Jorge Coira
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Jorge Coira é un director de cine e guionista galego nacido en Rábade (Lugo) en 1971.
Comezou a mediados dos anos 90 facendo curtametraxes nas que contou coa participación de actores como Luis Tosar, Isabel Blanco, María Bouzas, María Pujalte, Manuel Olveira "Pico" ou o dúo Mofa e Befa.
En 2002 filma a súa primeira longametraxe, unha TV-movie chamado Entre bateas, un drama protagonizada por Miguel de Lira. O seu seguinte proxecto cinematográfico sería a película O ano da carracha, unha produción na que contou cun reparto con multitude de actores galegos e tamén do panorama nacional.
En televisión traballou en varios proxectos da Televisión de Galicia: series de ficción como Terra de Miranda, As leis de Celavella ou documentais como Vida nas mareas ou Chunda Chunda entre outros.
Como actor participou na curtametraxe Antonio, Jorge y Luís (1998), de Beatriz Santana e Miguel Asensio, xunto con Luis Tosar e Antonio Pereira.
Índice |
[editar] Filmografía
[editar] Curtametraxes
- As Xoias da Señora Bianconero (1994)
- Contos de Alentraia: Tornabón (1994)
- Gran liquidación (1995)
- O Matachín (1996)
- ¿A ti como se che di adeus? (1999)
[editar] Longametraxes
[editar] Premios
- Premio “A Coruña... de cine” 1994 concedido polo Concello da Coruña ó mellor guión por Gran Liquidación.
- Premio do FEstival Internacional de Cine de Ourese á mellor curtametraxe por O matachín.
- Premio Velvet por O matachín.
- Premio do público na III Mostra de Curtmetratges de Vilafranca (1998).
- Premio AGAPI 2000 ó mellor documental por Chunda Chunda.
- Premio Mestre Mateo 2004 á mellor dirección por O ano da carracha.