Interferencia lingüística
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A interferencia lingüística acontece, segundo a definición clásica de Uriel Weinreich, en individuos bilingües cando se desvían da norma dunha das linguas por influencia da outra. É polo tanto un fenómeno de contacto lingüístico dentro dun individuo e non dentro dunha comunidade.
Eugenio Coseriu estableceu dous tipos de interferencia lingüística negativa: cando un falante non realiza algunhas posibilidades dunha lingua para darlle preferencia a formas comúns coa outra lingua e cando un falante dá preferencia nunha lingua a formas distintas á da outra lingua e non realiza as formas comúns.
A interferencia lingüísta negativa pódea utilizar o falante como un recurso para evitar interferencias.
A ultracorrección é un caso especial de interferencia lingüística, consiste na creación de formas nunha lingua baseados supostas correspondencias regulares entre elementos desa lingua e da outra coa cal está en contacto.