Categoría:Lingüística
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A lingüística é o estudo da lingua dende unha perspectiva científica. Este estudo pode orientarse dende moitas perspectivas e escolas lingüísticas. A gramática tradicional dividía a estrutura dunha lingua en:
- ortografía (parte da grafémica xunto coa grafoloxía e a criptografía);
- fonoloxía (que estuda os fonemas de cada lingua);
- morfoloxía (que se centra nos mecanismos de flexión e creación de palabras);
- sintaxe (que trata de cómo se combinan as verbas e se constrúen frases e oracións);
- semántica (que estuda o significado); e
- léxico (as palabras, estudadas na lexicoloxía).
Pero as linguas son moito máis ca iso: a pragmática (o estudo do uso da lingua, que na época clásica foi abordado pola retórica) ou a fonética (o estudo da capacidade de pronunciación do ser humano) tamén son necesarias para comprender o funcionamento das linguas.
Cando se amplía o obxecto de estudo de só unha lingua a varias xurde a variación lingüística. O estudo da variación está repartido entre:
- a dialectoloxía (variedades dentro dunha mesma lingua);
- a tipoloxía lingüística (comparación estrutural entre tódalas linguas do mundo coma sistemas de comunicación); e
- a historia da lingua (tamén chamada Gramática histórica, que se centra nas variacións diacrónicas da lingua, é dicir, ó longo do tempo, analizando as etimoloxías, as leis fonéticas, a orixe do léxico, etc.).
Durante o século XX, a lingüística coñeceu un incremento importante da súa actividade e trascendencia, e implementáronse novos aspectos nos que a lingüística podía axudar a entender outros campos do coñecemento e do ser humano: estas subseccións agrúpanse na chamada lingüística aplicada e podería axuntar as seguintes disciplinas:
- Psicolingüística (que tamén recolle aspectos da Psicoloxía);
- Neurolingüística ou lingüística clínica (tamén incluída na Medicina);
- Sociolingüística (a intersección da socioloxía e lingüística, versando sobre a variación no uso da lingua);
- Tradutoloxía (aparece asemade na socioloxía);
- Planificación e política lingüística (moi emparentada coa política);
- Lingüística computacional (xunto coa Lingüística de corpus e as industrias informáticas da lingüística, unha das estrelas da lingüística moderna);
- Lingüística forense (a parte máis recente da lingüística, que colabora e asiste á xurisprudencia e ó Dereito);
As categorías, marcadas enriba con negriña, nas que se subdivide a lingüística están consignadas a continuación:
Subcategorías
Esta categoría ten as seguintes 25 subcategorías, dun total de 25.
ADFGH |
L
MNP |
P cont.RST |
Artigos na categoría "Lingüística"
As seguintes 172 páxinas están nesta categoría, dun total de 172.