Manuel Fernández Vieites
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Manuel Fernández Vieites naceu en Lorbé (A Coruña), en 1956. É licenciado en Filoxía Xermánica e doutor en Filosofía e Ciencias da Educación pola Universidade de Santiago de Compostela. A partir de 1980, comezou a desenvolver un grande labor como animador teatral, actor, director e estudoso da dramática galega. Entre os seus lgros, figura o Taller de Teatro da Escola Popular de Corcubión, a Aula de Teatro da Escola de Profesorado da EXB de Pontevedra (1986-1989), ser o director e mais un dos fundadores dos grupos de teatro infantil Katakrok e Kalandraka, dirixir dous espectáculos (en 1985 e 1986) coa compañía Teatro de Ningures, formar parte dos Consellos de Redacción da Revista Galega de Teatro e da revista ADE-Teatro, dirixir as publicacións Ensaio e do Anuario Galego de Estudos Teatrais, ser profesor da Universidade de Vigo, dirixir o I.E.S. Politécnico de Vigo ou participar na edición da Biblioteca de Teatro que puxo en marcha a Editorial Galaxia en 2004.
Desde 1996 forma parte da Asociación de Directores de Escena de España e, actualmente, é o director da Escola Superior de Arte Dramática de Vigo.
[editar] Obras
Manuel F. Vieites é un destacado estudoso do teatro galego. Entre as súas obras máis salientábeis, figuran: