China - 中国
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
|
|||||
Lema: Ningún | |||||
Lingua oficial | Chinés Mandarín1 | ||||
Capital | Pequín (Beijing) | ||||
Maior cidade | Shanghai | ||||
Presidente | Hu Xintao | ||||
Primeiro Ministro | Wen Xiabao | ||||
Área - Total - % auga |
3º maior 9.596.960 km² 2.8% |
||||
Poboación - Total (2003) - Densidade |
1º (o máis populoso) 1.286.975.468 134,1 h/km² |
||||
Fundación - Data |
|
||||
Moeda | Renminbi (yuan) | ||||
Fuso horario | UTC +8 | ||||
Himno nacional | Marcha dos Voluntarios | ||||
Código Internet | .CN | ||||
Código telefónico | 86 | ||||
(1) Co-oficial con Inglés en Hong Kong e Portugués en Macao. |
A República Popular da China (RPCh), en chinés 中华人民共和国 (Zhōnghuá Rénmín Gònghéguó), é un estado que comprende a meirande parte da área que cultural, histórica e xeograficamente é coñecida como China.
A RPCh é o país máis poboado do mundo, cunha poboación de máis de 1300 millóns de persoas. A etnia maioritaria é a Han china.
A lingua chinesa é a lingua máis falada no mundo: arredor dun quinto da poboacion mundial fala algunha forma de chinés como lingua nai. A lingua chinesa, na forma de chinés mandarín, é a lingua oficial da República Popular da China, así como de Taiwan. É ademais unha das linguas oficiais de Singapur e mais unha das seis linguas oficiais das Nacións Unidas.
É un dos catro países máis grandes do mundo en extensión, despois da Rusia, Canadá, e os Estados Unidos de América.
A China ten fronteiras con 14 países: Afganistán, Bután, Myanmar, India, Casaquistán, Quirguisia, Laos, Mongolia, Nepal, Corea do Norte, Paquistán, Rusia, Taxiquistán e Vietnam.
As cidades máis importantes son Beijing (Pekín), Shanghai, e Hong Kong.
Desde a sua fundación en 1949, a RPCh está gobernada polo Partido Comunista Chinés. Ainda que oficialmente segue a ser un estado comunista, a sua economía vén sendo liberalizada desde hai tres décadas.
A República Popular da China reclama a soberanía sobre a illa de Taiwan (xunto coas illas de Pescadores, Quemoy, eMatsu).
Índice |
[editar] Historia
Os descubrimentos arqueolóxicos revelan a presenza de seres humanos no territorio chinés un millón de anos atrás: os antropopitecos "de Yuanmou" e "de lantian". O "Home de Pekín", verdadeiro Homo erectus, viviu hai uns cincocentos mil anos. Tras do longo proceso da comunidade primitiva cara o século XXI AC, apareceu na historia chinesa o primeiro Estado, e a China entrou na sociedade escravista coa dinastía Xia. As dinastías Shang e Zhou do Oeste que a seguiron, desenvolveron a escravitude en maior grao. O Período de Primavera e Outono e o dos Reinos Combatentes (é dicir, Zhou do Este) son considerados de transición da sociedade escravista á feudal.
No ano 221 AC, Qin Shi Huang (259-210 AC) puxo fin ao fraccionalismo característico durante o Período dos Reinos Combatentes e fundou un Estado feudal pluriétnico unitario, co poder centralizado e o primeiro na historia da China: A dinastía Qin. A evolución histórica viu surxir outras dinastías: Han, Wei, Jin, as do Sur e Norte, Sui, Tang, As Cinco Dinastías, Song, Yuan, Ming e Qing. a China estivo sumida na sociedade feudal ata a Guerra do Opio no 1840. En 1911 unha explosión revolucionaria acabou co imperio e proclamou a república pero só serviu para agravar a situación e por todo o país xurdiron señores da guerra que gobernaban o territorio que controlaban con mentalidade feudal metidos en frecuentes guerras entre eles, isto foi o xérmolo dun movemento de caracter rexenerador que xurdiu a partir de 1919 entre os estudantes e as clases medias das grandes cidades que buscaban devolver a China a súa dignidade nacional e occidentar o país, politicamente expresouse en dúas organizacións, o Kuomintang de ideoloxía democrática e nacionalista e o Partido Comunista que se aliaron en 1923 formando un exército que volveu unificar a China.
Logo da Segunda Guerra Mundial, a Guerra Civil chinesa entre o partido comunista da China e o Kuomintang rematou en 1949 cos comunistas co control da terra central da China e o Kuomintang co control de Taiwán e algunhas illas de Fujian. O 10 de outubro de 1949, Mao Zedong declarou a República Popular da China e estableceu un estado comunista. Á vez de asegurar a soberanía Chinesa, a administración de Mao impuxo controis estritos sobre a vida diaria e os custos da vida de decenas de millóns de persoas mediante políticas desastrosas como o gran salto adiante e a revolución cultural.
Tras a morte de Mao, Deng Xiaoping sucedeuno no poder e a terra central Chinesa mantívose debaixo do poder do comunismo.
Dende os anos 1960 o país posúe armas nucleares.
[editar] Organización político-administrativa
: Véxase Subdivisións da República Popular China
[editar] Xeografía
O país é o cuarto máis grande do mundo, contendo unha grande variedade de paisaxes diferentes. No leste, ao longo da costa do Mar Amarelo e do Mar da China Oriental, hai chairas aluviais densamente poboadas. As costas do Mar da China Meridional é máis montañoso e no sul da China prevalece unha orografía de outeiros e pequenas cordilleiras. Na zona centro do leste están os deltas dos dous maiores ríos: o Huang He e o Chang Jiang. Outros ríos importantes son o Xi Jiang, o Mekong, o Brahmaputra e o Amur.
Ao oeste, predominan as grandes cordilleiras, sobre todo o Himalaia coa súa maior altitude no Monte Everest, e altiplanicies que caracterizan a maior parte dunha paisaxe árida con desertos coma o Deserto do Gobi. Debido á seca e a prácticas agrícolas prexudiciais, as tormentas de area convertéronse en habituais na primavera. O deserto do Gobi estendeuse e é o principal responsábel destas tormentas que afectan ao noreste chinés así como a Corea e Xapón.
[editar] Economía
Cun crecemento oficial do 7-8% anual, a economía chinesa está considerada como unha das de maior crecemento do planeta, mantendo esta taxa desde os Anos 1980.
As facilidades do goberno para o investimento estranxeiro levaron á creación de zonas económicas especiais na zona costeira, convertendo a China nunha das maiores potencias manufacturadoras do mundo, sobre todo no sector da produción de electrodomésticos, debido so baixo custo da man de obra (un traballador chinés ten uns ingresos inferiores á metade dun mexicano).
Isto levou a que o interior do país siga nunhas condicións terceiromundistas, mentres as provincias costeiras e, sobre todo, as cidades teñen a segunda maior clase media do planeta.
[editar] Demografía
Cunha poboacion de preto de 1.300 millóns de habitantes (no 2003), é o país máis poboado da Terra (22% da poboación do planeta).
A República Popular considérase a si mesma unha nación multiétnica, cuns 56 grupos recoñecidos. O 91,59% son Han, mais só son maioritarios na metade do país.
Nunha tentativa de limitar a súa poboación no territorio habitado polos Han, adoptouse unha política que limita as familias urbanas a un só fillo e as rurais a dous cando o primeiro é nena. Debido a que os nenos son considerados economicamente máis útiles nas áreas rurais, existe un alto índice de abortos e de abandono de recén nacidas, para tentar asegurar que o segundo neno sexa varón. Isto dá como resultado unha proporción entre sexos de 115 nenos nacidos por cada 100 nenas, o cal é todo o contrario ao índice natural, aínda que é comparábel co que sucede en Corea do Sur. Isto levou ás autoridades a enfatizar a importancia da muller e chegouse a prohibir a utilización de métodos médicos para predicir o sexo do feto.
Cun incremento duns 10 millóns de habitantes anuais, estímase que no 2043 terá uns 1.550 millóns de poboadores.
Poboación total: 1.295,33 millóns de habitantes Poboación urbana: 455,94 millóns de persoas (36.09%) Poboación rural: 807,39 millóns de persoas (63.91%) Taxa de Crecemento Demográfico Natural: 1.07% (Axencia de Noticias Xinhua da china, 2005)
[editar] Mapas e imaxes
- Commons ten imaxes sobre China
Países do mundo | Asia |
Afganistán | Arabia Saudí | Armenia | Acerbaixán | Bahrain | Bangladesh | Brunei | Bután | Camboxa | Casaquistán | China | Corea do Norte | Corea do Sur | Emiratos Árabes Unidos | Filipinas | Xeorxia | Iemen | India | Indonesia | Irán | Iraq | Israel | Kuwait | Laos | Líbano | Maldivas | Malaisia | Mongolia | Myanmar | Nepal | Omán | Paquistán | Qatar | Quirguicistán | Singapur | Siria | Sri Lanka | Taxiquistán | Tailandia | Taiwán | Timor Leste | Turcomenistán | Turquía | Usbequistán | Vietnam | Xapón | Xordania |
Países con parte do seu territorio en Asia |