Gonzalo Uriarte
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Gonzalo Uriarte é un actor galego nado na Coruña en 1952.
Popular pola súa participación en series da Televisión de Galicia como Pratos Combinados ou Libro de familia, ten participado noutras moitas series galegas e de ámbito estatal.
En cine destaca a súa participación en películas como A lingua das bolboretas (1997), de José Luis Cuerda; O lapis do carpinteiro (2003), de Antón Reixa; Trece badaladas (2003), de Xavier Villaverde e mesmo unha pequena colaboración na exitosa El laberinto del fauno (2006), de Guillermo del Toro.
Conta así mesmo cunha ampla experiencia teatral e tamén ten traballado como actor de dobraxe.
Índice |
[editar] Filmografía
- Reflexos (1982), de Carlos Amil (curtametraxe).
- Tacón (1982), de Xavier Villaverde. (curtametraxe).
- Gallego (1988), de Manuel Octavio Gómez.
- Continental (1990), de Xavier Villaverde.
- Un Café de ollos verdes (1992), de Antonio F. Simón.
- Edipo e Techné (1997), de Ignacio Vilar.
- La Novia de medianoche (1997), de Antonio F. Simón.
- A lingua das bolboretas (1997), de José Luis Cuerda.
- Tierra de fuego (1999), de de Miguel Littin.
- Sei quen es (2000), de Patricia Ferreira.
- Ciclo (2002), de David e Tristán Ulloa.
- Trece badaladas (2003), de Xavier Villaverde.
- O lapis do carpinteiro (2003), de Antón Reixa.
- Ipso facto (2003), de Manuel Pena.
- Secuestrados en Xeorxia (2003), de Gustavo Balza.
- Lobos (2004), de Dani de la Torre.
- Para que non me esquezas (2005), de Patricia Ferreira.
- Os mortos van ás présas (2006), de Ángel de la Cruz.
- El laberinto del fauno (2006), de Guillermo del Toro.
- O coleccionista (2006), de Xosel Díez (curtametraxe).
[editar] Televisión
- O Campo de atrás (1987), de Manuel Pombal. TVG.
- Os Outros feirantes (1989), de Xosé Cermeño e Antón Dobao. TVG.
- Castelao, sinfonía de un esqueleto (1988), de Domenech Font. TVG.
- Lembrando a Xelmirez (1989), de Rafael de la Cueva. TVE.
- Morosos varios (1990), de Roberto Vidal Bolaño.
- Máis Ozono (1990). TVG.
- Memorias dun parado (1991), de Antonio F. Simón. TVG.
- A familia Pita (1997) (episódico). TVG.
- Pratos combinados (1995-2001). TVG.
- Mareas vivas (1999-2000), de Emilio McGregor e Chema Gagino (varios episodios). TVG
- Galicia Express (2001). TVG.
- Sant'Antonio di Padova (2002), de Umberto Marino.
- Pequeno Hotel (2002). TVG.
- As leis de Celavella (2003), de Jorge Coira. TVG.
- Avenida de América (2003). TVG.
- Hospital Central (2003) (episódico). Telecinco.
- El comisario (2004) (episódico). Telecinco.
- Pepe Carvalho (2004) (episódico). Telecinco.
- Libro de familia (2005). TVG.
[editar] Teatro
[editar] Compañía Troula
- O velorio (1978), dirixida por Antonio F. Simón.
- Anastas ou a orixe da Constitución de Juan Benet (1979), dirixida por Antonio F. Simón.
- Pedro Madruga, Conde Camiña, Señor de Soutomaior (1980), dirixida por Antonio F. Simón.
[editar] Centro Dramático Galego
- Woyzek (1984), dirixida por Xulio Lago.
- Caderno de Bitácora (1985), dirixida por Antonio F. Simón.
- O enfermo imaxinario (1986), dirixida por Eduardo Alonso.
- As tres irmás (1987), dirixida por X. M. Rabón.
- Un Refaixo pra Celestina (1993), dirixida por Antonio F. Simón.
- Lugar (1999), dirixida por Antonio F. Simón.
- Xelmírez ou a gloria de Compostela (1999), dirixida por Roberto Vidal Bolaño.
- A burla do galo (2000), dirixida por Xan Cejudo.
- Calígula (2000), dirixida por Manuel Guede.
[editar] Produccións Noroeste
- Medea (1987), dirixida por Eduardo Alonso.
[editar] Teatro do Atlántico
- Liberdade Bremana (1988), dirixida por Xulio Lago.
- Historia de Neera (1988), dirixida por Xulio Lago.
- Non se chora (1993), dirixida por Xulio Lago.
- Tolos de amor (1995), dirixida por Xulio Lago.
- Casa de bonecas (1996), dirixida por Xulio Lago.
- A noite das tríbades (1996), dirixida por Xulio Lago.
- Amor de Don Perlimpín con Belisa no xardín (1998), dirixida por Xulio Lago.
- Vellos tempos (1998), dirixida por Xulio Lago.
[editar] Teatro do Aquí
- Saxo tenor (1992), dirixida por Roberto Vidal Bolaño.
[editar] Teatro do Morcego
- Os vellos non deben de namorarse (2001), dirixida por Celso Parada.
[editar] Pro Concierto en la ópera
- O empresario (1991), dirixida por X. M. Rabóm.
[editar] Premios
- Premio María Casares 1997 ó mellor actor protagonista por A noite das tríbades (1996), dirixida por Xulio Lago.
- Premio AGAPI 1998 á mellor interpretación masculina por O lapis do carpinteiro (2003), de Antón Reixa.