Padre Casares
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Padre Casares é unha serie galega estreada no ano 2008. Dirixida por Jorge Coira, escrita por Carlos Portela e producida por Voz Audiovisual, emítese con éxito os martes pola noite na TVG desde o 15 de xaneiro.
Índice |
[editar] Argumento
Esta produción está protagonizada por Horacio Casares, un moderno sacerdote recén saído do seminario que chega á vila de Louredo, un concello mariñeiro de 1000 habitantes, en substitución de don Amancio, un cura vello e que levaba toda a vida ó cargo da parroquia. Esta situación traeralle algúns problemas de adaptación que se narran ó longo dos 13 episodios da primeira tempada da serie, actualmente en emisión.
[editar] Reparto
- Pedro Alonso (Padre Horacio Casares)
- Tuto Vázquez (Don Crisanto)
- Mercedes Castro (Amelia)
- Tacho González (Sindo)
- Xosé Manuel Olveira "Pico"
- Antonio Durán "Morris" (Delmiro)
- Avelino González (Miñato)
- Federico Pérez (Josito)
- María Tasende
- María Vázquez (Iria)
- Fina Calleja (Moncha)
- Patricia Vázquez (Lidia)
- Mon Santiso
- Ana Santos
- Álex Carro (Santi)
- Eva Fernández (Maite)
[editar] Equipo técnico
- Dirección: Jorge Coira
- Guión: Carlos Portela
- Produción executiva: Alfonso Blanco
- Dirección de arte: Antonio Pereira
- Dirección de produción: Ana Míguez
- Script (continuista):Ozo
- Microfonista: Martiño Lois Mendez
[editar] Episodios
- 1.1. O milagre de Santo Antoniño de Louredo (15 de xaneiro de 2008)
- 1.2. Onde dous ou tres reúnense no meu nome (22 de xaneiro de 2008)
- 1.3. Un toque de cor (29 de xaneiro de 2008)
- 1.4. O segredo está nas formas (5 de febrero de 2008)
- 1.5. Santo Antonio Peregrino (12 de febreiro de 2008)
- 1.6. A voda do ano (19 de febreiro de 2008)
- 1.7. Confianza (26 de febreiro de 2008)
- 1.8. Amador, o apóstata (4 de marzo de 2008)
- 1.9. Josito ten praza (11 de febreiro de 2008)
- 1.10. Elsa in love
- 1.11. Delmiro contra todos
- 1.12. Cuestión de fe
- 1.13. Lembranzas