveron lugar o 26 de decembro mais ningún candidato ou partido opositor verdadeiramente independente tivo a oportunidade de participar. A misión de observación limitada da OSCE concluíu que as eleccións apenas atinxiron os estándares internacionais para unhas eleccións democráticas.

Formáronse varios partidos políticos coa aprobación do Goberno mais non mostraron aínda interese por defender alternativas á política do goberno. Similarmente, aínda que se estableceron múltiples medios de comunicación (radio, televisión, prensa), estes tamén se atopan baixo o control do goberno e raramente tratan temas políticos.

Permíteselle aos partidos políticos a súa creación, o recrutamento, e a posibilidade de celebrar convencións e conferencias de prensa, mais denegóuselles a súa posibilidade de rexistro baixo uns procedementos de rexistro restritivos.

O 28 de marzo e o 1 de abril de 2004 perpetráronse atentados terroristas en Tashkent e Bukhara. Aínda non se esclareceu quen cometeu os ataques. A reacción do goberno aos ataques, ata o momento, refreouse.

[editar] Subdivisións

División en Provincias

O país divídese en:

  1. Toshkent Shahar
  2. Andijon (provincia)
  3. Buxoro (provincia)
  4. Farg‘ona (provincia)
  5. Jizzax (provincia)
  6. Namangan (provincia)
  7. Navoiy (provincia)
  8. Qashqadaryo (provincia)
  9. Samarqand (provincia)
  10. Sirdaryo (provincia)
  11. Surxondaryo (provincia)
  12. Toshkent (provincia)
  13. Xorazm (provincia)
  14. Qoraqalpog‘iston (república autónoma)

[editar] Xeografía

Vista satélite de Usbequistán
  • Terreo: A maior parte do territorio de Usbequistán está formado por chairas (preto de catro quintos do territorio). Unha das principais é a chaira Turaniana. Ao leste e ao nordeste están as ramificacións situadas no Tien-tien-Shan. O Pamir é o punto máis elevado do país, con 4.643 m. Tamén ten un dos maiores desertos do mundo, Kizilkums, situado na parte central do Usbequistán.
  • Clima: O clima do país é na maior parte desértico-continental. A diferenza das temperaturas, conforme as épocas do ano, é significativa. A temperatura media en xaneiro está por debaixo dos -6Cº. A media das temperaturas máximas en xullo é maior de 32Cº. A cantidade de chuvia é pequena, facendo que a agricultura dependa na maior parte de irrigación.
  • Ríos internos: A maioría deles secan, soamente o Amu-Darya e mailo Sir-Darya van dar ao Mar de Aral.

[editar] Economía

O Usbequistán era unha das zonas máis pobres da antiga Unión Soviética con mais do 60% da súa poboación vivindo en comunidades rurais densamente poboadas. O Usbequistán é actualmente o 3º maior exportador de algodón do mundo, un gran produtor de ouro e gas natural, e a nivel rexional un importante produtor de produtos químicos e maquinaria.

[editar] Demografía

Evolución(1992-2003)

[editar] Véxase tamén

[editar] Bibliografía

  • McFaul, M., Russia's unfinished revolution: political change from Gorbachev to Putin, Cornell University Press, 2001. ISBN 0-8014-3900-0 (en inglés)

[editar] Ligazóns externas


Países do mundo | Asia
Afganistán | Arabia Saudí | Armenia | Acerbaixán | Bahrain | Bangladesh | Brunei | Bután | Camboxa | Casaquistán | China | Corea do Norte | Corea do Sur | Emiratos Árabes Unidos | Filipinas | Xeorxia | Iemen | India | Indonesia | Irán | Iraq | Israel | Kuwait | Laos | Líbano | Maldivas | Malaisia | Mongolia | Myanmar | Nepal | Omán | Paquistán | Qatar | Quirguicistán | Singapur | Siria | Sri Lanka | Taxiquistán | Tailandia | Taiwán | Timor Leste | Turcomenistán | Turquía | Usbequistán | Vietnam | Xapón | Xordania
Países con parte do seu territorio en Asia

Rusia | Turquía | Exipto

Outras linguas


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -