Margarida II de Dinamarca
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Margarida II (Margrethe Alexandrine Þorhildur Ingrid) (nada o 16 de abril de 1940). Raíña reinante de Dinamarca dende o 14 de xaneiro de 1972. O lema oficial da raíña Margarida II é "A axuda de Deus e o amor do pobo é a forza de Dinamarca"
Naceu no Palacio de Amalienborg, Copenhaguen de Federico IX e Ingrid de Suecia.
Bautizada o 14 de maio de 1940 na Igrexa Naval e confirmada o 1 de abril de 1955. Ao ser o rei danés daquela soberano de Islandia, recibiu tamén o nome islandés de Þorhildur