Beatriz Santana
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Beatriz Santana é unha actriz, directora e guionista galega nacida na Coruña en 1965. É filla do famoso tenista Manolo Santana e da galega Fernanda Dopeso.
Entre 1994 e 1995 estudou na Escola de Letras de Madrid, e ó ano seguinte formouse na Escola de Imaxen e Son da súa cidade natal.
Ten traballado como actriz en series de televisión nacionais destacando o seu papel fixo durante varios anos na serie Al salir de clase. En cine rodou ás ordes de directores coma Carlos Romero Marchent José Luis Garci ou o galego Gustavo Balza.
Precisamente en Galicia traballou como guionista de varias das series da TVG como Terra de Miranda ou a existosa A vida por diante e rodou a TV-movie Secuestrados en Xeorxia (2003) que lle valeu unha nominación á mellor intepretación feminina protagonista nos Premios Mestre Mateo 2003.
Tamén conta cunha importante experiencia teatro. O último esectáculo no que participou ata o momento foi Misterioso asesinato en Manhattan, en 2007,xunto a Enrique San Francisco, Raúl Cimas entre outros.
Índice |
[editar] Filmografía
[editar] Como actriz
[editar] Cine
- Oficio de muchachos (1986), de Carlos Romero Marchent. Como Maite.
- Huidos (1993), de Sancho Gracia.
- La Lola se va a los puertos (1993), de Josefina Molina. Como Rocío.
- Cautivos de la sombra (1994), de Javier Elorrieta. Como Maika.
- Apatruyando la ciudad (1995), de Juan Lesta.
- La herida luminosa (1997), de José Luis Garci. Como Julia.
- Amaneció de golpe (1998), de Carlos Azpúrua. Como Paloma.
- Inmaculada (1999), de José Luís Ducid.
- Secuestrados en Xeorxia (2003), de Gustavo Balza. Como Bea.
[editar] Televisión
- Segunda Enseñanza (1986), de Pedro Masó.
- Gatos en el tejado (1988), de Alfonso Ungría.
- Muerte a destiempo (1989), de Javier Maqua.
- Sara y Punto (1990)
- Para Elisa (1993), de José Antonio Arévalo y Pascual Cervera.
- Una gloria nacional (1993), de Jaime de Armiñán.
- ¡Ay, Señor, Señor! (1994), de Julio Sánchez Valdés.
- Vecinos (1994), de Juan Julio Baena.
- Hermanos de leche (1994), de Miguel Ángel Ibáñez.
- Compañeros (1998), de Manuel Ríos San Martín.
- Al salir de clase (1998-2000), de Pascal Jongen.
- Fuera de control (2006), de Pablo Barrera.
[editar] Teatro
- Métele caña
- Un espíritu burlón
- Todo en el jardín (2003)
- Por amor al arte (2003)
- Donde pongo la cabeza (2006)
- Misterioso asesinato en Manhattan (2007)
[editar] Como guionista
[editar] Cine
- ¿A ti como se che di Adeus? (1997) (curtametraxe)
- Todo lo feliz que se puede ser (1998) (curtametraxe)
- Antonio, Jorge y Luis (1998) (curtametraxe)
- Antonio, Jorge y Luis se casan (2001) (curtametraxe)
- Todabia (2003)
- Promedio Rojo (2004)
- Alguén externo (2006)
[editar] Televisión
- Al salir de clase (2000)
- Caso de corte (2001) (TV-movie)
- La luz apagada (2001) (TV-movie)
- Terra de Miranda (2002)
- Miña sogra e máis eu (2005)
- A vida por diante (2006)
[editar] Ligazóns externas
- Baatriz Santana na base de datos da Internet Movie Database
- Axencia Audiovisual Galega
- Consello da Cultura Galega