See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Música - Wikipedia

Música

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Musa sincronizando dúas cítaras. Detalle do interior dunha cunca antiga de fondo branco.
Musa sincronizando dúas cítaras. Detalle do interior dunha cunca antiga de fondo branco.

A música (do grego: μουσική [τέχνη] - mousikē [téchnē], "a arte das musas") é, segundo a definición tradicional do termo, a forma de arte consistente en combinar lóxica e sensíbelmente os sons e silencios coa finalidade de crear unha determinada sensación ou emoción no oínte. De todos xeitos, desde hai varias décadas a definición do concepto de "música" volveuse máis complexa, debido a que destacados compositores realizaron experiencias que, se ben son musicais, traspasan os límites da definición desta arte.

A creación, a execución, a importancia e incluso a definición da música varían de acordo coa cultura e o contexto social. A música abarca desde composicións estrictamente organizadas, ata a música baseada na improvisación. A música pode dividirse en xéneros e subxéneros, a pesar de que as liñas divisorias e as relacións entre os xéneros son a miúdo moi sutís, ás veces abertas á interpretación individual, e en ocasións polémicas.

A música, como toda manifestación artística, é un produto cultural. Porén, pode utilizarse con intención artística ou mesmo estética, para fins comunicativas, para entretemento, ou con porpósitos cerimoniais ou relixiosos, ademáis de ser utilizada por moitos compositores exclusivamente como instrumento para o estudo académico.

Índice

[editar] Definición de música

Ver artigo principal: Definición de música.
Wikiquote logo
A Galicitas posúe citas sobre:

Atendendo ás profundas raíces da súa historia, a música enténdese coma unha práctica cultural que pode posuír ou non unha dimensión artística, pero que consiste nunha combinación deliberada de sons e silencios.

De todos xeitos, as definicións parten do seo dunha cultura, polo que o sentido das expresións musicais vese afectado por cuestións múltiples (psicolóxicas, sociais, culturais e históricas). Deste xeito, xurden moitas e moi diversas definicións que poden ser válidas no momento e contexto de expresar o que se entende por música.

A definición máis amplamente aceptada refírese a concibir a música como sonoridade organizada (segundo unha formulación perceptíbel, coherente e significativa). Esta definición parte de que, naquilo ao que consensualmente se pode denominar "música", pódense percibir certos patróns do fluxo sonoro en función de como as propiedades do son son aprendidas e procesadas polos seres humanos e demáis animais (aves e insectos tamén producen e comprenden a súa "música").

Tradicinalmente existiu unha división entre son e ruido, considerándose sons aqueles estímulos percibidos de altura definida (unha frecuencia, calquera que esta fose) e ruido ou de altura indefinida, pertencendo só o son ao dominio da música. Isto cambiou coa música concreta e hoxe considérase que todo o que se ouve pode ser música.

Poderíase dicir que a música é a arte de ordear os sons no tempo.

[editar] Historia da música

Ver artigo principal: Historia da música.

[editar] Elementos e características da música

A música está composta de dous elementos básicos: sons e silencios.

[editar] Características do son

Ver artigo principal: Son.

O son é a sensación percibida polo oído, que recibe as variacións de presión xeradas polo movemento vibratorio dos corpos sonoros, e que se transmite xeralmente polo medio que os separa a ambos (oído e corpo sonoro), que normalmente é o ar. A ausenza perceptíbel de son é o silencio. Éste é relativo, xa que o silencio absoluto non se dá na natureza ao haber atmosfera.

O son conta con catro parámetros fundamentais: a altura, a duración, a intensidade e mailo timbre.

  • A altura é o resultado da frecuencia que produce un corpo sonoro. Segundo a súa altura, pódense definir os sons como graves (menor frecuencia) e agudos (maior frecuencia).
  • A duracón corresponde ao tempo que duran as vibracións que producen un son.
  • A intensidade é a forza coa que se produce un son.
  • O timbre é a calidade que permite distinguir os diferentes instrumentos e voces a pesar de que estén producindo sons da mesma altura e intensidade.

[editar] Calidades da música

A organización coherente dos sons e silencios (segundo unha forma de percepción) danos os principios fundamentais da música, que son a melodía, a harmonía e mailo ritmo. A maneira en que se definen e aplican estes principios varía segundo a cultura, e o momento histórico.

  • A melodía é o desenvolvemento horizontal, desde o punto de vista dun gráfico que exprese a liña melódica ao longo do tempo, de altura e de duración dos sons. É, polo tanto, un conxundo de sons, concebidos dentro dun ámbito sonoro particular, que soan sucesivamente un despois do outro, e que se percibe con identidade e sentido propio. Tamén os silencios forman parte da estrutura da melodía, poñendo pausas ao discurso melódico. O resultado é coma unha frase construída semántica e gramaticalmente. É discutíble, neste sentido, se unha secuencia dodecafónica podería ser considerada unha melodía ou non. Cando hai dúas ou máis melodías simultáneas denomínase contrapunto.
  • A harmonía é o desenvolvemento vertical dos parámetros da altura e a duración. É dicir, regula a concordancia entre sons que soan simultáneamente e o seu enlace cos sons veciños. A súa unidade básica é o acorde.
  • O ritmo refírese á pauta de repetición de intervalos regulares e en certas ocasións irregulares de sons fortes ou débiles, e silencios nunha contraposición.

[editar] Teoría musical

Ver artigo principal: Teoría musical.

Os primeiros intentos de formalizar unha teoría musical remóntanse a máis de 2.000 anos antes da nosa era. Ling-Lun Knei sistematizou en China unha escala pentáfona que tiña como alicerce as relacións 2/1 e 3/2, ou sexa, os intervalos de oitava e quinta. A maioría dos sistemas musicais coñecidos son semellantes a este.

Os gregos desenvolveron o sistema progresivo de quintas e, ao lle engadiren cordas á lira, estableceron un sistema de sete notas. Este sistema mantívose no mundo occidental e perdurou até os nosos días, convertíndose no alicerce fundamental das estruturas musicais propias da nosa cultura. De entre as aportacións máis relevantes que a melloraron destacan as dos teóricos Holder, Zarlino ou Dlezeunue e, fundamentalmente, a consolidación da escala temperada (gama que unifica o bemol e o sostido e crea unha escala de doce notas a intervalos iguais).

[editar] Música e cultura

Todas as culturas teñen manifestacións musicais. Incluso demostrouse que as baleas comunícanse grazas a unha linguaxe sonora que poderiamos chamar musical ao igual que a maioría das aves, o que suxire unha posible orixe filoxenética común.

A música está ligada a un grupo social e aos seus acontecementos, e é expresión destes últimos. Estes acontecementos non son universais, e polo tanto non podemos afirmar que a música sexa universal, polo menos no que ao seu contido, significado e interpretación se refire. Por exemplo, é probábel que as obras de Mozart carezan de sentido musical para un indíxena, quen entende a música a partiren de estructuras psíquicas diferentes ás do mundo occidental.

O compositor (creador de música) delega no intérprete (emisor) a execución das súas obras que en ocasións, transmiten na música determinados feitos e sentimentos a través dunha secuencia de sons. Tamén existes culturas musicais que non teñen en conta a separación occidental entre creador e intérprete, xa que a música é principalmente improvisada.

[editar] Referencias

[editar] Véxase tamén

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:

[editar] Bibliografía

  • Trías, Eugenio (2007), El canto de las sirenas: argumentos musicales, Galaxia Gutenberg. ISBN 9788481097016.

[editar] Outros artigos

Outras linguas


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -