See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Linguaxe - Wikipedia

Linguaxe

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Galizionario
Vexa a entrada do Galizionario acerca de: Linguaxe

A linguaxe é a capacidade do ser humano para se comunicar mediante un sistema de signos ou lingua. Non se debe confundir con lingua ou idioma, que é a representación concreta desta capacidade, manifestada na existencia das linguas naturais. Ás veces o termo esténdese ás linguaxes que os humanos usan para comunicarse, ademais da linguaxe falada, como a linguaxe de signos.

Por confusión co inglés, que non distingue entre "lingua" e "linguaxe" (language utilízase para os dous conceptos), utilízase tamén linguaxe na matemática e na informática para designar as linguaxes formais ou artificiais, incluíndo as linguaxes de programación). Así a todo, a linguaxe humana ten unha característica que non pode ser encontrada nas linguaxes de programación: a diversidade.

Da linguaxe ocúpase a ciencia denominada lingüística. A linguaxe é tamén o obxecto de estudo de numerosas disciplinas, como a psicolingüística, a sociolingüística ou a filoloxía.

Índice

[editar] Concepto

Unha linguaxe é un sistema de signos utilizado polos organismos dunha mesma especie para a comunicación. En particular, sistema de signos vocais, linguaxe verbal que é empregada para a comunicación interhumana.

Unha linguaxe é un código que serve para representar, expresar e comunicar ideas, pensamentos, sentimentos, desexos ou para indicar unha conduta. Non obstante, as palabras acompáñase en moitos casos de xestos, mímica e actitudes que imprimen un determinado contido á mensaxe, como por exemplo: intención amigable, agresiva, dúbida, etc., e en moitos casos bastan para expresar intencións, humor, dúbidas, etc. (ver o artigo sobre paralingüística).

A linguaxe é unha clase especial dos sistemas de signos, a adquisición e utilización dos cales é unha característica definitoria do xénero humano. O individuo aprende a usar a linguaxe a través da súa experiencia. O xeito de combinar os sons para formar palabras, e estas para formar frases coas que expresa o coñecemento, está determinado por un sistema de regras. O número de elementos e regras é limitado e finito; así a todo, o número de posibles combinacións de elementos (número de frases da lingua) é limitado e infinito; é o que Noam Chomsky denomina "creatividade lingüística".

O lingüista Ferdinand de Saussure distinguiu entre ‘'langue'’ ("lingua", sistema lingüístico abstracto, como lingua específica e concreta), '‘parole'’, ("fala", como proceso actual que se move no marco dunha ‘'langue'’, é dicir, fai referencia á fala, ó acto de falar; é a conduta verbal manifesta); e ‘'langage'’, ("linguaxe", capacidade lingüística xeral, como posibilidade de producir ou empregar a ‘'langue'’ e a '‘parole'’; é a facultade xeral do home para falar). Esta distinción correspóndese coa que fan Mc Neill e Chomsky entre competencia e actuación lingüística. A competencia representa o coñecemento que un falante posúe da súa lingua nativa para poder comprender algunha das infinitas sentenzas gramaticais da lingua; a execución é a expresión da competencia ó falar ou escoitar a fala. A diferenza radica, entón, na distinción entre coñecemento lingüístico e conduta lingüística, é dicir, entre o que o falante sabe e o que fai.

Dende o punto de vista lingüístico, o interese céntrase no plano da competencia, na construción de modelos e descricións estruturais da linguaxe.

Dende o punto de vista psicolóxico, o interese céntrase na conducta ou execución, no xeito en que a competencia se pon en marcha en situacións concretas, nos mecanismos psicolóxicos e fisiolóxicos subxacentes á execución lingüística. A linguaxe é obxecto de diferentes ciencias: lingüística, filosofía, socioloxía, bioloxía, psicoloxía, etc. A psicoloxía da linguaxe aborda o uso lingüístico que realiza o individuo (performance) e interprétao en tódalas súas variantes como conduta.

A performance lingüística configúrase, ademais, por diversos procesos paralingüísticos organizados xerarquicamente: pausas, acentuación, prosodia, etc.

A teoría da gramática xenerativo transformacional de Chomsky fortaleceu a relación entre a lingüística e a psicoloxía. A psicoloxía da linguaxe ten como obxecto, a partir dos presupostos da lingüística, a análise teórica e empírica de como o usuario da linguaxe elabora e manexa (psicolingüística) esa organizazón xerárquica estratificada (fonema, articulema, grafema, morfema, palabra, frase, oración, etc.) en conduta lingüística receptiva e produtiva do sistema lingüístico, así como as expresións lingüísticas que del nacen.

A realización da linguaxe depende do coñecemento dos seus elementos e do conxunto de regras que especifican a súa utilización e aplicación a condutas concretas da fala. A produción depende da aplicación dun conxunto de regras que especifican como utilizar ese material verbal para comunicar algo. Estas regras actúan sobre os elementos fundamentais da cadea comunicativa: emisor, código e receptor.

A linguaxe, pola súa vez, está baixo o control de determinadas zonas do córtex cerebral. Considérase, en xeral, que a función lingüística se estrutura no hemisferio dominante (esquerdo para as persoas destras). No plano periférico, é necesario o funcionamento do aparato auditivo, que posibilita a percepción das mensaxes externas e o control da propia emisión e dos órganos fono-articulatorios que permiten producir emisións sonoras. Por outra banda, debido á íntima relación entre linguaxe e pensamento, desenvolvemento social e afectivo, aprendizaxe e cultura, os trastornos nun ámbito teñen repercusións nos outros.

[editar] Linguaxe Humana

A función biolóxica e cerebral da linguaxe é aquilo que máis profundamente distingue o home dos outros animais. Podemos considerar que o desenvolvemento desta función cerebral ocorre en estreita ligazón coa bipedia e a libertación da man, que permitiron o aumento do volume do cerebro, a par do desenvolvemento de órganos fonadores e da mímica facial.

Debido a estas capacidades, para alén da linguaxe falada e escrita, o home - aprendendo pola observación de animais - desenvolveu as linguaxes de sinais, non só para mellorar a comunicación entre xordos e mudos, mais tamén para utilizar en situacións especiais, como no teatro e entre navíos ou persoas que se atopan fóra do alcance do oído, mais que se poden observar entre si.

[editar] Taxonomía das Linguas

As linguas do mundo foron agrupadas en familias de linguas que teñen semellanzas. Os maiores grupos hoxe en día son as linguas indo-europeas as afro-asiáticas e as sino-tibetanas.

[editar] Linguaxes construídas

Unha das moitas linguas planexadas que existen, o Esperanto, foi creada por J. L. Zamenhof. O Esperanto é unha compilación de varios elementos de diferentes linguas humanas cuxa intención é de ser unha lingua universal de doada aprendizaxe, de xeito que proporcione a toda a poboación humana unha forma máis fácil e democrática de se comunicar.

Outras linguas artificias, cada vez máis exploradas e coñecidas hoxe en día, son as criadas por J. R. R. Tolkien, autor dos libros da serie O Señor dos Aneis. Segundo o proprio autor, el creou todo un mundo de aventuras para ter un contexto e un lugar proprio onde inserir as linguas que creara.

O número de linguas artificiais, xeralmente chamadas conlangs (palabra que vén do inglés constructed languaxe, "lingua construída") ten vindo a aumentar cada día. Hai varios sites na Internet que profundan o tema, contendo listas e breves introducións a centenas ou mesmo millares de linguas artificiais. A maioría das persoas que se dedica ao fenónemo, os chamados conlangers, fan parte dunha lista de distribución de emails: a CONLIST.

[editar] Linguaxes dos animais

O termo "linguaxe animal" úsase a miúdo para linguaxes de animais non humanos. Os linguistas non os consideran linguaxes, senón comunicacion animal, pois tal comunicación difere sustancialmente en canto aos seus principios basicos do que é propiamente unha linguaxe, a cal se atopa soamente nos humanos.

Nalgunhas publicacións indicouse de casos de animais que se lles ensina certas características da linguaxe humana. Así, ensináronselle sinos baseados na linguaxe de signos a chimpancés, gorilas e orangutáns; porén, en ningún casos deron aprendido gramática.

[editar] Linguaxe química

Dependen do sentido do olfacto e nalgunhas ocasións do gusto. Estes sinais poden percorrer grandes distancias cando son transportados polas correntes do ar, aínda que son maiormente percibidas a favor do vento. As sustancias químicas específicas que producen efectos concretos chámanse feromonas. Nas colonias de abellas, por exemplo, a raíña produce unha feromona "real" que impide o desenvolvemento dos ovarios das obreiras. As feromonas teñen unha grande importancia no relativo á atracción sexual.

[editar] Linguaxe acústica

As ondas sonoras poden variar axiña de altura e intensidade. Serven para transmitir unha ampla gama de información. Estes sinais viaxan en todas as direccións e o receptor localízaas doadamente.

Por exemplo, os monos que ulan e algunhas aves, ras e sapos posúen grandes sacos vocais que aumentan considerablemente os sons que emiten. Nos caso dos sapos, emiten un son para atraer á femia e outro para "avisar" a outros que el tamén é macho. As cigarras que cantan son machos, e fano para atraer ás femias. Os pitos emiten sons de distinta intensidade onde avisan á galiña distintas situacións (se están a seren asustados ou se teñen fame ou frío). Os crocodilos, cando están por nacer, emiten sons co que avisan á súa nai e ela destapa o niño subterráneo para que os pequenos poidan subir á superficie.

[editar] Linguaxe visual

Moitos animais diferentes usan estes sinais, que se poden acender e apagar nun instante, aínda que polo xeral son útiles en determinadas horas do día. Adoitan ser rechamantes ou consistir en movementos bruscos. Unha das poutas do cangrexo violinista macho é maior que a outra, ten cores fortes e sacódea para atraer ás femias. As cores e deseños das ás das bolboretas e dos machos de moitas aves atraen ás súas compañeiras en distancias curtas. Cando voan pola noite, os lampíridos machos producen escintileos luminosos con sinais característicos, mentres que as femias responden cos seus escintileos desde o chan.

[editar] Ver tamén


[editar] Ligazóns externas

www.langmaker.com LangMaker- lista das varias linguas contruídas publicadas na Internet. (en inglés)

  • Fasile.org - site da Organización Non Gobernamental Amigos de Fasile, unha das linguas artificiais máis recentes.tlh:Hol


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -