See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Río Nilo - Wikipedia

Río Nilo

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Río Nilo

{{{lenda}}}
Nacemento:
Altitude da fonte: 1.134 msnm
Lonxitude: 6.650 Km
Caudal medio: 2.830 m³/s
Conca:
País: Uganda, Sudán e Exipto
Desemboca: Mar Mediterráneo
Montaxe fotográfica de imaxes de satélite do Nilo (cortesía da NASA)
Montaxe fotográfica de imaxes de satélite do Nilo (cortesía da NASA)

O Nilo (النيل en árabe) é un dos dous ríos máis longos do mundo (o outro é o Amazonas). Situado no noreste de África, da súa principal fonte, o lago Victoria na parte leste da África central, o río Nilo flúe ata o mar Mediterráneo a través de Uganda, Sudán e Exipto unha distancia de aproximadamente 7000 quilómetros até desembocar no delta do Nilo. Sobre cal dos dous ríos é máis longo existe controversia, en parte porque o percurso dos ríos muda, sobre todo nas chairas, e en parte porque non sempre se deu chegado a un acordo sobre os puntos extremos de medición.

O Nilo ten dous tributarios claros, o Nilo Branco e o Nilo Azul, dos cais o primeiro é máis longo. O Nilo Branco nace nos Grandes Lagos de África, coa fonte máis distante en Ruanda (2°16′55.92″S, 29°19′52.32″E) e flúe cara o norte através de Tanzania, o Lago Vitoria, Uganda e o sul do Sudán; o Nilo Azul nace no Lago Tana, na Etiopía e flúe cara o oeste desde Sudán. As dúas seccións atópanse perto de Khartún.

A sección norte do río flue case enteiramente através do deserto, desde Sudán até Exipto, un país cuxa civilización ten dependido sempre do río. A maioría da poboación de Exipto e todas as súas cidades, a excepción das costeiras, reside nas zonas do val do Nilo ao norte de Asuán; e practicamente todos os lugares arqueolóxicos e culturais do Exipto Antigo atópanse nas súas ribeiras.

En exipcio, os xeroglifos que o nomean son "itrw", que se transliteran como iteru. A palabra Nilo provén do grego Neilos (Νειλος), que significa "val do río".

Índice

[editar] Ponlas

A bacía do Nilo cobre 3.254.555 km², perto do 10% da superficie de África. [1].

[editar] Nilo Branco

Aínda que habitualmente se considera que as fontes do Nilo están no Lago Vitoria, neste lago desembocan outros ríos de tamaño considerábel. O máis lonxano provén do bosque de Nyungwe, en Ruanda, através dos ríos Rukarara, Mwogo, Nyabarongo e Kagera, antes de verter no Lago Vitoria en Tanzania perto de Bukoba.

O Nilo deixa o Lago Vitoria nas Cataratas Ripon, perto de Jinga, en Uganda como Nilo Vitoria'. Flúe uns 500 km, atravesando o Lago Kyoga, até Lago Alberte, onde toma o nome de Nilo Alberte. Pasa entón ao Sudán, onde se coñece como Bahr al Jebel. Na confluencia deste co Bahr el Ghazal, que ten 720 km., o río pasa a denominarse Bahr al Abyad ou Nilo Branco, por cause da arxila en suspensión que arrastra. Desde aquí diríxese a Khartún.

[editar] Nilo Azul

O Nilo Azul (Tiqur Abbay (río Abay Negro) para os etíopes); Bahr al Azraq para os sudaneses) parte desde o Lago Tana para as Terras Altas etíopes. O Nilo Azul percorre 1.400 km até Xartún, onde se xunta co Nilo Branco. A maior parte da auga que arrastra o Nilo (80-85%) orixínase na Etiopia, pero esta cantidade só se dá no verán, cando caen as grandes choivas na Meseta Etíope. O resto do ano, os grandes ríos que percorren a Etiopia e desembocan no Nilo (Sobat e Atbara) levan pouca auga ou están secos.

[editar] O Nilo

Unha vez xuntos o Nilo Azul e o Nilo Branco, o único tributario importante é o río Atbara, que nace na Etiopía ao norte do Lago Tana e ten 800 km. Xúntase co Nilo a 300 Km ao norte de Xartún. Esta é outra característica inusual do Nilo, que o seu derradeiro tributario se lle une a medio camiño do mar. A partir deste punto, o caudal diminúe por causa da evaporación.

O Nilo en Sudán ten dúas peculiaridades: flúe sobre seis grupos de cataratas, desde a primeira en Asuán até a sexta en Sabaloka (xusto ao norte de Xartún) e invirte a súa dirección durante boa parte do seu traxecto, dirixíndose cara o suloeste antes de tomar dirección norte de novo. Isto chámase a "Gran Curva do Nilo".

[editar] Historia

A confluencia dos ríos Kagera Ruvubu perto das Cataratas de Rusumo, no curso alto.
A confluencia dos ríos Kagera Ruvubu perto das Cataratas de Rusumo, no curso alto.

O Nilo foi a fonte de vida dos antigos exipcios. As súas beiras foron ocupadas desde a Idade da Pedra. Unha mudanza climática ou talvez a desertificación por exceso de pastoreo, desecaron as terras pastorís de Exipto para formar o deserto do Sahara, posibelmente hai 10.000 anos, e os seus habitantes posibelmente emigraron cara o río, onde desenvolveron unha sociedade agrícola e máis centralizada.

[editar] Papel na fundación da civilización exipcia

O Nilo constituía unha fonte de sustento inesgotábel: o río tornaba as terras extremadamente férteis ao inundalas anualmente. Os exipcios podía cultivar trigo e colletias arredor do Nilo con obras de irrigación. As súas augas atraían animais, como o búfalo de auga, que se podían cazar, así como, unha vez introducidos polos persas no século VII a.C., os camelos. Estes animais podíanse cazar como alimento ou ser capturados, domesticados e utilizados para arar e, no caso dos camelos, viaxar. O Nilo tamén constituía unha vía cómoda e eficiente de transporte de persoas e mercadorías.

A estabilidade do Exipto antigo foi unha das mellor estruturadas da historia e dise que foi resultado inmediato da fertilidade do Nilo. O Nilo tamén proporcionaba liño para comerciar. Tamén se comerciaba co trigo, unha colleita crucial no Oriente Medio, onde as fames eran frecuentes. Este sistema de intercambio asegurou a relación diplomática de Exipto con outros países e contribuíu á súa estabilidade económica. Tamén fornecía recursos como alimentos e diñeiro que permitían recrutar un exército, fose para a defensa ou para a expansión imperial.

No sistema ideolóxico-relixioso exipcio, o faraón era quen inundaba o Nilo e, en agradecimento pola auga e as colleitas, os labregos cultivaban o fértil solo e enviábanlle unha porción dos recursos obtidos. A súa relevancia espiritual era tan grande que os exipcios crearon un deus dedicado á inundación anual do Nilo, Hapi. O río tamén se consideraba como o camiño da vida á morte e o alén. O leste era o lugar do nacemento e a vida e o oeste o da morte, segundo o deus Ra, o sol, pasaba do nacemento á morte e a resurrección cada vez que cruzaba os ceos. Por esta razón, todas as tumbas se localizaban ao oeste do Nilo, porque os exipcios crian que, para entrar no alén, tiñan que ser enterrados no lado que simbolizaba a morte.

O historiador grego Heródoto escribiu que "Exipto é o regalo do Nilo", e non sen razón.

[editar] Descobertas

O oso de Ishango, posibelmente a indicación máis antiga de como multiplicaban os exipcios, descobriuse na cabeceira no Nilo (perto do Lago Eduardo), no norleste do Congo e está datado en hai 20.000 anos, no Paleolítico Superiro.

Apesar dos intentos dos antigos gregos e romanos (que non foron quen de penetrar o Sudd), as bacía superior do Nilo non se coñecía en Occidente. Varias expedicións fracasaron en determinar as fontes do río, producindo as representacións clásicas helenística e romana do río como un deus varón co seu rosto e cabeza cobertos por teas. Agatharcides rexistra que, en tempos de Ptolomeu II Filadelfo, unha expedición militar penetrara o suficiente no curso do Nilo Azul para determinar que as inundacións estivais se debían a tormentas estacionais nas Terras Altas etíopes, mais non se sabe de nengún europeo que chegase ao Lago Tana na Antigüídade, para canto máis alén de Meroe.

O Nilo Branco era comprendindo ainda menos, e os antigos pensaban, erroneamente, que o río Níxer representaba a bacía superior do Río Nilo. Plinio o Vello, por exemplo, escribiu que o Nilo tiña as súas orixes "nunha montaña da Mauritania inferior", fluía sobre a terra durante "moitos días", pasaba logo baixo terra, reaparecía como un lago grande nos territorios dosMasaesilos, tornábase subterráneo outra vez baixo o deserto "durante unha distancia de 20 días até chegar aos etíopes" (Historia Natural 5.10). Un mercader chamado Dióxenes afirmaba ter viaxado terra adentro desde Rhapta, no leste de África, durante vintecinco días, até chegar ás fontes do Nilo nas Montañas da Lúa, ainda que se sospeita da veracidade desta historia.

Os europeos aprenderon pouco máis sobre as orixes do Nilo até os séculos XV e XVI, cando os viaxeiros a Etiopía visitaron non só o Lago Tana senón tamén as fontes do Río Nilo nas montañas ao sul do lago. James Bruce afirmou ser o primeiro europeo en visitar a bacía superior, ainda que hoxe se pense que o xesuíta Pedro Páez foinno antes. Porén, no país residiron europeos desde finais do século XV e é moi posíbel que algún deles pasase antes por alí.

No entanto, as fontes do Nilo Branco ficaron ignotas até o século XIX, cando John Hanning Speke foi o primeiro en identificalas co Lago Vitoria. Speke facía parte da expedición liderada por Richard Francis Burton entre 1856 e 1858 na procura das fontes do Nilo partindo de Dar-es-Salaam (actual Tanzania). Burton estaba convencido de que as fontes estarían no Lago Tanganica, mais Speke, deixando atrás a Burton porque caíra doente, atopou o Lago Vitoria e convenceuse de que esta era a fonte auténtica. Speke voltou con James Augustus Grant entre 1860 e 1863 e trazou o Nilo cara o norte até Gondokoro, na fronteira sul do Sudd.

A Expedición Nilo Branco, dirixida polo sudafricano Hendri Coetzee e patrocinada pol National Geographic Society, foi a primeira en navegar o Nilo na súa integridade. A expedición partiu da Fonte do Nilo en Uganda o 17 de xaneiro de 2004 e chegou ao Mediterráneo por Rosetta catro meses e dúas semanas máis tarde. O 28 de abril de 2004, o xeólogo Pasquale Scaturro e o cámara Gordon Brown foron os primeiros en navegar o Nilo Azul, desde o Lago Tana até as praias de Alexandría.

[editar] As inundacións do Nilo

Os ciclos anuais do Nilo foron moi importantes na Antigüidade. Durante a inundación, o Nilo misteriosamente mais predecibelmente, subía cada ano para anegar e fertilizar a terra, que se atopaba sen choiva e no momento máis quente do ano. Unha boa inundación aseguraba a prosperidade; unha inundación moi pobre ou excesiva garantía sofrimentos.

O misterio do ciclo suscitaba admiración e estimulaba adoración e o traballo de rexistrar o historial das inundacións, cando se esperaban e a localización dos terrenos dos labregos unha vez se retiraban as augas estimularon a creación do primeiro instrumento científico, o nilómetro, a astronomía e a agrimensura. A preocupación dos antigos exipcios por unha boa inundación estaba xustificada. Disque a súa ausencia reiterada e o nivel baixo xeral do río foron a causa do colapso do Imperio Antigo. Estas preocupacións figuran na Biblia, na que Xosé interpreta os soños do faraón relacionados con anos de abundancia e de pobreza.

Máis recentemente, unha seca durante os anos 1980 provocou fame na Etiopia e no Sudán, se ben Exipto estivo protexido pola auga retida no Lago Nasser.

O Nilo ainda nutre moita da poboación que vive na súa ribeira. Ainda se usa para transportar mercadorías a diferentes lugares do seu percorrido. Dado que os ventos no inverno sopran río arriba, os barcos de vela podían viaxar facilmente. A construción da Gran Presa de Asuán (rematada en 1970), que proporciona enerxía hidroeléctrica, detivo as inundacións estivais e a súa renovación do fértil limo, facendo necesaria a utilización de adubos químicos.

No Nilo sitúanse as cidades de Xartún, Asuán, Luxor e Cairo. A primeira catarata, a máis próxima á desembocadura do río, é a de Asuán, ao norte da Gran Presa. Entre esta e o norte existe unha importante rota turística, con barcos de cruceiro e botes de vela tradicionais, as falucas. Dúas paradas típicas son Edfu e Kom Ombo. Por problemas de seguridade, non se viaxa máis ao norte.

A importancia do río é moi alta dado a que unha vez ó ano desbordábase enchendo os terreos próximos de limo que fan desta terra unha das máis fértiles. Os antigos exipcios gabábano como a un deus e os seus protectores eran os crocodilos - cando comían unha persona considerábase como un castigo dos deuses.

[editar] O Eonilo

O río actual é, polo menos, o quinto río que ten saído das Terras Altas etíopes. As imaxes de satélite mostran cauces secos no deserto ao oeste do Nilo. Un canón do Eonilo, cheo hoxe de terra, representa este río ancestral que fluíu no Mioceo tardío. O Eonilo transportaba sedimentos clásticos ao Mediterráneo, que alí se depositaron e nos que se teñen atopado varios campos de gas natural.

Durante o Mioceno tardío, cando o Mediterráneo era un mar fechado e o nível do mar baixou aproximadamente 1.500 m., o Nilo abriuse paso ao novo nivel até chegar a varias ducias de metros por baixo do nivel do mar en Asuán.

Anteriormente, o Lago Tanganika vertía cara o norte no Nilo, até que os volcáns das Montañas Virunga bloquearon o seu curso. Isto tería feito o Nilo moito máis longo, coa súa bacía superior en Zambia.

Delta do Nilo visto desde o espazo, cortesía da NASA
Delta do Nilo visto desde o espazo, cortesía da NASA


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -