Senegal - Sénégal
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
|
|||||
Lema: Un Peuple, Un But, Une Foi (Frances: Un pobo, unha meta, unha fe) |
|||||
Lingua oficial | Francés | ||||
Capital | Dacar | ||||
Presidente | Abdoulaye Wade | ||||
Primeiro Ministro | Cheikh Hadjibou Soumaré | ||||
Área - Total - % auga |
85o lugar 196.190 Km² 2,1% |
||||
Poboación - Total (2007) - Densidade |
68º lugar 12.521.851 59,26/km² |
||||
Independencia - Data |
da Francia 4 de abril, 1960 |
||||
Moeda | Franco CFA | ||||
Fuso horario | UTC+0 | ||||
Himno nacional | Pincez Tous vos Koras, Frappez les Balafons | ||||
TLD (Internet) | .SN | ||||
Código telefónico | 221 |
O Senegal é un país da África Occidental, limitado a norte pola Mauritania, a leste polo Malí, a sur pola Guinea e pola Guinea-Bissau e a oeste polo Océano Atlántico e pola Gambia. É o máis próximo viciño de Cabo Verde, arquipélago que se espalla polo Atlántico a occidente do Cabo Verde. A súa capital é Dacar.
Índice |
[editar] Historia
- Ver artigo principal: Historia do Senegal.
Restos arqueolóxicos por todo o estado evidencian que Senegal estivo habitado en tempos prehistóricos. O islam estabeleceuse no val do río Senegal no [[século XI]. O 95 % dos senegaleses practican a relixión musulmán. Nos séculos XII e XIV, a área estivo baixo a influencia dos imperios mandingas do leste; o imperio Jolof de Senegal tamén foi fundado durante este tempo. No século XVI, o imperio Jolof divideuse en catro reinos comepetidores: os jolof, waalo, cayor e baol.
Diversas potencias europeas, Portugal, os Países Baixos e Inglaterra; competindo polo comercio na área dende o século XV, até que en 1677, Francia rematou coa posesión do que convertera nun importante punto de partida do comercio de escravos, a illa de Goree, preto de Dacar. Foi só nos anos 1850 que os franceses, baixo o gobernador Louis Faidherbe, comezara a expandires no propio territorio senegalés.
En xaneiro de 1959, Senegal e o Sudán francés uníronse para formar a Federación de Malí, que se convertiu nun estado totalmente independente o 20 de xuño de 1960, como resultado da independencia e o acordo de transferencia de poder asinado con Francia o 4 de abril de 1960. Debido a dificultades políticas internas, a Federación disolveuse o [[20 de agosto de 1960. Senegal e Soudan, renomeado como a República de Malí, proclamaronse independentes. Léopold Senghor, un coñecido poeta internacional da negritude, político e estadista, foi elixido como primeiro presidente do Senegal en agosto de 1960.
Despois da disolución da Federación de Malí, o presidente Senghor e o primeiro ministro Mamadou Dia gobernaron xuntos so un sistema parlamentario. En decembro de 1962, a súa rivalidade política levou a un intento de golpe de Estado polo Primeiro Ministro. O golpe foi reducido sen derramamento de sangue e Dia foi arrestado e encarcerado. Senegal adoptou unha nova constitución que consolidou o poder do Presidente. En 1980, o presidente Senghor retirouse da política e transfiriulle o cargo a un sucesor escolleito a dedo, Abdou Diouf, en 1981.
O 1 de febreiro de 1982, Senegal uniuse con Gambia para formar a Confederación de Senegambia. Mais, a integración imaxinada no papel nunca se materializou e a unión foi disolta no 1989. A pesar dos diálogos, un grupo de separatistas do sur, na rexión de Casamanza enfrontouse esporadicamente coas forzas gobernamentais dende 1982.
Abdou Diouf foi o seu presidente entre 1981 e 2000. Fomentou unha participación política máis ampla participación, reduxo a intervención do goberno na economía e aumentou os compromisos diplomáticos de Senegal, particularmente con outras nacións en desenrolo. A política interna a veces veuse desbordada pola violencia nas rúas, tensións nas fronteiras e un movementos separatista violento na rexión do sur de Casamanza. Mais, o compromiso de Senegal coa democracia e os dereitos humanos comeza a consolidarse. Diouf presidiu catro mandatos e foi derrotado na elección presidencial do 2000, polo líder da oposición Abdoulaye Wade. Senegal experimentou a súa segunda transición de pode pacífica e a primeira dun partido político a outro.
O 30 de decembro do 2004 o presidente Abdoulaye Wade anunciou que asinaría un tratado de paz con dúas faccións separatistas do Mouvement des Forces Démocratiques de la Casamance (MFDC) na rexión de Casamanza.
[editar] Política
- Ver artigo principal: Política do Senegal.
O Senegal é unha república parlamentaria cun presidente forte, que é elixido, desde 2001, cada 5 anos pola poboación.
O parlamento é unicameral e ten 120 membros. Hai máis de 80 partidos políticos no país.
[editar] Subdivisións
- Ver artigo principal: Subdivisións do Senegal.
O Senegal está dividido en 11 rexións. As capitais rexionais teñen o mesmo nome cá rexión respectiva:
- Dakar
- Diourbel
- Fatick
- Kaolack
- Kolda
- Louga
- Matam
- Saint-Louis
- Tambacounda
- Thiès
- Ziguinchor
[editar] Xeografía
- Ver artigo principal: Xeografía do Senegal.
[editar] Economía
- Ver artigo principal: Economía do Senegal.
[editar] Demografía
- Ver artigo principal: Demografía do Senegal.
[editar] Cultura
Data | Nome en galego | Nome local | Observacións |
---|---|---|---|
[editar] Véxase tamén
[editar] Ligazóns externas
Países membros da Unión Africana | |
---|---|
África do Sur | Alxeria | Angola | Benín | Botsuana | Burkina Faso | Burundi | Cabo Verde | Camerún | Chad | Cimbabue | Costa do Marfil | Congo | Exipto | Eritrea | Etiopía | Gabón | Gambia | Gana | Guinea | Guinea-Bissau | Guinea Ecuatorial | Lesoto | Liberia | Libia | Madagascar | Malaui | Malí | Mauricio | Mauritania | Mozambique | Namibia | Níxer | Nixeria | Quenia | República Centroafricana | República Democrática do Congo | Ruanda | Sáhara Occidental | Santo Tomé e Príncipe | Senegal | Serra Leona | Seychelles | Somalia | Suacilandia | Sudán | Tanzania | Togo | Túnez | Uganda | Xibuti | Zambia |
Países do mundo | África |
Alxeria | Angola | Benín | Botsuana | Burkina-Faso (Ex-Alto Volta) | Burundi | Cabo Verde | Camerún | Chad | Cimbabue (Zimbabwe) | Comores | Congo | Costa do Marfil | Xibutí | Exipto | Etiopía | Eritrea | Gabón | Gambia | Gana | Guinea | Guinea-Bisau | Guinea Ecuatorial | Lesoto | Liberia | Libia | Madagascar | Malaui | Malí | Marrocos | Mauricio | Mauritania | Mozambique | Namibia | Níxer | Nixeria | Quenia | República Centroafricana | República Democrática do Congo (ex-Zaire) | República Sudafricana (África do Sur, Sudáfrica) | Reunión | Ruanda | San Tomé e Príncipe | Senegal | Serra Leona | Seixeles | Somalia | Suacilandia | Sudán | Tanzania | Tunisia | Togo | Uganda | Zambia |
Outros territorios Canarias | Ceuta | Madeira | Melilla | Sáhara Occidental | Mayotte | Illa de Reunión |