Mabel Rivera
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Mabel Rivera é unha actriz galega nacida en Ferrol o 20 de xuño de 1952. O seu nome completo é María Isabel Rivera Torres.
Índice |
[editar] Biografía
Actriz de enorme experiencia teatral. En Galicia é coñecida desde hai máis dunha década como protagonista da comedia de maior éxito da TVG, Pratos Combinados, onde interpretou o personaxe de Balbina ata que o recoñecemento a nivel nacional lle chegou ó ser unha das actrices da oscarizada película Mar adentro, dirixida por Alejandro Amenábar e que lle valeu o Premio Goya á Mellor Actriz Revelación.
Traballou en publicidade, ademais de como presentadora, axudante de dirección e actriz de dobraxe.
É Licenciada en Filoloxía Inglesa pola Universidade de Santiago de Compostela e fala castelán, galego, inglés e francés.
[editar] Cine
- El bosque animado (1987), de José Luis Cuerda. Como Sra. Gundín.
- Inútil (2001), de Paco Rañal.
- Mar adentro (2004), de Alejandro Amenábar. Como Manuela Sampedro.
- Más que hermanos (2005), de Ramón Costafreda. Como Remedios.
- Hotel Tívoli (2006), de Antón Reixa. Como Josefa.
- Faltas leves (2006), de Jaume Bayarri e Manuel Valls. Como Trini.
- Los caprichos de Goya (2006), de Milos Forman.
- El impostor (2006), de Ricard Figueras.
- Mataharis (2007), de Icíar Bollaín.
- El Orfanato (2007), de Juan Antonio Bayona.
[editar] Televisión
- Pratos combinados (1995-2003). Como Balbina. TVG.
[editar] Teatro
[editar] Centro Dramático Galego
- Agasallo de sombras (1984) (autor e director Roberto Vidal Bolaño).
- Os vellos non deben de namorarse (1985), de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (dirección E. Alonso).
- O enfermo imaxinario, de Molière (dirección Eduardo Alonso).
- As alegres casadas (1989), de William Shakespeare (dirección Eduardo Alonso).
[editar] Teatro do Malbarate
- Xogos de damas (1987) de Anxel R. Ballesteros (dirección Eduardo Alonso).
- Galicia, S.L. (1988) de varios autores (dirección Eduardo Alonso).
- Inventarios (1990) de Philippe Minyana (dirección Fernanda Lapa).
- Xogos á hora da sesta (1991) de Roma Mahieu (dirección Cándido Pazó).
[editar] Outras compañías
- Compañía (2000) de Eduardo Rovner (dirección Antonio Simón).
- Cartas de amor (2001) de A.R. Gourney (dirección Avelino González).
- O país da comedia (2001) de varios autores (dirección Carlos Blanco).
[editar] Premios e nominacións
- 1991:
-Premio Compostela á mellor actriz por Inventarios de Philippe Minyana (1991).
-Nominada como mellor actriz nos Premios AGAPI por Pratos Combinados.
- 2002:
-Nominada como mellor actriz nos Premios Mestre Mateo.
- 2005:
-Gañadora do Premios Goya á Mellor Actriz de Reparto por Mar adentro.
-Gañadora do Premio Sant Jordi á Mellor Actriz española por Mar adentro.
-Nominada ó Premio da Unión de Actores á Mellor Actriz Secundaria por Mar adentro.
-Nominada ó Premio do Círculo de Escritores Cinematográficos á Mellor Actriz Secundaria por Mar adentro.
-Nominada ó Premio da Asociación Cronistas de Espectáculos de Nueva York (ACE) á Mellor Actriz de Reparto por Mar adentro.
- 2007:
-Gañadora como mellor actriz de reparto nos Premios Mestre Mateo por Hotel Tívoli.