See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Líbano - لبنان - Wikipedia

Líbano - لبنان

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

الجمهوريّة البنانيّة
(al Jumhuriah al Lubnaniah)
Bandeira do Líbano

Brasón de Armas do Líbano

(En detalle) (Imaxe ampliada)
Lema nacional: non ten
Imaxe:LocationLebanon.png
Lingua oficial Árabe
Capital Beirut
Presidente Émile Lahoud
Primeiro-Ministro Fouad Siniora
Área
- Total
- % auga
160º maior
10.452 km²
2%
Poboación
- Total (est. 2005)
- Densidade
123º mais populoso
3.826.018
358/km²
Moeda Libra libanesa (LL)
Fuso horario UTC+2
Verán:+3
Hino nacional Koullouna Lilouataan
Código Internet .LB
Código telefónico 961

O Líbano é un pequeno país do Oriente Medio, limitado ao norte e ao leste por Siria, a sur por Israel e a oeste polo Mar Mediterráneo, a través do cal se aproxima a Chipre. Capital: Beirut.

Índice

[editar] Historia

O Líbano é un dos quince países contemporáneos que ocupan a rexión que é considerada o Berce da Humanidade. É a pátria histórica dos fenicios, negociantes semíticos cuxa cultura marítima floreceu na rexión durante mais de 2 000 anos. A rexión foi un territorio do Imperio Romano e durante a Idade Media estivo envolvida nas cruzadas. Foi despois ocupada polo Imperio Otomano.

Despois do colapso do Imperio Otomano que seguiu á Primeira Guerra Mundial, a Liga das Nacións atribuiu á Francia o mandato sobre as cinco provincias que compoñen o Líbano actual.

A moderna constitución libanesa, delineada en 1926, especifica un balance no poder político entre os grupos relixiosos principais.

O país obtivo a independencia no 1943, e as tropas francesas retiraronse en 1946. A historia libanesa desde a independencia ten sido marcada por períodos alternados de estabilidade política e convulsións, entremeados coa prosperidade adquirida pola posición de Beirut como un centro rexional de finanzas e negocios.

O Líbano era ata os anos 70 o centro financeiro de Oriente Próximo, que lle valeu o sobrenome de «a Suíza de Oriente Próximo». Esta opulencia monetaria foi rota polo terrible enfrontamento civil entre libaneses.(1975-1980), que destruíu un equilibrio político exemplar. As loitas internas e os conflitos con Israel -que invadiu o país en 1982 - aínda perduran.

En 1982 Israel invadiu o sur de Líbano para expulsar as guerrillas da Organización para a Liberación de Palestina, OLP, dirixidas por Yaser Arafat. En maio de 1983, Israel e Líbano alcanzaron un acordo para retirar as tropas israelís. Con todo, o tratado de paz non chegou a ser ratificado e, en marzo de 1984, baixo presión siria, Líbano cancelou o acordo. No entanto, Israel iniciou o seu repregamento unilateral e progresivo en 1985, deixando a chamada "zona de seguridade" (uns 850 quilómetros cadrados) en mans do cristián-libanés (e prol-israelí) Exército do Sur do Líbano, cunha presenza menor de tropas do Tsahal, co obxecto de impedir as incursións fronteirizas e os ataques da guerrilla xiíta Hezbolá. Finalmente, en maio de 2000, Israel retirou todas as súas tropas do sur do Líbano por baixo da fronteira internacional, en cumprimento da resolución 425 do Consello de Seguridade da ONU.

A principios do ano 2005, tras o asasinato do primeiro ministro libanés, Rafik Hariri, desencadeouse un amplísimo movemento cívico de protesta coñecido como a revolución do cedro, que esixiu a celebración de eleccións libres e a inmediata retirada da presenza militar siria, que mantiña 14.000 efectivos militares en chan libanés. En abril de 2005, as manifestacións lograron a retirada completa das tropas sirias e dos seus axentes de intelixencia, coa oposición de Hezbolá.

O goberno libanés non logrou facer cumprir a resolución 1559 de Consello de Seguridade da ONU que obrigaba a desarmar ás milicias armadas libanesas e tomar o control da súa fronteira sur, controlada por Hezbolá para protexer a fronteira con Israel. En xullo de 2006, tras unha incursión fronteiriza de Hezbolá que se saldou coa morte de oito soldados israelís e a captura de dúas, prodúcese a crise israelo-libanesa de 2006 co bombardeo de gran parte da infraestrutura do país e unha implacable resposta armada de Hezbolá sobre as cidades do norte de Israel. Citando datos do goberno libanés, o dia 6 de agosto, ACNUR informou de que 550.000 desprazados foron acollidos por familias, 130.000 atópanse en refuxios improvisados, e preto de 200.000 cruzaron a fronteira con Siria.

[editar] Política

[editar] Subdivisións

[editar] Xeografía

Mapa do Líbano
Mapa do Líbano

Posuindo un formato semellante ao dun retángulo, o Líbano alóngase polo lado leste do Mar Mediterráneo, co seu comprimento case tres veces a súa largura. De norte a sur, a largura de seu territorio tornase mais fina.

Algúns dos fenomenos que atualmente atinxe o medio-ambiente son erosión do solo, desertificación, polución do aire debido ao tráfego de automóbeis en Beirut e debido á queima de residuos industriais, polución de augas costeiras.

O Rio Litani é o único gran río do Sudoeste Asiático que non cruza unha fronteira internacional. Algúns dos acordos internacionais que Líbano asinou incluen o da biodiversidade, do cambio climático, desertificación, residuos tóxicos, lei do mar, protección da capa de ozono, polución marítima, etc.

[editar] Local

Sudoeste Asiático, facendo fronteira co Mar Mediterráneo, entre Israel e Siria. Coordenadas xeográficas: 33°50'N 35°50'L.

[editar] Área

  • Área total: 10.452 km²
  • Terra: 10.280 km²
  • Auga: 170 km²

[editar] Fronteiras

  • Fronteiras en terra:
    • Total: 454 km
    • Por país: 79 km con Israel e 375 km coa Siria
  • Costa: 210 km
  • Alega propiedade de 12 millas náuticas

[editar] Economía

[editar] Demografía

[editar] Cultura

[editar] Mapas e imaxes


Países do mundo | Asia
Afganistán | Arabia Saudí | Armenia | Acerbaixán | Bahrain | Bangladesh | Brunei | Bután | Camboxa | Casaquistán | China | Corea do Norte | Corea do Sur | Emiratos Árabes Unidos | Filipinas | Xeorxia | Iemen | India | Indonesia | Irán | Iraq | Israel | Kuwait | Laos | Líbano | Maldivas | Malaisia | Mongolia | Myanmar | Nepal | Omán | Paquistán | Qatar | Quirguicistán | Singapur | Siria | Sri Lanka | Taxiquistán | Tailandia | Taiwán | Timor Leste | Turcomenistán | Turquía | Usbequistán | Vietnam | Xapón | Xordania
Países con parte do seu territorio en Asia

Rusia | Turquía | Exipto

Outras linguas


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -