See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Función da linguaxe - Wikipedia

Función da linguaxe

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Índice

[editar] A Función da linguaxe para Martinet

Martinet mantén que a función esencial da linguaxe é a da comunicación, pero engade que deberá terse en conta, non obstante, que a linguaxe exerce outras funcións: serve de soporte ó pensamento, ten unha función expresiva e desenvolve unha función estética.

[editar] As Funcións da linguaxe para Bühler

Para Bühler a linguaxe é un órgano para comunicar 'un' a 'outro' 'cousas', de tal xeito que se constitúen tres fundamentos de relacións, e neste marco é onde distingue tres funcións:

  • función expresiva (Ausdrück ou Kundgabe) ou disposición para manifestar a interioridade subxectiva do falante: Oxalá sande.
  • función apelativa (Appel ou Auslösung) ou capacidade de actuar sobre o oínte para dirixir ou atraer a súa atención: ¡Cómeo todo todiño!
  • función representativa (Darstellung) relativa a transmisión de contidos obxectivos. Asociada ó desenvolvemento do pensamento. Esta foi, e aínda é na actualidade obxecto de controversias. No centro destas atópanse Piaget e Vygotsky. Para Piaget, a función representativa da linguaxe vai ligada ó pensamento. Este autor mantén a prioridade do pensamento, iniciado na acción sensomotriz aínda sen fala. Posturas máis inclinadas a destaca-lo papel da linguaxe na comunicación son H. Wallon e L. S. Vygotsky. Para este último autor, representante da psicoloxía soviética, o neno adquire a linguaxe na relación social con outras persoas; posteriormente interiorizaríanse os signos e guiarían a conducta, converteríanse nun instrumento de coñecemento, organizador da experiencia, chegando a converxer comunicación e pensamento, o que posibilita unha linguaxe conceptual propiamente humana. Para Luria, a linguaxe posúe unha función directriz e organizativa da conducta. Máis radical é o conductismo de J. B. Watson, quen reduce o pensamento a un sistema de hábitos de linguaxe, supoñendo que o inconsciente ou non pensado correspondería ó non verbalizado. Común acordo acádase ó afirmar que a función lingüística potencia o pensamento abstracto e que as dificultades ou deficiencias na comprensión da linguaxe dificultan o desenvolvemento lóxico e cultural, tal como vén caracterizado pola sociedade actual

[editar] As Funcións da linguaxe para Halliday

Para Halliday, as funcións da linguaxe son tamén varias; o progreso cara ó sistema adulto prodúcese en varias etapas:

  • a) función instrumental, satisfacción das necesidades inmediatas;
  • b) función reguladora, control do comportamento das outras persoas,
  • c) función interactiva, vehículo de relacións sociais;
  • d) función persoal, instrumento de expresión das propias opinións e sentimentos;
  • e) función heurística, actividade de coñecemento,
  • f) función imaxinativa ou creativa, medio de superación da realidade (VER desenvolvemento da linguaxe).

[editar] Función de Identificación

A linguaxe concrétase en determinadas linguas. Dentro dun mesmo idioma existen variacións lingüísticas ligadas á orixe xeográfica e social de diferentes grupos, polo que a linguaxe serve como medio de identificación e afirmación de pertenza a un grupo, con dimensións sociopolíticas importantes.

[editar] As Funcións da linguaxe para Jackobson

R. Jakobson (1960) estudou as funcións da linguaxe partindo dos factores constitutivos de calquera acto de fala. Segundo Jakobson o falante ou emisor envía unha mensaxe ó oínte ou receptor, e ademais é preciso un contexto (tema) que poida ser verbalizado, un código coñecido por emisor e receptor, e un contacto ou conexión entre ámbolos dous. Cada un destes seis factores determina unha función específica da linguaxe:

  • emisor → función emotiva (función expresiva de Bühler)
  • receptor → función conativa (función apelativa de Bühler)
  • contexto → función referencial (función representativa de Bühler)
  • mensaxefunción poética: prodúcese cando a linguaxe chama a atención sobre a mensaxe mesma, empregando figuras estilísticas)
  • contacto → función fática ou de contacto: serve para comprobar, manter, ou establecer a comunicación co receptor a través do control da canle. Terían función fática os "diga", "si", "ola!", "oes?" dunha conversa telefónica.
  • códigofunción metalingüística: serve para explicar o código lingüístico

[editar] Guillermo Rojo e as dimensións da linguaxe

G. Rojo (1986) achéganos a teoría hoxe comunmente aceptada. Para el, as acepcións do termo "función", tanto en Bühler coma en Jakobson, son inadecuadas. A verdadeira función da linguaxe é a comunicación, a representativa, a expresiva, a apelativa, a metalingüística e a poética son dimensións da linguaxe e do acto comunicativo ou da comunicación. A fática sería máis ben un dos diversos usos da linguaxe.

[editar] A función descritiva de Hans Hörman

Hans Hörmann, desde unha perspectiva psicolingüística, considera unha función da linguaxe que sería previa á comunmente aceptada función comunicativa. Segundo este lingüista, a unión entre o lingüístico e o extralingüístico non procede dunha necesidade efectiva, senón que se realiza por disposición do home. O home pode comprender o mundo, o 'ser así' das cousas, con independencia da linguaxe. O que xa coñece desta maneira, desígnao con palabras elixidas ó seu arbitrio. Esta é a función descritiva da linguaxe. Un neno cando xoga só e fala non pretende comunicarse senón que está describindo o seu mundo, aprendendo.

[editar] Véxase tamén


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -