Manuel Rivas
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Manuel Rivas Barrós é un escritor, poeta, ensaísta e xornalista galego.
Índice |
[editar] Biografía
Manolo Rivas naceu o 26 de outubro de 1957 no barrio coruñés de Montealto. Estudou no IES Monelos.
Comezou a súa carreira como xornalista moi novo, aos 15 anos, como meritorio no El Ideal Gallego. Estudou Ciencias da Información en Madrid. Os seus primeiros artigos remóntanse á década dos anos 70.
Foi e é colaborador en diversos medios de comunicación galegos e españois El País, El Ideal Gallego, La Voz de Galicia, sendo nomeado subdirector do Diario 16 en Galiza. Tamén colaborou nas revistas Teima e Man Común, desenvolveu unha sección fixa no semanario A Nosa Terra, foi redactor xefe da sección de cultura do efémero semanario El Globo e chegou a ser o director da revista cultural Luzes de Galiza.
Na actualidade mantén unha columna semanal no xornal El País, onde comezou como correspondente coruñés e fixo numerosas intervencións en medios de comunicacións audiovisuais.
No campo da creación literaria, deuse a coñecer como cofundador do grupo poético Loia, na revista co mesmo nome apareceron as súas primeiras composicións en 1977. Dous anos despois publicou o seu primeiro libro de poemas co que se revelou como unha voz distinta dentro da lírica galega e polo poema Pra escarnho e mal dizer foi galardonado co Premio de Poesía Nova de O Facho, o primeiro dunha longa serie de premios que leva xa na súa carreira como escritor, narrador e poeta, resaltando entre todos eles a concesión no ano 1996 do Premio Nacional de Narrativa por ¿Que me queres, amor?, unha obra escrita orixinalmente en lingua galega, premio polo que xa fora finalista oito anos antes pola novela Un millón de vacas.
Escribiu destacados libros de poemas, novelas, artigos e ensaios literarios. Considerado pola crítica como un revolucionario da literatura galega contemporánea sendo el un personaxe comprometido coa súa terra e coa súa cultura. Unha parte da súa produción editorial (os ensaios) deriva da súa prolífica carreira como xornalista.
A súa obra literaria está escrita orixinalmente en galego e é considerado na actualidade coma o escritor galego con máis proxección internacional, estando a súa obra traducida a vinte idiomas, entre eles o francés, italiano, inglés, alemán, grego, turco, ruso, finés, holandés, croata e xaponés[1]
Algunhas das súas obras foron adaptadas ao cine, entre elas A lingua das bolboretas dirixida por José Luis Cuerda e O lapis do carpinteiro, dirixida por Antón Reixa que foi seleccionada para presentarse nos premios Goya da Academia Española do Cine.
Foi membro fundador de Greenpeace, polo que non resulta estraño o seu grao de implicación persoal en actividades relacionadas coa catástrofe do Prestige nas costas galegas coma a creación da plataforma cidadá Nunca máis ou más recentemente coa vaga de lumes do ano 2006 no territorio galego.
Está casado con María Isabel López e Mariño e ten dous fillos, un home e unha muller. O fillo, Martiño Rivas, é actor.
Dende hai moitos anos reside en Vimianzo.
[editar] Obra
[editar] Poesía
- Libro de Entroido. (1980). Edicións do Rueiro. Premio O Facho.
- Anisia e outras sombras en colaboración con Xavier Seoane. (1981). Edicións Xerais. ISBN 84-8302-039-4.
- Balada nas praias do Oeste. (1985). Editorial Sotelo Blanco Edicións. ISBN 84-86021-23-5.
- Mohicania (1986). Edicións do Rueiro. ISBN 978-84-852-203-42.
- Ningún cisne (1989). Editorial Sotelo Blanco Edicións. ISBN 84-7824-046-2. Premio Leliadoura 1989.
- Costa da morte blues. (1995). Edicións Xerais. ISBN 84-7507-895-8.
- O pobo da noite, antoloxía; cun CD de poemas recitados polo autor. (1996). Edicións Xerais. ISBN 84-830-203-94.
- Do descoñecido ao descoñecido. Obra poética (1980-2003) (2003). Edicións Espiral Maior. ISBN 84-95625-85-7.
- El pueblo de la noche y mohicania revisitada. (2004). Editorial Suma de Letras, S.L.. ISBN 978-84-663-1179-3.
[editar] Narrativa
- Todo ben. (1985). Col. Xabarín, 15. Edicións Xerais. ISBN 84-7507-206-2.
- Un millón de vacas (1989). Edicións Xerais. ISBN 84-8302-658-9. Premio da Crítica Española 1989[2], Finalista do Premio Nacional de Literatura.
- O león de catro ventos, relato publicado no volume Contos eróticos / eles. (1990). Edicións Xerais. ISBN 84-206-2862-X.
- O último rei dos galegos, relato publicado na colección Contos do Castromil. (1990). Editado por Castromil, D.L. Clasif. Cdu 869.9-34"19".
- Os comedores de patacas. (1991). Edicións Xerais. ISBN 84-9782-122-X.
- En salvaxe compaña (1994). Edicións Xerais. ISBN 84-7507-769-2. Premio da Crítica de Galicia (creación) 1994.[3]
- ¿Que me queres, amor?. (1995). Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-027-6. Premio Torrente Ballester 1995 e Premio Nacional de Narrativa 1996.
- Bala perdida, novela xuvenil con ilustracións de Miguelanxo Prado. (1997). Editorial Obradoiro Santillana. ISBN 9788482245478.
- O lapis do carpinteiro. (1998). Edicións Xerais. ISBN 84-8302-261-3. Premio da Crítica Española 1998, Premio Arcebispo Xoán de San Clemente 1999 e Premio da Asociación de Escritores en Lingua Galega no ano 1999, Premio literario 50 Aniversario da Sección Belga de Amnistía Internacional no ano 2001.[4]
- A Deusa Atlántica. (1999). Editorial: Concello da Coruña. ISBN 84-86836-80-8.
- Ela, maldita alma. (1999). Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-283-X.
- El secreto de la tierra, recompilación en castelán dos relatos incluídos nas obras Un millón de vacas e Os comedores de patacas. (1999). Editorial Alfaguara, S.A. ISBN 84-2047-857-1.
- A man dos paíños. (2000). Edicións Xerais. ISBN 84-8302-591-4.
- La mano del emigrante. (2001), tradución feita por Manuel Rivas da obra A man dos paíños, inclúe a diferenza da versión galega un audiolibro: La lengua de las mariposas y otros relatos. Editorial Alfaguara, S.A. ISBN 84-204-4257-7.
- As chamadas perdidas. (2002). Edicións Xerais. ISBN 84-8302-811-5.
- Contos de Nadal, con ilustracións de Miguelanxo Prado (2003). Edicións Xerais. ISBN 84-9782-083-5.
- Nosotros dos. (2003).
- Cuentos de un invierno. (2005). Editorial Alfaguara, S.A. Serie Roxa. ISBN 978-84-204-6905-8.
- Os libros arden mal. (2006). Edicións Xerais. ISBN 84-9782-461-X. Premio Antón Losada Diéguez de Creación 2007, Premio da Crítica de Galicia (creación) 2007, Premio da Crítica Española 2006, Premio Cálamo 2006, VII Premio Libro del Año 2006 (outorgado polo gremio de libreiros de Madrid), Premios 2006 da Asociación de Editores ao mellor autor e á mellor obra (Premio Xosé María Álvarez Blázquez ao autor do ano e Premio Ánxel Casal ao libro do ano respectivamente), XVI Premio Irmandade do Libro da Federación de Libreiros de Galicia ao mellor libro galego do ano 2006, Premio da Asociación Galega de Escritores 2007.[5]
[editar] Teatro
- O heroe. (2005). Edicións Xerais. ISBN 84-9782-371-0; estreada en Ourense, no ano 2005 por Sarabela Teatro.
[editar] Artigos e ensaios literarios
- Os Partidos Políticos na Galiza, xunto con Xoán Ignacio Taibo Arias. (1977). Edicións do Rueiro.
- Informe dunha frustración : as claves do proceso estatutario galego, xunto a Xosé A. Gaciño Barral. (1980). Edicións do Rueiro. ISBN 978-84852-202-81.
- Galicia, el bonsái atlántico. (1989). Editorial Aguilar. ISBN 84-03-59052-0.
- No mellor país do mundo. (1991). Editorial Biblioteca Gallega. ISBN 978-84-85287-82-6.
- Toxos e flores. (1992). (1999 Edic. Aumentada). Edicións Xerais. ISBN 84-8302-349-0. Premio de Xornalismo Xoan Fernández LaTorre (La Voz de Galicia) 1991
- Informe da comunicación en Galicia, xunto con Xosé López García. (1993). Editado polo Consello da Cultura Galega. ISBN 84-87172-81-4.
- El periodismo es un cuento. (1997). Editorial Alfaguara. ISBN 84-20479-071.
- A comunicación en Galicia, 1998 : sobre o hipersector da comunicación , xunto a Xosé López García e Xurxo Andrés Lobato Sánchez. (1998). Editado polo Consello da Cultura Galega. ISBN 84-87172-36-9.
- Galicia, Galicia. (1999). Edicións Xerais. ISBN 84-8302-470-5.
- Muller no baño. (2002). Edicións Xerais. ISBN 84-8302-924-3.
- Unha espía no reino de Galicia. (2004). Edicións Xerais. ISBN 84-9782-193-9.
[editar] Outros
- Galicia, el país soñado. (1991). Textos de Rivas e de Torrente Ballester para fotografías de Xurxo Lobato. Editorial Lunwerg. ISBN 9788477821755.
- Tempos que hai neste tempo. (1995). Textos de Rivas e de Christian Caujoulle para fotografías de Manuel Sendón. Editado polo Consello da Cultura Galega. ISBN 84-87172-93-8.
- A Coruña y rías altas, xunto a Enrique Posse. (1997). Editorial Anaya Touring Club. ISBN 8497760549.
- Rías Altas, xunto a Enrique Posse. (1999). Editorial Anaya Touring Club. ISBN 8481656631.
- Imaxes líquidas, xunto a Aurora García García. (1999). Editado polo Concello de Coruña. ISBN 84-86836-99-9.
- Compostela, vanguardia y sosiego, xunto a Xerardo Estévez Fernández e Xurxo Lobato (2000). Editorial Lunwerg. ISBN 8477826501.
- Arte y palabra por la paz en Palestina. (2002).
[editar] Participación en Obras Colectivas
- Relato contemporáneo 1: Outros/as autores/as: Xosé Luís Méndez Ferrín, Darío Xohán Cabana, Suso de Toro, Bernardino Graña, Fran Alonso, Xosé Cid Cabido e Xosé Miranda. (1995). Edicións Xerais. ISBN 84-7507-856-4.
- Contos da Xustiza: Outros/as autores/as: Henrique Monteagudo, Xavier Alcalá, Darío Xohán Cabana, Carlos Casares, Alfredo Conde, Paco Martín, David Otero, Xesús Rábade Paredes, Suso de Toro, Xoán Xosé Barreiro Prado, Daniel García Ramos, Victorino Gutierrez Aller, Xoaquín Monteagudo, Benito Montero Prego, Orencio Pérez González e Carlos Varela García. (1991). Editorial Ir Indo. ISBN 84-7680-068-1.
- Antoloxía consultada da poesía galega 1976-2000: Outros/as autores/as: Xosé María Álvarez Cáccamo, Manuel Álvarez Torneiro, Antón Avilés de Taramancos, Miguel Anxo Fernán-Vello, Manuel María, Salvador García-Bodaño, Bernardino Graña, Xulio L. Valcárcel, Xosé Luís Méndez Ferrín, Uxío Novoneyra, Pilar Pallarés, Chus Pato, Luz Pozo Garza, Xavier Rodríguez Baixeras, Ana Romaní, Xavier Seoane.
- Berra liberdade (Escritores galegos por Amnistía Internacional): Outros/as autores/as: Xosé María Álvarez Cáccamo, Francisco Xosé Fernández Naval, Bieito Iglesias, Paco Martín, Xosé Manuel Martínez Oca, María Xosé Queizán, Suso de Toro, Xavier Queipo. (1996). Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-034-9.
- De amor e desamor: Outros/as autores/as: Lino Braxe, Miguel Anxo Fernán-Vello, Xulio L. Valcárcel, Miguel A. Mato Fondo, Xosé María Monterroso Devesa, Pilar Pallarés, Xavier Seoane, Lois Pereiro e Francisco Salinas Portugal. (1984). Ediciós do Castro.
- De amor e desamor II.[6] (1985). Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-237-2.
- III Festival da Poesía no Condado: Outros/as autores/as: Xosé María Álvarez Cáccamo, Manuel María, Bernardino Graña, Margarita Ledo, Xosé Luís Méndez Ferrín, Uxío Novoneyra, Xavier Rodríguez Baixeras, Cesáreo Sánchez, Vítor Vaqueiro, Xosé Vázquez Pintor.
- IV Festival da Poesía no Condado[7]
- IX Festival da Poesia no Condado. Escolma Poética: [8]
- Negra sombra. Intervención poética contra a marea negra (obra colectiva).
- Poetas e Narradores nas súas voces (Vol. I): Outros/as autores/as: Xavier Alcalá, Xosé María Álvarez Cáccamo, Xosé Carlos Caneiro, Alfredo Conde, Miguel Anxo Fernán-Vello, Víctor F. Freixanes, Manuel María, Salvador García-Bodaño, Camilo Gonsar, Luís González Tosar, Xulio L. Valcárcel, Paco Martín, Xosé Luís Méndez Ferrín, Xosé Neira Vilas, Pilar Pallarés, Chus Pato, Luz Pozo Garza, María Xosé Queizán, Xavier Rodríguez Baixeras, Suso de Toro.
- Poetízate. Antoloxía da poesía galega: Outros/as autores/as: Fran Alonso, María Lado, Xosé Luís Méndez Ferrín, Uxío Novoneyra, F. Antía Otero Rodríguez, Chus Pato, Antón Reixa.
- Unha liña no ceo (58 narradores galegos 1979-1996): Outros/as autores/as: Xavier Alcalá, Fran Alonso, Alfonso Álvarez Cáccamo, Anxo Angueira, Xoán Bernárdez Vilar, Xosé Carlos Caneiro, Alfredo Conde, Víctor F. Freixanes, Francisco X. Fernández Naval, Agustín Fernández Paz, Camilo Gonsar, Bernardino Graña, Bieito Iglesias, Santiago Jaureguizar, Marilar Aleixandre, Paco Martín, Xosé Manuel Martínez Oca, Carlos Mella, Xosé Luís Méndez Ferrín, Xosé Miranda, Xosé Neira Vilas, Xabier P. Docampo, María Xosé Queizán, Manoel Riveiro Loureiro, Xavier Rodríguez Baixeras, Euloxio R. Ruibal, Suso de Toro.
- V Festival da Poesia no Condado: Outros/as autores/as: Xosé María Álvarez Cáccamo, Miguel Anxo Fernán-Vello, Margarita Ledo, Xulio L. Valcárcel, Ánxeles Penas, Henrique Rabuñal, Xavier Rodríguez Baixeras, Vítor Vaqueiro, Xosé Vázquez Pintor.
- XVII Festival da Poesia. Verbas para nom esquecer...: Outros/as autores/as: Miguel Anxo Fernán-Vello, Margarita Ledo.
[editar] Audiovisual
- O Pregón de Monte Alto. (1998). Documento sonoro recollido nun CD que contén o pregón que o autor recitou e cantou na compaña dos Diplomáticos de Monte Alto o 4 de setembro de 1998, comercializado xunto ca obra Toxos e Flores.
- La lengua de las mariposas. (1998). Audiolibro. Editorial Alfaguara, S.A. ISBN 8420494119.
- Galicia, arpa de niebla, vídeo dirixido por Juan Manuel Martín de Blas e realizado por Adolfo Dufour (2000). Editrama, D.L.
- Participación en Hay motivo nunha curtametraxe sobre o afundimento do Prestige. (2004).
- Participación en Hai que botalos na curtametraxe chamada Punto final. (2005).
[editar] Premios
[editar] Premios xornalísticos
- Premio de Xornalismo Puro Cora (El Progreso de Lugo) 1989
- Premio de Xornalismo Xoan Fernández LaTorre (La Voz de Galicia) 1991
- Premio de Xornalismo Xulio Camba 2002
- Premio Agustín Merello da Comunicación 2003: pola súa continuada actitude de responsabilidade ética ante os acontecementos que aconteceron na súa terra e no mundo. Nun entorno hostil, Manuel Rivas prestou o seu testimonio como xornalista e, tamén, como escritor. Sempre difundiu a figura do periodismo na sociedade como testigo comprometido fronte á realidade.
[editar] Premios literarios
- Premio de Poesía Nova de O Facho 1979
- Premio Leliadoura 1989
- Premio Torrente Ballester de Narrativa 1995
- Premio Nacional de Narrativa 1996
- Premio da Crítica Española 1989, 1998 e 2006
- Premio da Crítica de Galicia 1994 e 2007
- Premio da Asociación de Escritores en Lingua Galega 1998
- Premio Arcebispo Xoán de San Clemente 1998
- Premio ONCE - Galicia á Solidariedade
- Premio 50 Aniversario da sección belga de Amnistía Internacional 2001
- Premio Cálamo Extraordinario 2006: Por cultivar todos os xéneros de xeito brillante segundo o Xurado do Premio e por ser un exemplo de responsabilidade e compromiso social.
- VII Premio Libro del Año 2006
- Premios da Asociación Galega de Editores á mellor obra e ao mellor autor 2006: Premio Ánxel Casal e Premio Xosé María Álvarez Blázquez respectivamente.
- XVI Premio Irmandade do Libro da Federación de Libreiros de Galicia (libro do ano) 2006
- Premio Antón Losada Diéguez de Creación 2007
- III Premio Xarmenta 2007 á promoción da lingua galega no Bierzo.
[editar] Notas
- ↑ O lapis do carpinteiro é a obra en galego máis traducida do país. Gran Enciclopedia Gallega, Tomo 38, páx. 236, 237
- ↑ Páxina da Editorial Xerais das obras de Rivas
- ↑ Páxina da Editorial Xerais das obras de Rivas
- ↑ Páxina da Editorial Xerais das obras de Rivas
- ↑ Páxina da Editorial Xerais das obras de Rivas
- ↑ Outros/as autores/as: Véxase a lista do volume De amor e Desamor dado que son os mesmos
- ↑ Outros/as autores/as: Véxase a lista do III Festival da Poesía no Condado dado que son os mesmos
- ↑ Outros/as autores/as: Véxase a lista do III Festival da Poesía no Condado, á que hai que engadir a Marta Dacosta, Mª do Carme Kruckenberg, Xulio L. Valcárcel, Ánxeles Penas, María Xosé Queizán e Xavier Seoane
[editar] Véxase tamén
[editar] Bibliografía
- Araguas, Vicente et al. (2003), Gran Enciclopedia Gallega, Tomo 38, páx. 236, 237. ISBN 84-87804-40-3.