Lingua chinesa
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O chinés (chinés simplificado: 汉语 / chinés tradicional: 漢語 /Pinyin: Hànyǔ; 华语/華語 / Huáyǔ; ou 中文 / Zhōngwén) é a lingua (ou familia de linguas) falada na China, pertencente ao grupo Sino-tibetano[1]. Aínda que se tende a considerar o chinés como unha única lingua, principalmente debido ao feito de que todos os seus falantes escriben igual, o certo é que é un conxunto de linguas distintas, cuxos falantes non se entenden entre si. A principal e oficial na República de China é o mandarín estándar (Putonghua), baseado no dialecto de Pequín, aínda que a máis falada fóra de China é o cantonés.
Arredor dun quinto da poboación mundial, por riba de 1.000 millóns, falan algunha forma de chinés como lingua materna. De acordo cos novos informes de marzo de 2007, un 86% da xente na República Popular de China fala unha variante do chinés.[2] O mesmo informe indica que o 53%, 700 millóns, poden comunicarse eficazmente en mandarín estandar (normalmente chamado "mandarín"), sobrepasando a calquera outra lingua do mundo.
Trátase dunha lingua tonal, isto é, na que un mesmo conxunto de fonemas ten distinto significado en función do ton no que se emite. O chinés con caracteres que nalgún caso son ideogramas pero mais comunmente representan pronunciacións e composicións. Unha persoa escolarizada coñece uns 1.000 caracteres e unha culta uns 5.000. A escritura chinesa é a base da escrituras tradicionais coreana e xaponesa. O xaponés actual utiliza uns 2.000 kanji, caracteres chineses co mesmo significado pero distinta pronunciación.
Índice |
[editar] Véxase tamén
[editar] Notas
- ↑ *David Crystal, The Cambridge Encyclopedia of Language (Cambridge: Cambridge University Press, 1987) , p. 312. “A falta de intelixibilidade mutua das variantes é o principal fundamento para referirse a elas como linguas separadas.”
- Charles N. Li, Sandra A. Thompson. Mandarin Chinese: A Functional Reference Grammar (1989), p 2. “A familia de linguas chinesas clasifícase xenéticamente como unha rama independente da falimila de linguas sino-tibetana.”
- Jerry Norman. Chinese (1988), p.1. “Os dialectos modernos do chinés son en realidade máis ben unha familia de linguas.
- ↑ http://big5.xinhuanet.com/gate/big5/news.xinhuanet.com/edu/2004-12/27/content_2383853.htm
[editar] Ligazóns externas
[editar] En español
- Historia de la lengua china
- Sinohispania
- Chinaviva
- Diccionario chino español
- Nombres españoles en chino simplificado
- Chino-China.com informacion y herramientas en linea para aprender chino