See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Etanol - Wikipedia

Etanol

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

O composto químico etanol, ou alcohol etílico, é un alcohol que se presenta como un líquido incoloro e inflamable cun punto de ebulición de 78 °C. Ao mesturarse con auga en calquera proporción, dá unha mestura azeotrópica.

A súa fórmula química é CH3-CH2-OH, principal produto das bebidas alcohólicas.

Índice

[editar] Outras constantes

  • Densidade óptica: nD20 = 1,361
  • Concentración máxima permitida nos lugares de traballo: 1.000 ppm
  • LD50: 7.060 mg/kg (vía oral)

[editar] Síntese

Para máis información, véxase etanol (combustible)

O alcohol é un líquido incoloro e volátil que está presente en diversas bebidas fermentadas. Desde a antigüidade obtíñase o etanol por fermentación anaeróbica dunha disolución con contido en azucre e con levadura e posterior destilación.

Dependendo do xénero de Bebida alcohólica que o conteña, o alcohol aparece acompañado de distintos elementos químicos que o dotan de cor, sabor, cheiro, entre outras características.

[editar] Destilación

Para obter etanol libre de auga aplícase a destilación azeotrópica nunha mestura con benceno ou ciclohexano. Destas mesturas destílase a temperaturas máis baixas o azeótropo, formado polo disolvente auxíliar coa auga, mentres que o etanol quédase retido. Outro método de purificación moi utilizado actualmente é a absorción física mediante tamices moleculares A escala de laboratorio tamén se poden utilizar disecantes como o magnesio, que reacciona co auga formando hidróxeno e óxido de magnesio.

[editar] Aplicacións

[editar] Xerais

Ademais de usarse con fins culinarios (bebida alcohólica), o etanol utilízase ampliamente en moitos sectores industriais e no sector farmacéutico, como principio activo dalgúns medicamentos e cosméticos (é o caso do alcohol antiséptico 70º GL e na elaboración de ambientadores e perfumes).

É un bo disolvente, e pode utilizarse como anticonxelante.

[editar] Industria química

A industria química utilízao como composto de partida na síntese de diversos produtos, como o acetato de etilo (un disolvente para pegamentos, pinturas, etc.), o éter dietílico, etc.

Tamén se aproveitan as súas propiedades desinfectantes.

[editar] Combustible

Ver artigo principal: Etanol (combustible).

Emprégase como combustible industrial e doméstico. No uso doméstico, emprégase o alcohol de queimar. Este ademais contén compostos como a piridina ou o metanol ou outras sustancias denominadas desnaturalizantes, que impiden o seu uso como alimento, xa que o alcohol para consumo adoita levar impostos especiais. Nalgúns países, no canto de etanol utilízase metanol como alcohol de queimar.

En Brasil engádese etanol á gasolina para baixar a importación de petróleo, dando lugar á alconafta. Este país é un dos principais produtores (con 18 mil millóns de litros anuais), con isto reducen un 40 % das súas importacións de cru. Esta última aplicación esténdese tamén cada vez máis noutros países para cumprir co protocolo de Kyoto. Estudos do Departamento de Enerxía de USA din que o uso en automóbiles reduce a produción de gases de invernadoiro nun 85%Modelo:Cita requirida. En países como México existe a política do executivo federal de apoiar os proxectos para a produción integral de etanol e reducir a importación de gasolinas que xa alcanza o 60 %.

[editar] Toxicoloxía

Ver artigo principal: Efectos do alcohol no corpo.

O etanol pode afectar ao sistema nervioso central, provocando estados de euforia, desinhibición, mareos, somnolencia, confusión, alucinacións (como o ver dobre ou pensar que todo se movede forma espontánea). Ao mesmo tempo, baixa os reflexos. Con concentracións máis altas ralentiza os movementos, impide a coordinación correcta dos membros, perda temporal da visión, etc. En certos casos prodúcese un incremento na irritabilidade do suxeito intoxicado como tamén na agresividade; noutra certa cantidade de individuos vese afectada a zona que controla os impulsos, volvéndose impulsivamente descontrolados e frenéticos. Finalmente, conduce ao coma e pode provocar a morte.

A resistencia ao alcohol parece aumentar nas persoas adultas, de maior peso e de menor altura, mentres que os nenos son especialmente vulnerables. Comunicáronse casos de bebés que morreron por intoxicación debida á inhalación de vapores de etanol tras aplicarlles panos embebidos en alcohol. A inxesta en nenos pode conducir a un retardo mental agravado ou a un subdesenvolvemento físico e mental. Tamén se realizaron estudos que demostran que se as nais inxerían alcohol durante o embarazo, os seus fillos podían ser máis propensos a ter a síndrome de alcohólico fetal. Tamén é un desinfectante. O seu maior potencial bactericida obtense a unha concentración de aproximadamente o 70 %.

[editar] Analítica

Un método de determinación da concentración aproximada de etanol no sangue aproveita o feito de que nos pulmóns se forma un equilibrio que relaciona esta concentración coa concentración de vapor de etanol no aire expirado. Este aire faise pasar por un tubo onde se acha xel de silicio impregnado cunha mestura de dicromato e de ácido sulfúrico. O dicromato, de cor vermella alaranxado, oxida o etanol a acetaldehído e é reducido, á súa vez, a cromo (III), de cor verde. A lonxitude da zona que cambiou de cor indica a cantidade de etanol presente no aire se se fai pasar un determinado volume polo tubo.

[editar] Véxase tamén

[editar] Enlaces externos

Wikiquote logo
A Galicitas posúe citas sobre:


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -