See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Internet Movie Database - Wikipedia

Internet Movie Database

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

A Internet Movie Database (IMDb) (en galego: Base de Datos de Películas en Internet) é unha base de datos en liña con información sobre directores, produtores, actores, películas, programas de televisión, videoxogos e case todo o relacionado coa industria fílmica privada e independente. Propiedade de Amazon desde 1998, IMDb celebrou o seu decimoquinto aniversario o 17 de outubro de 2005.

Índice

[editar] Breve descrición de IMDb

IMDb contén unha exhaustiva lista de películas e programas de televisión de todo o mundo, incluíndo resumos, imaxes, cuestionarios, erros, curiosidades e datos comerciais. Tamén recolle novas, aínda que estas case exclusivamente relacionadas co ámbito estadounidense.

Os foros de IMDb son comentarios do público e preguntas sobre películas, os seus gustos ou desagrados. Por políticas explícitas de contido os moderadores eliminan as mensaxes que se consideran ofensivos. Desde abril de 2005, o uso do foro está restrinxido ós socios de IMDb.

Aproximadamente o día 20 de febreiro de 2007 cámbiase o deseño de portadas para as películas. [1]

IMDb ten unha páxina irmá chamada IMDB Pro, unha base de datos máis complexa que a básica que necesita unha suscrición de pago. IMDb Pro diferénciase en que dispón de miles de contactos de persoas e empresas ligadas á industria cinematográfica norteamericana, así coma información de casting. A diferencia do IMDb tradicional en IMDb Pro as películas de fala non-inglesa aparecen cos seus respectivos títulos traducidos. Sen embargo, é posible consultar películas polos seus títulos traducidos sen utilizar a versión de pago mediante esta página.

Calquera usuario rexistrado pode subministrar información á páxina, aínda que esta non se fai visible de xeito inmediato, senón que é revisada e pasa un tempo ata que aparece na web. Tamén se ofrece a posibilidade de puntuar as películas, programas etc.

[editar] Historia

No ano 1990 Col Needham deseñou un arcaico sistema de busca para os inxentes listados que se estaban elaborando no grupo de Usenet “rec.arts.movies.” Así, o 17 de outubro de 1990 marca o comezo da historia da Internet Movie Database, aínda que o sitio web tardaría tres anos en chegar e seis en adoptar o seu nome definitivo. Col Needham viu en 1995 que tras aquel sitio, o primeiro da rede dedicado ó cine, había moito futuro; así que deixou o seu traballo e converteu IMDb en empresa.

Só haberían de pasar tres anos para que Jeff Bezos, fundador de Amazon.com, vira na base de datos cinéfila por excelencia a posibilidade de expandir o seu negocio cara ó sétimo arte. Desde aquel momento a IMDb viviu como mera espectadora, baixo o paraugas de Amazon.com, unha forte crise económica do sector durante os primeiros 2000. Na actualidade a IMDb é un punto de referencia para todos os internautas en termos de cine (e televisión) e un lugar obrigado para promocionar as grandes estreas de Hollywood.

[editar] Faltas

Aínda que a IMDb semella recompilar a absoluta totalidade de películas producidas no mundo, detectáronse algunhas ausencias, debidas quizais á escasa trascendencia das mesmas e/ou a que son os propios usuarios rexistrados quen aportan información nova en moitas ocasións. Sobre todo hai carencias no mundo da curtametraxe e producións non anglosaxonas, aínda que a inmensa maioría de longametraxes mundiais están na web. Ademais, hai profesionais que aparecen por duplicado por seren creados dúas veces con pequenas variacións no nome. No caso español e galego isto adoita ser frecuente polo uso ou non dos tiles.

No eido galego, faltan algunhas curtametraxes e programas de televisión, o que non quita para que se recollan multitude de producións e profesionais e que se trate dunha base de datos moi valiosa tamén no relativo á produción audiovisual galega.

[editar] Ligazóns externas


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -