Aceno
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Un aceno ou xesto é unha forma de comunicación non verbal feito cunha parte do corpo, pódese usar para substituír ou complementa-la comunicación verbal.
Os acenos xogan un papel fundamental en moitos aspectos da vida humana e tamén son importantes nos animais, os acenos úsanse para inicia-lo rito do cortexo. Os acenos espirituais e relixiosos son tamén comúns, como o signo cristián da cruz.