María Vázquez
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
María Vázquez é unha actriz galega nacida en Vigo (Pontevedra) o 19 de marzo de 1979.
Índice |
[editar] Biografía
A pesar da súa xuventude, María Vázquez participou en multitude de películas e series de televisión, tanto con intervencións como con varios personaxes fixos.
Intérprete que comezou a súa carreira profesional arredor de 2000. Desde entón ten desenvolvido un intenso traballo actoral en España, aínda que con vinculación menor a Galicia. Ten aparecido en longametraxes cinematográficas de proxección, ás ordes de directores tan coñecidos como Montxo Armendáriz ou Icíar Bollaín. Outro ámbito no que ten desenvolvido interpretación é a pequena pantalla, con papeis en series de TVE 1, Antena 3, Tele 5 e da TVG.
[editar] Películas
- San Bernardo (2000), de Joan Potau. Como Recepcionista.
- Silencio Roto (2001), de Montxo Armendáriz. Como Sole.
- Deseo (2002), de Gerardo Vera. Como Raquel.
- El año de la garrapata/ O ano sa carracha (2004), de Jorge Coira. Como Patricia.
- A golpes (2005), de Juan Antonio Córdoba. Como Vicky.
- La noche del hermano (2005), de Santiago García de Leániz. Como María.
- La dama boba (2006), de Manuel Iborra. Como Clara.
- Mataharis (2007), de Icíar Bollaín. Como Inés.
[editar] Curtametraxes
- Postales de la India (2000), de Juanjo Díaz Polo. Como Gloria.
[editar] Televisión
[editar] Personaxes fixos
- Raquel busca su sitio (2000). Como Rosa. La Primera de TVE.
- Fíos (2001). TVG.
- La vida de Rita (2003). Como Berta. La Primera de TVE.
- Al filo de la ley (2004). Como Olga. La Primera de TVE.
- Padre Casares (2008-). Como Iria. TVG.
- Hospital Central (2008-). Como Trini. Telecinco.
[editar] Personaxes episódicos
- Al salir de clase (1998). Varios capítulos. Telecinco.
- Compañeros (2000). Como Alba (2 episodios). Antena 3.