Avelino González
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Avelino González (Comesaña-Vigo, 1962), actor galego, narrador oral, director e tradutor de teatro, e especialista en animación de rúa. Comezou a súa carreira no teatro en A Farándula (Vigo, 1980), compañía na que colaborou ata a súa desaparición. Fundador de Tranvía Teatro (1989) e de Ollomol Tranvía (1993) é un home consolidado no panorama escénico. Deu ó salto ao cine en 1987 con Gallego, no que ten feito filmes nos que destaca ¿A ti como se che di adeus?. Na pequena pantalla ten actuado en programas (Arestora, Luar...), series (Mareas Vivas ou Galicia Express) e telefilmes (Condenado a vivir). Na actualidade salienta o seu traballo como narrador oral e tradutor teatral.
Índice |
[editar] Teatro
Traballou como actor en:
2006: Tarará-chis-pum producción do Centro Dramático Galego; dirixido por Artello Teatro Alla Scala
2004: As laranxas mais laranxas de todas as laranxas de Carlos Casares, (CDG); dirixido por José Caldas
2002: Animaliños de R. Vidal Bolaño (Compañía Teatro do Aquí); dirixido por Roberto Vidal Bolaño
2001: Policía de S. Mrozeck (Ollomoltranvía); dirixido por Cándido Pazó.
1998: Estaçao Mahagonny de Bertolt Brecht, (Teatro do Noroeste).
1997: Escola de Bufóns, de M. de Ghelderode (Ollomoltranvía); dirixido por Fabio Mangolini.
1994: Raíñas de Pedra, de C. Pazó (Ollomoltranvía); dirixido por Hélder Costa.
1993: Commedia, un xoguete para Goldoni de C. Goldoni (Ollomoltranvía); dirixido por Cándido Pazó.
1993: Historia do Soldado de I. Stravinsky. (Centro Dramático Galego).
1992: Un Soño de Verán de W. Shakespeare (Centro Dramático Galego); dirixido por Eduardo Alonso.
1989: As Alegres Casadas de W. Shakespeare (Centro Dramático Galego); dirixido por Eduardo Alonso.
Traballou como director en:
Vento Mareiro, 2004,
Bicos con lingua, 2003, producido por Talía teatro.
Crónica de Avilés de Taramancos 2003, producido por Falabarto
Love letters, 2001, de A.R. Gurney, producido por "Lagarta,lagarta".
[editar] Audiovisual
Cine
2004: Heroína, dirixido por Gerardo Herrero.
2000: Condenado a vivir, dirixido por Roberto Bodegas.
2000: Lena dirixido por Gonzalo Tapia.
2000: A caída dun manager malvado, dirixido por Marcos Estebo.
1998: A ti como se che di adeus dirixido por Jorge Coira.
1987: Gallego, dirixido por Octavio Gómez.
Televisión
2008: Padre Casares producido por Voz Audiovisual para TVG.
2006: A vida por diante producido por Voz Audiovisual para TVG.
2005-2006: Comando zapping producido por Productora Faro para TVG.
2005: Cuéntame, producido por Ganga para TVE.
2003-2004: As leis de Celavella, producido por Voz Audiovisual para TVG.
2004: Rías Baixas, producido por Zenith Televisión para TVG.
2004: Máxima Audiencia/zapping. producido por TVG.
2003: Hospital Central, producido por Videomedia para Tele5.
2000: Lluvia, dirixido por Isabel Coixet, producida por Canal+.
2000: Galicia Express, producido por Portozás Visión para TVG.
2000: Mareas vivas producido por N.T.R. para TVG.
1998-2004: Pratos combinados, producido por Editorial Compostela para TVG.
1997: Luar, producido por TVG.
1988-1989: Arestora, (TVG).
1988: O Campo de Atrás dirixido por Manuel Pombal, (TVG).
[editar] Premios
Premio Compostela 1993 ao mellor actor secundario Un soño de verán.
Premio María Casares 2004 ao mellor texto orixinal de Bicos con Lingua
Nominado ao Premio María Casares 2004 á mellor dirección de Bicos con Lingua
Nominado ao Premio María Casares 2006 ao mellor texto adaptado por Vento Mareiro
Premio María Casares 2007, con Olga Nogueira, ao mellor texto traducido por A raíña da beleza de Leelane
[editar] Ligazóns externas
Web de Avelino González [1]
Cultura Galega AVG [2]