Ángel de la Cruz
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Ángel de la Cruz é un cineasta galego nacido na Coruña en 1963.
Director e guionista, xunto con Manolo Gómez, de grandes éxitos da animación galega como O bosque animado e O soño dunha noite de San Xoán, tamén traballou en series e programas da canle autonómica galega e dirixiu varias curtametraxes.
Encargouse do guión de varias cerimonias de entrega dos Premios AGAPI, galardóns que ademais distinguiron en varias ocasións os seus traballos.
Índice |
[editar] Filmografía
[editar] Como director e guionista
- Sitcom show (1996)
- Paranoia dixital (1996)
- Aínda máis difícil (1998)
- Sandra (2000)
- O bosque animado (2001)
- O soño dunha noite de San Xoán (2005)
- Os mortos van ás présas (2006)
[editar] Como produtor
- Afonía (1996), de Chema Gagino.
- O soño dunha noite de San Xoán (2005)
- Os mortos van ás présas (2006)
[editar] Como director de arte
- Isolina do Caurel (1997), de Chema Gagino.
- O cambio (1997), de Ignacio Vilar.