See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Whisky - Wikipedia

Whisky

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Artigo nos seus primeiros pasos: Este artigo relacionado coa Gastronomía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coa gastronomía que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír.
Ingredientes para a elaboración do whisky
Ingredientes para a elaboración do whisky

O whisky (en gaélico uisce beatha ou uisge-beatha, auga de vida) é unha bebida alcohólica obtida a partir dunha mestura de augardente de malte de cebada con alcohois elaborados por destilación doutros cereais fermentados, como centeo ou millo. O resultado é unha augardente de alta graduación, de máis de 40º.

En Irlanda utilízase a grafía whiskey.

Índice

[editar] Orixe

A bebida parece proceder de Irlanda, onde se elabora a partir de malte de cebada mesturada con cebada non malteada, centeo, trigo e avea. O whisky escocés elabórase só con malte de cebada.

No medievo, os eremitas chegados a Irlanda e as terras altas (Highlands) e baixas (Lowlands) de Escocia, desde o Mediterráneo, estenderon os seus coñecementos de destilación. Ata o século XIX só se utilizo o sistema coñecido como whisky malt, obtido pola fermentación de cebada xerminada ou malteada, baséase nunha dobre destilación descontinua levada a cabo nos alambiques chamados pot still. A partir de 1833, co desenvolvemento dun novo sistema que permite destilar calquera gran ou cereal, grazas aos alambiques patent stills, conséguese rendibilizar a destilación obtendo maior volume e maior graduación alcohólica. Ao fin, conséguese abaratar e acurtar o proceso.

[editar] Elaboración

Distintos tipos de whiky escocés
Distintos tipos de whiky escocés

Nun principio utilizábase só cebada malteada para os mellores whiskys, pero pronto se empezaron a aproveitar outros cereais que daban un sabor máis lixeiro que o dos whiskys de malta e axudan a producir unha orquestración de sabores. De feito, hai destilerías que chegan a mesturar ata máis de 40 whiskys diferentes para a consecución dunha mestura ou blended da que resultase o sabor único de cada whisky.

Obtido o whisky procédese a envellecelo durante un mínimo de 3 anos en barricas de carballo, ás que se queimara antes a superficie interna.

[editar] O whisky americano

O whisky producido nos Estados Unidos ten características propias que o distinguen dos tipos elaborados en Europa. A produción americana comezou a finais do XVIII, como solución ós grandes excedentes de millo.

Coñécese propiamente co nome de bourbon e caracterízase, respecto ó whishy europeo, por ser lixeiramente aromático e de sabor acaramelado. Elabórase a partir dun mínimo do 50% de millo (habitualmente a porcentaxe oscila ó redor do 70%), ó que se lle engaden outros grans, como trigo, centeo ou cebada malteada. O período de envellecemento pode ser de só dous anos pero, por norma xeral, chega ós 5 anos.

Existe tamén outra variedade, o whisky rye, elaborado a partir de mosto de centeo non malteado mesturado con malte de centeo ou de cebada.

[editar] Outras bebidas derivadas

A partir do whisky elabórase o licor de whisky, mediante a adición de elevadas cantidades de sacarosa (do teor duns 100 g/litro).


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -