Monarca
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Un monarca é aquela persoa que ostenta unha autoridade única e suprema sobre un pobo, e que normalmente asume de xeito hereditario. A autoridade que posúe pode variar desde a estritamente nominal ata a absoluta. Tipicamente esta autoridade exércea sobre un país e de forma vitalicia. O sistema de autoridade encabezado polo monarca chámase monarquía.
Índice |
[editar] Título
Un monarca pode recibir distintos títulos, como rei (ou raíña), emperador (emperatriz), gran duque, príncipe, etc. Existen, ademais, termos específicos para os monarcas dalgúns estados, derivados dos idiomas locais, tales como tsar (de Rusia), faraón (de Exipto), khan (para varios estados do que hoxe é China e Mongolia), cacique, etc. Os monarcas dos estados gobernados pola lei islámica eran chamados sultáns. Os termos príncipe e princesa destínanse nalgúns estados aos fillos, descendentes ou herdeiros do monarca, mais noutros o propio monarca ostenta o título de príncipe. Nalgúns países europeos, asiáticos e africanos, un "rei" é o xefe de estado.
[editar] Sucesión
O sistema de sucesión ao trono non é igual en todas as monarquías. Tradicionalmente, o máis común é que sexa hereditaria e que o sucesor sexa o fillo primoxénito varón; en caso de que non os tivera, sucederíalle a súa filla maior ou algún familiar de sexo masculino, dependendo de se a monarquía permite reinar ás mulleres, e incluso que a sucesión pase por unha rama feminina da liñaxe.
Algunhas monarquías aboliron esta preferencia polos homes, e é o fillo primoxénito do monarca, varón ou muller, quen sucede ao rei.
En España, foi abolida en 1789 a lei sálica que impedía ás mulleres reinar, mais segue existindo unha preferencia polos homes na sucesión ao trono. O príncipe Felipe sucederá ao rei Juan Calos I, a pesar de ter dúas irmás maiores que el.
Tamén hai algúns monarcas elixidos e ditadores que se autoproclaman líderes dunha monarquía autoproclamada.
[editar] Monarcas actuais
Os monarcas actuais son:
- Rei Rama IX de Tailandia (1947)
- Raíña Isabel II do Reino Unido (1952)
- Raíña Margarida II de Dinamarca (1972)
- Rei Carlos XVI de Suecia (1973)
- Rei Juan Carlos I de España (1975)
- Rei Taufa'ahau Tupou V de Tonga (2006)
- Raíña Beatriz dos Países Baixos (1981)
- Emperador Akihito de Xapón (1989)
- Rei Harald V de Noruega (1991)
- Rei Alberte II dos Belgas (1991)
- Rei Mswati III de Suacilandia (1993)
- Copríncipes de Andorra: Nicolas Sarkozy (2007) e Joan Enric Vives Sicília (2003)
- Rei Abdullah II de Xordania (1999)
- Rei Mohamed VI de Marrocos (2000)
- Rei Bianendra de Nepal (2002)
- Príncipe Alberte II de Mónaco (2005)
- Rei Abdullah de Arabia Saudí (2005)