Lena
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Lena é unha película galega rodada en Vigo e estreada no ano 2001.
O seu director é o asturiano Gonzalo Tapia e a cinta está protagonizada por Marta Larralde, actriz viguesa para a cal esta película supuxo o seu debut.
Índice |
[editar] Argumento
Aviso: Esta sección pode revelar detalles da trama ou do argumento.
A película conta a historia de Lena (Marta Larralde), unha rapaza de dezaoito anos que vive no barrio portuario de Bouzas, en Vigo. Non ten unha vida nada fácil: orfa de nai, Gorrión (Manuel Manquiña), o seu pai, é un borracho eternamente en paro ou metido en trapicheos de pouca monta. Desde cativa Lena tivo que resolver os seus propios asuntos. É unha moza lista e responsable; a súa sensatez contrasta co descontrol do seu pai. Cando a mafia local lle dá unha paliza a Gorrión acusándoo de ter quedado cunha importante suma de cartos, a vida de Lena pasa a ter un único obxectivo: impedir que maten o seu pai.
[editar] Actores
Ademais da propia Marta Larralde (Lena) e Manuel Manquiña no papel do seu pai, nesta cinta participaban outros actores galegos populares coma é o caso de Luis Tosar, Eva Fernández, Luis Zahera ou Celso Bugallo.
O elenco completo é o seguinte:
- Marta Larralde (Lena)
- Manuel Manquiña (Gorrión)
- Roberto Álvarez (Milio)
- Vítor Norte (Cachero)
- Luis Tosar (Xitano)
- Luis Zahera (Antonio)
- Carlos Kaniowsky(Esteban)
- Iván Hermés (Manu)
- Antón Reixa (Fernández)
- Nuria Sanz (Mariola)
- Israel Rodríguez (Toño)
- Andrés Fraga (Sebe)
- Miguel Borines (Mecánico)
- Txepe Lara (Contacto)
- Celso Bugallo (Matón)
- Xosé Manuel Conde (Juan)
- Eva Fernández (Cindy)
- Irene García (Carmen)
- Luma Gómez (Rosa)
- Fely Manzano (Isabel)
- Luisa Martínez (Médico)
- Lidia Sabino (Silvia)
- Lois Soaxe (Camello)
- Avelino González (Ionqui)
- Josito Porto
- Santi Prego (Rapaz)
- Beatriz Campos (Rapaza)
- Maria Comesaña (Enfermeira 1)
- María Amil (Enfermeira 2)
- Xosé Vilarelle (Camioneiro 1)
- Eduardo Martínez Cunha (Camioneiro 2)
- Vicente Mohedano (Camioneiro 3)
- Vicente de Souza(Camioneiro 4)
- César Martínez (Policía 1)
- Adriano Prieto (Policía 2)
- Miro Magariños (Garda Civil 1)
- Jesús Cobian (Garda Civil 2)
[editar] Equipo técnico
- Dirección: Gonzalo Tapia.
- Axudante de dirección: José M. Benayas, Myriam Orcajo, Cora Peña e Rodrigo Sancho.
- Dirección artística: Julio Torrecilla.
- Dirección fotografía: Carles Gusi.
- Guionistas: David Múñoz, Gonzalo Tapia e Antonio Trashorras.
- Montaxe: Ángel Hernández Zoido.
- Música: José Carlos Mac.
- Produción: Piluca Baquero, Elena Manrique e Antón Reixa.
- Casting: Elena Arnao.