See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Afganistán - افغانستان - Wikipedia

Afganistán - افغانستان

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

د افغانستان اسلامي جمهوری
Da Afġānistān Islāmī Jomhoriyat
جمهوری اسلامی افغانستا
Jamhūrī-ye Islāmī-ye Afġānistān
República Islámica de Afganistán
Bandeira de Afganistán Escudo de Afganistán
Bandeira Escudo
Himno nacional: Sououd-e-Melli
 
 
Capital
 • Poboación
Kabul
3.120.963 (2006)
Cidade máis poboada Kabul
Linguas oficiais paxtún, persa, dari
Forma de goberno Estado Islámico
Presidente
Hamid Karzai
Independencia
 • Data
Do Reino Unido
19 de agosto de 1919
Superficie
 • Total
 • % auga
Fronteiras
Costas
Posto 40º
652.225 km2
0
5.529 km
0 km
Poboación
 • Total
 • Densidade
Posto 37º
31.889.923 (est. 2007)
46 hab/km2
PIB (nominal)
 • Total
 • PIB per cápita

n/d
n/d
PIB (PPA)
 • Total (2006)
 • PIB per cápita
Posto 91º
US$ 36.075 mill.
n/d
IDH n/d
Moeda afgani (AFN)
Xentilicio Afgano, -a
Fuso horario UTC+4:30
Dominio de Internet .af
Prefixo telefónico +93
Prefixo radiofónico T6A-T6Z, YAA-YAZ
Código ISO 004 / AFG / AF
Membro de: ONU
Tódolos países do mundo
En galego: Afganistán, en pashtu e dari: افغانستان, en alemán: Afghanistan, en serbio: Афганистан, en hindi: अफगानिस्तान, en xaponés: アフガニスタン

Afganistán é un país localizado en Asia central que limita con Irán ó oeste, con Paquistán ó sur e ó leste, con Turcomenistán, Uzbequistán e Taxiquistán no norte e coa República Popular China no extremo máis oriental do país. Carece de saída ó mar. Durante o goberno talibán cambiouse o nome oficial do país de Estado Islámico de Afganistán, polo de Emirato Islámico de Afganistán, nome que só foi recoñecido por Arabia Saudí, os Emiratos Árabes Unidos e Paquistán, actualmente a denominación oficial é República Islámica de Afganistán.

Índice

[editar] Nome

Afganistán tradúcese literalmente como a terra dos afgáns. A orixe do nome cóbrese dun certo misterio, pero o seu uso moderno deriva da palabra afgán. Os pastus parece que comenzaron a usar a palabra para referirse ó seu pobo despois da súa islamización. Segundo W.K. Frazier Tyler, M.C. Gillet e varios outros especialistas, a palabra afgán apareceu primeiro no libro do ano 982, Hudud-al-Alam. A última parte da palabra ten a súa orixe na palabra persa -stán (país ou terra). A palabra inglesa, Afghanland, que apareceu en varios tratados entre o Reino Unido e a dinastía Qajar de Persia foi adoptada polos afgán e converteuse en Afganistán.

[editar] Historia

Artigo principal: Historia de Afganistán

No século XIX o territorio que hoxe corresponde a Afganistán formou parte do Imperio Británico. Tralo final da Primeira Guerra Mundial Afganistán fíxose un estado independente e monárquico.

A finais dos anos 1970 a URSS invadiu o país e mantívoo baixo ocupación durante a seguinte década, liberándoo cuando se derrubou o bloque soviético.

Antes de rematar o século XX, un movemento integrista talibán, tomou o control do país e instaurou un rexime baseado na Sharia.

Tralos ataques do 11 de setembro de 2001, os Estados Unidos invadiron o territorio afgán, derrocando ós Talibán, que supostamente daban apoio ó grupo terrorista Al Qaeda, e instaurando un goberno provisorio ata as eleccións de 2004. Tras estas, foi elixido, nas primeras eleccións democráticas do país Hamid Karzai como presidente de Afganistán. Isto a pesar das críticas da maioría dos candidatos que denunciaron que a tinta que se empregou para marcar os dedos da xente que xa votara (pois a maioría carece de papeis identificativos e o censo non é demasiado fiábel) podíase borrar moi doadamente, co que non sería moi difícil que algúns votasen varias veces.

O 21 de febreiro de 2007 a militar friolesa Idoia Rodríguez Buján falecía nun atentado contra as forzas internacionais que ocupan parte do territorio afgán. A soldado conducía unha ambulancia blindada nun convoi de apoio ás tropas italianas. No vehículo viaxaban tres militares máis, dos que dous, entre eles o noiés Xurxo Laíño del Río, resultaron feridos.

[editar] Política

O actual Presidente de Afganistán é Hamid Karzai, que foi elixido en outubro de 2004. Antes das eleccións fora elixido pola administración Bush para liderar o país tras a caída do réxime talibán. O seu actual goberno inclúe membros da Alianza do Norte e doutros grupos rexionais e étnicos. O antigo monarca Mohammed Zahir Shah voltou ao país, non foi reinstalado no trono, pero mantén algunhas funcións cerimoniais e goza do título de Pai da Nación.

Tras a aprobación da Constitución en 2004 creouse un réxime presidencialista cun parlamento bicameral.

[editar] División administrativa

Afganistán está formada por 34 provincias, ou velayat, que á súa vez se dividen en distritos:

  • Badajshán
  • Badgis
  • Baglan
  • Balj
  • Bamiyán
  • Daikondi
  • Farah
  • Faryab
  • Gazni
  • Gor
  • Gosyán
  • Helmand
  • Herat
  • Cabul
  • Kandahar
  • Kapisa
  • Khost
  • Konar
  • Kunduz
  • Lagmán
  • Logar
  • Nangahar
  • Nimrod
  • Nurestán
  • Orusgán
  • Paktia
  • Paktika
  • Panjshir
  • Parvan
  • Samangan
  • Sar-e Pol
  • Tahar
  • Wardak
  • Zabol

[editar] Xeografía

Afganistán é un país montañoso con chairas no norte e no suroeste. Noshaq, con 7485 metros, é o punto máis alto do país. A meirande parte do país é seca e a auga é un recurso escaso. Afganistán ten un clima continental, con veráns quentes e invernos fríos.

As principal cidade é Cabul, a capital. Outras cidades importantes son Herat, Jalalabad, Mazar-e Sharif e Kandahar.

[editar] Poboación

[editar] Etnias

A poboación afgá divídese en varias etnias, a falta dun censo que recolla dos datos de cada unha das etnias a composición aproximada da poboación é a seguinte (segundo CIA World FactBook): Pasthus 42%, taxicos 27%, hazaras 9%, usbecos 9%, aimaks 4%, turcomenos 3%, baluchis 2%

Outros: Hai árabes nas provincias de Kunduz, Takhar e Baghlan; un pequeno grupo de kirguís no Pamir; wakhis que viven en remotas aldeas da montaña taxica; farsiwans que viven nas provincias fronteirizas con Irán; nuristanís na fronteira con Paquistán; brahuis no suroeste desértico; qizilbash esparexidos nos centros urbanos;

[editar] Linguas

A Constitución establece o pashtu e o dari como linguas oficiais do país, ademais recoñece como linguas oficiais nos territorios onde sexan maioritarias ó usbeco, turcomeno, baluchi, pashai, nuristaní e pamirí.

O dari é a norma escrita do farsi que fala en Afganistán aproximadamente o 50% da poboación e que varía entre unha variedade próxima ó taxico de Taxiquistán ó heratí, máis próximo á norma do farsi iraní. O aimaq e o hazaragi ás veces cóntanse como linguas independentes, outras como variedades do dari.

O pashtu é a lingua habitual dun 35% da poboación e ten o rango de lingua oficial desde 1936. A maioría dos falantes están no sur e no leste do país.

Outras linguas: árabe, acerí, brahuí, cazaco, darwazi, gawar-bati, grangali, gujari, jakati, karakalpak, kirguiz, malakhel, mogholi, ormuri, parachi, parya, savi, shumashti, tirahi, uigur, wotapuri-katarqalai

Linguas nuristanís: ashkun, kamviri, kati, prasuni, tregami, waigali

Linguas pamir: munji, sanglechi-ishkashimi, shughni, wakhi, warduji

[editar] Relixión

A relixión oficial e maioritaria é o islam: 80% dos afgáns son sunnís e o 19% son xiís e no país hai aproximadamente 48.000 mesquitas. O hinduísmo foi a relixión maioritaria da maior parte do que hoxe é Afganistán ata polo menos o século X, coa chegada dos talibán boa parte dos aproximadamente 70.000 hindús marcharon ó exilio, actualmente hai 43 templos hindús que comparten coa minoría sikh, arredor de 4.500. Hai poucos cristiáns do país: unha misión sui iuris da Igrexa Católica para atender as necesidades dos estranxeiros católicos en Cabul, na actualidade non hai ningún templo protestante aberto ó publico, pero si existiu un entre 1970 e 1973 e algunhas fontes falan de 3.000 cristiáns no país, pero é dificil sabelo pola prohibición legal de deixar o islam. Antigamente había unha numerosa minoría xudía, 5.000 en 1948, pero hoxe tan só queda 1 xudeu que atende o único templo que queda no país.

[editar] Cultura

Moitos edificios históricos do país danáronse nas guerras recentes. Os talibáns destruíron as famosas estatuas de Buda da provincia de Bamiyán por velas como símbolos doutra relixión. Logo da guerra, moitos obxectos de arte e vestixios arqueolóxicos revendéronse en Occidente. O buzkashi é o deporte nacional. Antes da suba ó poder dos talibáns, a cidade de Cabul era o fogar de moitos músicos que tocaban nos dous estilos da música afgá, a tradicional e a moderna, especialmente durante a celebración de Nauroz.

[editar] Educación

O 64% da poboación é analfabeta, e entre as mulleres o índice chega ata o 79%. No país hai unhas 3.000 escolas, pero boa parte delas están nunha situación lamentable despois de décadas de guerras e conflitos. Os profesores son 27.000 que dan clases a 3.900.000 de alumnos en primaria e 300.000 en secundaria.

Na Universidade de Cabul están matriculados 7.000 estudantes e existen outras catro universidades en Cabul, entre elas a Universidade Americana de Afganistán que dá as clases en inglés. No resto das provincias hai outras 10 universidades.

[editar] Economía

Afganistán é un país extremadamente pobre e un dos menos desenvolvidos do mundo. Dous terzos da poboación vive en menos que 2 US$ ó día. A economía sufriu grandemente a causa do malestar político e militar recente desde a invasión soviética de 1979-80 e os conflitos que viñeron, mentres que a seca severa de 1998-2001 agravou as dificultades debido á alta dependencia da agricultura, pois a maior parte da poboación (61%) traballa no sector agrícola cultivando cereais, frutais, froitos secos e algodón. A maioría da agricultura realízase nas chairas do norte, preto das fronteiras con Turcomenistán, Usbequistán e Taxiquistán. Tamén hai importantes rabaños de ovellas, así como artesanía de alfombras. Posúe importantes reservas de gas natural pouco explotadas e unha industria (téxtil, alimentos) recente e pouco desenvolvida.

[editar] Comunicacións

Afganistán ten tan so 24.6 km. de vías férreas. As estradas, 21.000 km, só 13.3 de vías rápidas, están en reconstrución e aínda existen en moitas delas perigo polos campos de minas nas súas proximidades. Algúns ríos como o Amu Daria ou o Panj son navegables. No país hai 44 aérodromos pero a maioría aínda están danados pola guerra cos talibán. O aeroporto internacional de Cabul está a 16 km da capital, e nel operan Ariana Afghan Airlines, Kam Air, Azerbaijan Airlines, Mahan Air, Pakistan International e Qatar Airways.

[editar] Galería de Imaxes

Commons ten máis imaxes sobre Afganistán

[editar] Ligazóns externas


Países do mundo | Asia
Afganistán | Arabia Saudí | Armenia | Acerbaixán | Bahrain | Bangladesh | Brunei | Bután | Camboxa | Casaquistán | China | Corea do Norte | Corea do Sur | Emiratos Árabes Unidos | Filipinas | Xeorxia | Iemen | India | Indonesia | Irán | Iraq | Israel | Kuwait | Laos | Líbano | Maldivas | Malaisia | Mongolia | Myanmar | Nepal | Omán | Paquistán | Qatar | Quirguicistán | Singapur | Siria | Sri Lanka | Taxiquistán | Tailandia | Taiwán | Timor Leste | Turcomenistán | Turquía | Usbequistán | Vietnam | Xapón | Xordania
Países con parte do seu territorio en Asia

Rusia | Turquía | Exipto


Outras linguas


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -