See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Lago Vitoria - Wikipedia

Lago Vitoria

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

O Lago Vitoria ou Victoria Nyanza é un dos Grandes lagos Africanos, localizado nun planalto elevado na parte ocidental do Grande Val do Rift, na África oriental, e está suxeito a administración territorial pola Tanzania, Uganda e Quenia.

Victoria lake and the Rift
Victoria lake and the Rift
Lago Vitoria, visto desde o espazo
Lago Vitoria, visto desde o espazo
Variación da altura do lago Vitoria
Variación da altura do lago Vitoria
Crecemento da densidade em torno do lago Vitoria
Crecemento da densidade em torno do lago Vitoria
Linguas locais nas beiras do lago
Linguas locais nas beiras do lago

Con 68.870 Km2 de tamaño (aproximadamente o mesmo que a Irlanda), é o maior lago do continente africano, o maior lago tropical no mundo e o segundo maior lago de auga doce no mundo en termos de área. Sendo relativamente raso, ordena como o sétimo maior lago de auga doce através do volume e contén 2.760 quilómetros cúbicos de auga. É unha das nacentes do Río Nilo, o Nilo Branco.

Existen mais de 3.000 illas no seu interior, moitas das cales están habitadas, entre as cales figuran as Illas de Ssese en Uganda, un grupo grande de illas no noroeste do lago, e tornandose un destino popular para turistas.

Índice

[editar] Historia de exploración

David Livingstone
David Livingstone

A primeira información registrada sobre o Lago Vitoria ven de comerciantes árabes que exploraban, no século X, as rotas interiores da África oriental á procura de ouro, marfil, escravos e outros artigos preciosos. Un mapa excelente coñecido como Al Adrisi, describe claramente unha representación precisa do Lago Vitoria, atribuindo a el como a fonte da nacente do Río Nilo. Mais na verdade a orixe do río encontrase nos altísimos cumes das cadeas montañosas de Mufumbiro e Ruwenzori, muito ao sul deste inmenso lago.

O lago foi descoberto polos europeos en 1858 cando o explorador británico John Hanning Speke chegou a sua orla meridional con Richard Francis Burton para achar a fonte do Nilo por razóns estratéxicas da administración colonial británica. Acreditando que achara a fonte do Nilo ao ver esta expansión de auga por primeira vez, Speke nomeou o lago homenaxeando a entón raiña do Reino Unido, a Raiña Vitoria (1831-1901). Burton, que se estaba recuperando dunha enfermidade nese momento e proxectara descansar mais adiante, ao sur, nas orlas de Lago Tanganica, ficou enfurecido coa audacia de Speke de reivindicar soamente para el a descuberta.

O coñecido explorador e misionario británico David Livingstone fallou na tentativa de verificar a descuberta de Speke, indo muito ao oeste. Outra tentativa foi feita polo explorador americano Henry Morton Stanley que confirmou a verdade da descuberta de Speke circunavegando o lago e relatando a descoberta da Catarata de Rippon na costa norte.

[editar] Ecoloxía e Impactos Sociais

O Lago Vitoria ten un papel vital apoiando millóns de persoas que viven ao seu redor, nunha das rexións mais densamente poboadas da Terra, a África oriental.

Tamén é un ecosistema extremamente doente. Durante os anos cincenta, un peixe chamado Perca do Nilo (Lates niloticus), un voraz predador, foi introducido no lago, nunha tentativa de mellorar os rendimentos de pesca, mais acabou devastando o ecosistema local, dizimando mais de 200 especies nativas. Mais tarde, os bos lucros iniciais coas capturas da Perca do Nilo diminuíron dramaticamente. Actualmente, a Perca do Nilo está sendo retirada, e é sabido que algunhas das especies nativas aumentaron novamente.

Um eco-problema cun resultado mais feliz foi a loita contra o aumento enorme do Xacinto de auga (Eichhornia crassipes), nativa da América tropical, que forma un tapete espeso, causando dificultades para o transporte e a pesca. En 1995, o 90% do litoral do Uganda foi cuberto pola planta, mais conseguironse bos resultados na resolución deste problema, através da introdución dun insecto que só se alimenta desta planta, que ten o nome científico de Neochetina eichhorniae.

A perda de osíxeno no lago por causa da contaminación tornou a auga turba e consecuentemente houbo un aumento de hibridacións entre os Haplocromídeos do lago.

[editar] Medio de Transporte

Desde 1900 as balsas que atravesan o Lago Vitoria son o medio mais importante de transporte entre Uganda, Tanzania e Quenia.

[editar] Os portos principais no lago son:

  • Kisumu
  • Mwanza
  • Bukoba
  • Entebbe
  • Sino do Porto
  • Jinja.

[editar] Vexa tamén


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -