El secreto de la tierra
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
El secreto de la tierra | ||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
|
||||||||||||||||||||||||||
|
El secreto de la tierra é unha recompilación en castelán dos relatos de Manuel Rivas contidos nas obras Un millón de vacas (1989) e Os comedores de patacas (1991), publicado no ano 1999 pola Editorial Alfaguara e traducido ao castelán por Basilio Losada, sendo un dos poucos casos das obras de Manuel Rivas non traducidas por el mesmo.
Como o propio Rivas sinala no prólogo do libro:
Esta edición conjunta, con muy ligeros retoques de mampostería, permite entrelazar relatos, poemas y novela.
En moitos dos relatos que aparecen en calquera dos dous libros pódense atopar personaxes que rachan os estereotipos costumistas, de seres en continuo movemento e conflito, algúns incluso poderían ser cualificados como personaxes marxinais, destacando de maneira especial a nostalxia pola nenez, a ironía e unha visión máxica e épica do cotián.
A obra Un millón de vacas foi finalista do Premio Nacional de Narrativa e obtivo o Premio da Crítica Española.