See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Manuel Lourenzo - Wikipedia

Manuel Lourenzo

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Manuel Lourenzo, nado en Ferreira do Valadouro o 15 de marzo de 1943, é un actor, dramaturgo, director teatral, conferenciante, tradutor galego, e dinamizador de diferentes iniciativas teatrais.

Índice

[editar] Datos biográficos

Manuel Lourenzo cursou estudos de Maxisterio. Entre 1962 e 1964, viviu en Alemaña. Volta a Galiza e, en 1965, crea na cidade da Coruña (xunto con Francisco Pillado) o Grupo de Teatro O Facho, grupo ligado á Agrupación Cultural O Facho e que marca, a xuízo de autores como Laura Tato Fontaíña ou Manuel Fernández Vieites, o inicio do Teatro Indenpente Galego. En 1967, funda o Grupo de Teatro Circo (1967-1976), o cal é de vital importancia dentro da Historia do Teatro Galego. Co Teatro Circo, acudirá ás Xornadas de Teatro de Pontevedra de 1971 e mais ás Mostras de Teatro Abrente de Ribadavia (1973-1980), citas de necesaria referencia dentro do contexto do Teatro Independente. En 1978, funda, outra con Francisco Pillado, a Escola Dramática Galega, e codirixe con este autor os Cadernos da Escola Dramática Galega, os cales viron nacer ao seu ábeiro personalidades do noso teatro como Xesús Pisón, Miguel Anxo Fernán-Vello, Henrique Rabunhal,...

En 1979 publica, igualmente en coautoría con Pillado Mayor, a monografía O Teatro Galego, libro pioneiro e aínda de referencia aínda hoxe en día dentro do ámbito do estudo da dramática.

Por outra parte, en 1980 crea a Compañía Teatral Luís Seoane e, en 1981, recibe con Pillado un premio outorgado pola Aula de Teatro da Universidade de Compostela, outorgado a raíz dun traballo sobre o teatro de Luís Seoane. Tamén en 1981, e tamén con Francisco Pillado Mayor, funda a editorial Castrodouro.

No ano 1990, crea o Clube de Teatro Elsinor, en 1995 saca á luz (tamén con Pillado Mayor) a colección Cadernos de Teatro.

En 1997 recibiu o Premio Nacional de Literatura Dramática, por Veladas indecentes.

No ano 1998, xunto con Santiago Fernández, crea a escola teatral Casahamlet, a cal rexenta actualmente.

[editar] Obra

[editar] Obra de creación

Autor de aproximadamente 150 obras dramáticas, o seu teatro volta aos temas da traxedia grega para denuciar situacións históricas (como o franquismo, a transición,...). Laura Tato Fontaíña destaca o seu interese polas figuras femininas que cumplen o rol da femme fatale e polas pezas de mulleres apaixonadas, no medio dunha mestura entre nostalxia, humor e fantasía. Concibiu tamén obras dramáticas nas que se ironiza con aspectos teóricos da dramática. Algunhas das súas obras máis destacadas son:

  • Romería ás Covas do Demo (1969)
  • Tres Irmáns Parvas (1969)
  • Crónica do Sol de Inverno (1971)
  • Erros e Ferros de Pedro Madruga(1972)
  • Traxicomedia do Vento de Tebas Namorado dunha Forca (1978)
  • Todos os Fillos de Galahad (1978)
  • As Criadas (1980)(espectáculo)
  • Últimas Fasquías de Setembro (espectáculo)
  • Liturxia de Tebas (espectáculo)
  • Fedra (1982)
  • Electra (1994)
  • Magnetismo (1996)
  • Veladas Indecentes (1996)
  • Lionel. O Malestar do Benestar (1998).
  • Insomnes (publicado en 2004)

[editar] Obra ensaística

Manuel Lourenzo é tamén autor de libros e artigos teóricos sobre o teatro galego. Os máis destácabeis son:

[editar] Premios

Durante a súa carreira, Manuel Lourenzo colleitou numeorosos premios literarios e teatrais. Estes son:

  • Concurso Breogán de Contos en Lingua Galega (1971, 1972, 1975).
  • Concurso/ Premio de Teatro Infantil O Facho (1975, 1979, 1981, 1986, 1988).
  • Premio Aula de Teatro da Universidade de Santiago de Compostela (1977, 1981).
  • Premio Abrente (1978)/ Mención de honra no Premio Abrente (1980).
  • Premio de Poesía Cidade da Coruña (1980).
  • Premio Nacional do Disco (1981).
  • Premio O Facho de Poesía (1982).
  • Premio Celso Emilo Ferreiro de Poesía (1982).
  • Premio Artur Carbonell (1983).
  • Festival Interncional de Teatro de Ribadavia (1984, mellor dirección).
  • Premio da Sociedade Filantrópico-Dramática de Ribadeo (1984).
  • Premio Concello de Xove (1984).
  • Premio Teatro de Cámara Ditea (1985).
  • Festival de Teatro Cómico e Festivo de Cangas (1986, 1990).
  • Certame Galego de Teatro Xuventude (1991)/ Segundo Premio en 1996.
  • Premio de Narrativa Pub Combo (1992).
  • Premio Xeración Nós de Ferrol (1993).
  • Finalista do Concurso de Obras Teatrais Inéditas "No Camiño" (1993)/ Accesit en 1994.
  • Premio de Teatro Rafael Dieste (1996, 1999).
  • Premio Nacional de Literatura Dramática (1997).
  • Pedrón de Ouro (2001).
  • Premio Nacional de Artes escénicas (2008)

[editar] Véxase tamén

[editar] Ligazóns externas


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -