Linguaxe xestual
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Linguaxe xestual: V. Linguaxe de xestos
- forma de comunicación non verbal, por medio de xestos, usada por unha persoa para comunicarse.
En lugar de utilizar símbolos fonéticos ou gráficos, empréganse actitudes e movementos do corpo ou dunha parte deste, boca e mans especialmente. É un tipo de linguaxe orixinaria dos pobos primitivos, nacida dos movementos expresivos. Pode ser anterior á linguaxe, coma no caso do neno nos seus primeiros momentos de vida (Wundt considérao como un estado filoxenético previo ó sistema de comunicación articulado do home); paralelo á expresión oral, que forma parte da expresión corporal; e como forma alternativa á comunicación oral, debido á necesidade de prescindir da fala normal (tal é o caso dos indios de América do Norte, para poder comunicarse entre tribos, dos monxes trapistas, pola regra do silencio, dos xordomudos).
- V. linguaxe de signos; ou por desexo explícito, como no caso de cuadrillas, seitas ou grupos, como linguaxe secreta. Está constituída pola linguaxe tacésica (contacto corpo-corpo), poxémica (distancia persoal e comunicacional) e a cinética (xestos, movementos, expresións faciais, etc.).