Hospital Central
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Hospital Central é unha serie española emitida por Telecinco desde o ano 2000 e que actualmente prepara a súa decimocuarta temporada.
Índice |
[editar] Argumento
Desde a súa estra o 30 de abril de 2000, lévanse emitidos 200 capítulos, sendo as últimas temporadas as que acadaron os mellores resultados de audiencia.
A serie narra as historias dun hospital madrileño mesturando as tramas médicas coas persoais protagonizadas polos profesionais que traballan no centro médico. Ademais do elenco protagonista, en cada episodio hai varios actores invitados que adoitan protagonizar as tramas médicas.
[editar] Reparto
Nos seus inicio estaba protagonizada por Sergi Mateu (Santiago) e María Casal (Elisa), que xa non seguen na serie. Completaban o reparto da primeira temporada Ángel Pardo (Rusti), Lola Casamayor (Cecilia), Rosa Mariscal (Andrea), Chusa Barbero (Susana), Jesús Cabrero (Mario), Reyes Moleres (Diana), Diana Lázaro (Leonor) e os os actores que aínda seguen formando parte do elenco na actualidade: Jordi Rebellón (o famoso doutor Vilches), Antonio Zabálburu (Javier), Fátima Baeza (Esther), Marisol Rolandi (Teresa) e Ángel Rouco (Diego). Xunto a eles, forman o reparto actual Patricia Vico (Maca), Roberto Drago (Héctor), Nacho Fresneda (Aimé), Jesús Olmedo (Carlos), Beatriz Segura (Mónica), Iván Sánchez (Raúl) e Elia Galera (Claudia).
En temporadas intermedias foron actores fixos da serie Diana Palazón (Laura), Alicia Borrachero (Cruz), Lola Marceli (Paula), Paulina Gálvez (Ana), Amaia Lizaralde (Cristina), Alicia Bogo (Eva), Armando del Río (Fran), Marco de Paula (Rober), Merce Llorens (Begoña), Leticia Dolera (Miriam), ou Luis Marco (Dávila) entre outros.
Tamén houbo cameos de multitude de actores e artistas coñecidos entre os que podemos citar a Pilar Bardem, Fernando Guillén, Óscar Jaenada, Elsa Pataky, Ruth Núñez, Alberto Jiménez, Mariví Bilbao, Lolita Flores, Agustín González, José Luis López Vázquez, Paloma e Fernanda Hurtado, Miguel Ángel Muñoz, Yohana Cobo, Remedios Cervantes, María Isbert, Eva Isanta, Fran Perea, José Ángel Egido, Luis Merlo, Chenoa, Emma García, Julieta Venegas, Llum Barrera, Jorge Sanz, Silvia Tortosa, Fiorella Faltoyano, Isabel Prinz, Carmen Rossi, Cesáreo Estébanez, Guillermo Montesinos, Luisa Martín, Amparo Climent, Sancho Gracia, Emma Suárez, Julieta Serrano e Asunción Balaguer entre outros moitos.
[editar] Hospital Central e Galicia
- En 2005 rodouse un episodio na localidade lucense de Quiroga, onde se desenvolvía unha trama protagonizada por Roberto Drago (Héctor) e a actriz galega Camila Bossa. Tamén o actor galego Nacho Castaño colaboraba nese episodio (Noticia).
- A actriz viguesa Marta Larralde interpretou un personaxe fixo secundario (Luna) durante unha temporada completa de Hospital Central. Tamén Víctor Mosqueira interpretou un personaxe de continuidade en varios episodios e a ourensá Myriam Gallego fíxoo na decimocuarta tempada. Na actualidade, María Vázquez interpreta tamén un papel secundario.
- Os actores galegos Carlos Blanco, Paco Campos, Mariana Carballal, Sonia Castelo, Monti Castiñeiras, Belén Constenla, José Ángel Egido, Tacho González, Pilar Pereira, Xosé Manuel Olveira "Pico", Marcos Orsi, Santi Romay, Gonzalo Uriarte, Luis Zahera, Berta Ojea, Patricia Vázquez entre outros partiparon con personaxes capitulares na serie.
- En xuño de 2007 rodaron en Ourense escenas para dous episodios da decimocuarta temporada da serie (Noticia) emitidos en outubro do mesmo ano e un dos cales levaba por titulo A Ribeira Sacra. A trama estaba protagonizada por Jordi Rebellón (Vilches) e tamén colaboraron actores galegos como Abelardo Gabriel, Tegra Vázquez, Cristina Pascual, Fernando Dacosta e Xavier Estévez.