Premios Goya
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Os premio Goya ou Premios Anuais da Academia son os galardóns outorgados anualmente pola Academia de las Artes y las Ciencias Cinematográficas de España para recoñecer ós mellores profesionais e producións do sector do cine español.
O premio que se entrega ós vencedores consiste nun busto do célebre pintor Francisco de Goya realizado en bronce polo escultor José Luis Fernández. Nos seus comezos, a estatuilla que se entregaba era obras do tamén escultor Miguel Ortiz Berrocal. Era unha peza desmontable na que do busto de Goya se podía extraer unha cámara.
A cerimonia de entrega, que segue o formtato dos Oscars americanos, adoita ter lugar a principios de ano, normalmente a finais de xaneiro ou comezos de febreiro, aínda que as candidaturas (tres por cada categoría), danse a coñecer en decembro.
Índice |
[editar] Historia
Tralo nacemento da Academia das Ciencias e as Artes Cinematográficas española o 8 de xaneiro de 1986, decídese crear os Premios Goya co fin de premiar os mellores traballos realizados en distintas categorías durante cada ano, imitando o que xa se viña facendo antes noutros países (Premios César franceses, Oscars americanos etc.). A primeira edición celebrouse no ano 1987, o día 16 de marzo, no Teatro Lope de Vega de Madrid, entregándose 15 estatuillas (un número que foi medrando ata as 28 actuais). Desde entón e ata o momento, convertíronse nun referente para os amantes do cine e só nunha única ocasión a gala de entrega desprazouse fóra de Madrid, concretamente en Barcelona, no ano 2001.
Unha edición que cabe salientar é a do ano 2003, na que os profesionais do cine español aproveitaron a súa festa para expresar o seu rexeitamento á guerra de Irak e ó apoio que o goberno español, daquela presidido por José María Aznar, estaba a brindarlle.
En 2003 o foco de atención foi a polémica creada polo traballo de Julio Medem, La pelota vasca. Moitos dos seus compañeiros decidiron apoialo na cerimonia dos Goya tralas críticas que recibira.
En 2005, José Luis Rodríguez Zapatero convertíase no primeiro presidente de Goberno que acodía a esta entrega de premios. Esta foi ademais unha edición importante para o cine galego, xa que a gran triunfadora foi Mar Adentro, de Alejandro Amenábar, rodada en parte en Galicia e que obtivo galardóns para os actores galegos Mabel Rivera, Celso Bugallo e Tamar Novas.
[editar] Palmarés
Existen 27 categorías de los Goya, sen contar ó Goya de Honra, e o número de nominados para cada unha é de 4 como máximo desde 1999 (anteriormente, o número de nominados en cada categoría era de 3).
- I edición (1987)
- II edición (1988)
- III edición (1989)
- IV edición (1990)
- V edición (1991)
- VI edición (1992)
- VII edición (1993)
- VIII edición (1994)
- IX edición (1995)
- X edición (1996)
- XI edición (1997)
- XII edición (1998)
- XIII edición (1999)
- XIV edición (2000)
- XV edición (2001)
- XVI edición (2002)
- XVII edición (2003)
- XVIII edición (2004)
- XIX edición (2005)
- XX edición (2006)
- XXI edición (2007)
- XXII edición (2008)
[editar] Vencedores nas categorías
- Mellor película
- Mellor director
- Mellor interpretación masculina protagonista
- Mellor interpretación femenina protagonista
- Mellor guión original
- Mellor guión adaptado
- Mellor director novel
- Mejor interpretación masculina de reparto
- Mejor interpretación femenina de reparto
- Mellor actor revelación
- Mellor actriz revelación
- Mellor dirección de produción
- Mellor fotografía
- Mellor montaxe
- Mellor música orixinal
- Mejor canción orixinal
- Mellor dirección artística
- Mellor deseño de vestiario
- Mellor maquillaxe e perruquería
- Mellor son
- Mellores efectos especiais
- Mellor película de animación
- Mellor curtametraxe de animación
- Mellor curtametraxe documental
- Mellor curtametraxe de ficción
- Mellor película europea
- Mellor película documental
- Mellor película estranxeira de fala hispana
- Goya de Honra
[editar] Candidatos de cada categoría
- Intérpretes candidatos ós Premios Goya
[editar] Ligazóns externas
- Web Oficial da Academia das Artes e as Ciencias Cinematográficas de España:
- premiosgoya.com - Páxina dedicada ós Premios Anuais da Academia, "Goya"
- Tío Oscar, páxina web decana de España sobre os Premios Anuais da Academia "Goya" e tódolos premios do cine
- Premios Anuais da Academia, "Goya" en Espaciolatino
- Cien de Cine Premios Anuais da Academia, "Goya"