See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Mareas vivas - Wikipedia

Mareas vivas

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Mareas vivas

--- (Mareas vivas)
Xénero Drama, Comedia
Formato de imaxe 4:3
Duración 60 minutos por episodio
Creador(es) Antón Reixa
Director(es) Antón Reixa (1998-1999) e Emilio Mac Gregor (2000-2002)
Promotor(es) Miguel Aguiar, Ringo Rango e Zopilote
Produtor(es) executivo(s) Voz Audiovisual
Intérpretes Luís Tosar, Isabel Blanco, Luís Zahera, Camila Bossa, Miguel de Lira, Ana Santos
Opening theme Adoro Galiza interpretada por Mercedes Peón
País de orixe Galicia (España)
Emisión orixinal TVG
Tempo de emisión 11 de xaneiro de 19982002
Número de episodios 152
Web oficial

Mareas vivas foi unha serie da Televisión de Galicia creada por Antón Reixa e producida por Voz Audiovisual e Zopilote que se emitíu entre os anos 1998 e 2002. Foi o maior éxito da TVG e os personaxes das primeiras tempadas fixéronse moi populares entre a poboación galega. A teleserie fixo historia por empregar unha lingua popular, dialectamente propia do galego da Costa da Morte. Gravouse principalmente en Laxe que na serie adoptou o nome ficticio de Portozás.

A serie viuse, xa sen éxito, en Telemadrid (9 episodios) e na EiTB.

Para moitos dos seus actores, Mareas vivas foi un trampolín cara a fama en Galicia e nalgúns casos propiciou o salto ó panorama nacional. O caso máis claro é o de Luís Tosar.

Índice

[editar] Argumento e tramas

Mareas vivas reflicte a realidade dun pobo mariñeiro galego situado na Costa da Morte.

Aínda que o protagonismo recaía nas primeiras tempadas principalmente nos personaxes de Andrés (Luís Tosar) e María (Isabel Blanco), trátase dunha serie coral, cun elenco amplio, e que puido sobrevivir bastante tempo nas pantallas dende a marcha dos dous citados personaxes.

Aínda que moitas das amenas historias que se nos contan nesta serie son dun claro e marcado carácter costumista e enxebre (temas de naufraxios mariñeiros, disputas polas propiedades das terras, lendas relixiosas ou históricas, enfrontamentos cos da vila do lado...), algunhas das tramas máis importantes e que mantiveron en desacougo durante semanas ós espectadores de "Mareas vivas" teleserie foron temas moito menos alegres.

Algunhas das máis importantes foron:

[editar] Suso Maroto e a organización

[editar] Belinda e a mafia

[editar] A morte de dous amigos

[editar] O timo de Viriato e Odilo

[editar] Emprazamentos e lugares

Malia que a maioría das escenas de Mareas vivas foron rodadas en Laxe (Portozás na serie), outras moitas localidades galegas foron tamén protagonistas das gravacións de moitos dos momentos cumbre da serie, como a rodaxe do rescate de Iria no porto de A Coruña, ou moitos outros momentos en Corme (Cormelle na serie). Os veciños de Cabana tamén puideron ser testigos da gravación de Mareas vivas.

[editar] Intérpretes e personaxes

Estes son todos e cada un dos protagonistas principais da serie ó longo dos seus 5 anos de vida:

Canso da súa vida na Coruña, Andrés decide aproveitar a oportunidade que se lle presenta ó ser elixido para ocupar unha praza vacante como xuíz nunha pequena vila mariñeira chamada Portozás. Acaba casando con María pero todo empeza a complicarse cando marchan para Bruxelas e acaban divorciándose.
Despois de que o seu marido desaparecera no mar hai dous anos, María tívose que facer cargo ela soa da súa filla Iria. As dúas viven nunha casiña ás aforas da vila. Chega a casar con Andrés e mesmo marcha xunto a el cando este vaise traballar para Bruxelas, pero acaba voltando e divorciándose del, casando tempo despois con Viriato.
Tempo atrás traballara nas plataformas e por iso todo o mundo lle chama Petróleo. Agora é o dono do bar da confraría de pescadores. É moi amigo de contar as moitas historias que vivíu na súa época de mariñeiro pero os seus amigos nunca lle cren nin palabra. Ten un barco de pesca chamado o Cazador, no que traballa con Mangüi. É o novo alcalde de Portozás despois de que Celia marche da vila.
Chegou a Portózas fuxindo dunha mafia que lle obrigaba a traballar nunha barra americana. Despois de solucionar a situación acaba casando con Petróleo, co que ten unha filla chamada Carmiña. É da República Dominicana.
É a médico de Portozás. Ela é de Vigo e espera que lle dean alí a praza fixa que tanto ansía. Ó final queda en Portozás pero cando Xurxo marcha, ela vaise con él.
É a alcaldesa de Portozás. Son típicos os enfrontamentos entre ela e Couto, pois a alcaldesa non quere que o empresario se faga con todo o control da vila, mais parece que a súa enemistade tamén ven por cousas que aconteceron no pasado. Ten unha sobriña chamada Ana. Cando marcha de Portozás é substituída no seu cargo por Petróleo.
É o cacique da vila. É armador e construtor e case sempre consegue o que el quere. Os seus maiores propósitos son amolar a Celia e intentar facerse co varadoiro de Puntazás.
É o fillo de Ramón Couto. Estudou Dereito en Santiago de Compostela e agora exerce como avogado picapreitos en Portozás. É un fanático dos ovnis e dos misterios do máis alá. Desgraciadamente morre electrocutado na bañeira da súa casa.
  • María Louro: Paula Couto (1998-2002)
É a filla pequena de Ramón Couto e a irmá de Ladislao. Sempre lle leva a contra ó seu pai porque pensa que a súa forma de facer negocios, estafando e aproveitándose da xente, non está nada ben. Traballa na radio local e, posteriormente, na televisión da vila.
Currás é un percebeiro furtivo da zona. Sempre dí que os seus percebes "son coma puños". Lévase mal con Taracido pois este sempre lle está a amolar e moitas das veces denúncianse un o outro. Ó que máis medo lle ten no mundo son ós esquimós. Acaba morrendo afogado ó salvarlle a vida a Taracido. Evaristo ten un curmán chamado Víctor que é cuspidiño a el.
  • Xaquín Caamaño "O Platero": Arturo Vidal "Mangüi" (1998-2002)
Mangüi é o mellor amigo de Petróleo. No pasado tivera problemas coas drogas pero logrou deixar esa época atrás e agora traballa con Petróleo no Cazador. Tivo unha relación con Aurea, profesora no instituto da vila.
É a sobriña de Celia. Traballa na radio con Paula e Chano. É unha persoa un pouco atolada e moitas das veces acaba mentendo, a ela e mailos seus amigos, en problemas.
É o curmán de Manghüi. Traballa na radio con Paula e Ana. Consegue un traballo como periodista nun xornal de Santiago e acaba marchando para alá.
O párroco da vila, don Amancio, é un cura moi moderno sempre disposto a axudar ós demáis. O seu mellor amigo é Florencio. Logo de ter un accidente de coche con Petróleo e quedar nunha cadeira de rodas, decide cambiar de aires e marchar a Vigo para facerse cargo dunha parroquia da zona.
  • Paco Campos: Florencio Quintela (1998-1999)
Don Florencio é o mestre de Iria e Fito. É un home de mediana idade moi intelixente e culto. Mantén con Amancio unha constante rivalidade xa sexa por ver quen é o mellor xogando ó xadrez ou o mellor pescador de troitas, aínda que no fondo son moi bos amigos. É substituído por Xurxo cando é ascendido a director da escola Neira Castro.
É o novo mestre dos rapaces. Ó primeiro non aturaba a idea de ser substituto nunha vila coma Portozás pero co tempo acaba sendo un máis entre a xente. Ó final acaba marchando a Mozambique, acompañado por Berta, para rematar a súa tese de doctorado.
  • Santiago Romay: Fito (1998-2002)
É o mellor amigo de Iria. É o típico estudante con malas notas e moi popular entre os seus compañeiros. Sae con Laura.
  • Patricia Fernández Aufiero: Iria Maroto Ares (1998-2002)
É a filla de María e Suso. O seu mellor amigo é Fito.
É a moza de Fito e amiga de Iria. Ó rematar o instituto acaba traballando como camareira no Petróleo para sacarse uns cartiños.
Dani convértese no fillo adoptivo de Andrés logo da repentina morte do seu pai. É un pouco maior que Fito e Iria.
Elena chega dende Barcelona logo da morte do seu pai para facerse cargo do varadoiro que lle deixara en herdanza. Depois de moitos problemas cos bancos e de intentar por tódolos medios que a situación económica do varadoiro de Puntazás mellorase, Helena decide, con certa tristura, desfacerse del e voltar para Barcelona.
É o sustituto de Andrés cando este marcha para Bruxelas. É un xuíz novato e con pouca man dura. Tras diferentes problemas no traballo acaba collendo a baixa por depresión e vaise a virir para os cantís nunha autocaravana. O seu mellor amigo é Anselmo.
Rosa é unha mariñeira con moita experiencia. Acaba vivindo nos cantís con Carlos e sendo elixida como patroa maior da confraría de pescadores.
É a nova xuíza e substituta de Carlos. Lévase moi ben con Pitusa e incluso acaban vivindo xuntas.
  • Ana Santos: María Xesús Seoane "Pitusa" (1998-2002)
É a secretaria do xulgado. É moi disciplinada no seu traballo. Estivo a piques de casar con Currás.
Igual ca Currás, Taracido é un percebeiro furtivo. Calquera motivo é bo para amolar a Currás, xa sexa por problemas cos percebes ou polas propiedades das terras. Está casado con Concha.
  • Amelia Rodríguez: Concha (2001)
É a muller de Francisco Taracido.
É medio irmán de Francisco Taracido.
  • Rebeca Montero: Mónica (1998)
É a antiga compañeira sentimental de Andrés.
Melgacho é un vello e sabio mariñeiro. Toda canta historia hai e coñecida por Melgacho. Toda a xente pensa que é moi bo conselleiro mais o único que el fai e falar do que máis lle gusta no mundo: o mar.
  • Marcos Viéitez: Suso Maroto (1998-1999)
É o home de María, desaparecido hai anos nun naufraxio de dado oficialmente por morto.
É un temido avogado que leva o caso de Maroto. Planea e coordina o secuestro de Iria.
  • Miguel Varela: Hadrián (1999-¿?)
É un veterano traballador do varadoiro de Puntazás.
É un mariñeiro que anteriormente traballara no varadorio de Puntazás.
É a compañeira sentimental de Carlos cando chega a Portozás.
É o médico que substitúe a Berta. O seu mellor amigo é Carlos co que comparte a paixón polas aves.
É o novo cura de Portozás trala marcha de Don Amancio.
É un sofisticado avogado que engana a María para quitarlle os cartos á xente. Ó final arrepíntese de todo o mal feito e trama un plan para traizonar ó seu xefe Odilo e recuperar o diñeiro de todos.
É un novo locutor de Radio Portozás.
  • César "Goldi": Lisardo Montes (2002)
Coñeceu a Viriato na cadea e as marabillas que este lle contou sobre Portozás foron as que lle fixeron decidirse ir vivir para a vila. Acaba atopando un traballo como encargado da limpeza.
  • López Baño "Tanas": Manolo (2002)
É un membro da Garda civil e mozo de Loli.
  • Adrián Búa: Lois
É amigo e compañeiro de moitas das trasnadas de Fito.
  • Nunci Valcárcel: Loli
É caixeira do supermercado. Caracterízase por ser moi cotilla e estar sempre pendente da vida dos demais.

[editar] Lista de episodios

A teleserie Mareas vivas conta cun total de 152 episodios divididos en 10 tempadas.

Artigo principal: Lista de episodios de Mareas vivas

[editar] Ligazóns externas

Outras linguas


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -