See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Etimoloxía - Wikipedia

Etimoloxía

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

A etimoloxía é o estudo científico sobre a orixe da estrutura léxica dunha lingua, tanto das palabras como da súa fraseoloxía.

A etimoloxía dunha palabra en concreto é dita orixe, chamada neste caso étimo.

Índice

[editar] Etimoloxía de etimoloxía

A palabra etimoloxía vén do latín etymologia e esta, á súa vez, provén do grego etymologia, vocábulo formado de étymos (verdadeiro) e lógos (palabra). É dicir, significa "verdadeira orixe das palabras".

En xeral, considerase etimoloxía o estudo da historia das palabras: de onde proceden, cando entraron na lingua e como mudou a súa forma e o seu significado.

O grego Píndaro servíase, no século V a.C. de etimoloxías inventadas para alardear diante dos seus amos. Plutarco empregaba etimoloxías pouco seguras baseándose en estrañas similitudes de sonidos. Isidoro de Sevilla, nas súas Etymologiae, fai un rastrexo enciclopédico das "primeiras cousas" que foi usado acriticamente en Europa ata o século XV. O Etymologicum genuinum, unhas das varias obras bizantinas de parecidas caracteríscas, é unha enciclopedia gramatical editada en Constantinopla no século IX. A Legenda Aurea do século XIV comeza cada vita dos santos cun excursus en forma de etimoloxía.

[editar] A etimoloxía das palabras galegas

Grazas á etimoloxía temos unha clara idea das orixes do galego, unha lingua romance, románica ou neolatina. Derivada do latín vulgar que foi imposto polos romanos a partir do ano 206 a. de C. O latín é unha lingua indoeuropea e sintética, que expresa as súas relacións gramaticais por medio de morfemas ou desinencias que se combinan coa raíz, ao contrario do galego que expresa estas mesmas relacións por medio de artigos e preposicións. Hai concesións doutras linguas ao galego.

[editar] A Ciencia Etimolóxica

O estudo da etimoloxía axúdanos a comprender o significado das palabras, a ampliar o vocabulario e mellorar a ortografía.

Usando textos antigos, os etimoloxistas tratan de saber cando e como unha palabra foi incorporada ou evolucionou cara á linguaxe actual, e que transformacións experimentou.

A valoración da súa importancia variou dependendo das tendencias do momento. A súa época dourada viviuse durante o século XIX cando se emprenderon os máis grandes proxectos de estudo etimolóxico, tales como o OED.

A etimoloxía peninsular debe moito á obra do filólogo catalán Joan Coromines, do século XX.

[editar] Véxase tamén

[editar] Outros artigos

[editar] Ligazóns externas


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -