Antonio Durán "Morris"
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Antonio Durán, máis coñecido como "Morris", é un actor galego nacido en Vigo, Pontevedra, en 1959. O seu nome completo é Antonio Segundo Durán Moreiras.
Índice |
[editar] Biografía
Actor cunha longa experiencia interpretativa en teatro e un dos rostros máis coñecidos das producións audiovisuais galegas.
Foi actor e presentador en diversos programas da TVG desde que esta comezara as súas emisións nos anos 80. Especialmente popular fíxoo o seu papel de Antón na serie Pratos combinados, que leva interpretando durante máis dunha década.
Fixo varios anuncios publicitarios, ademais de participar en series de televisión e películas de ámbito estatal con papeis secundarios.
En teatro traballou en dúas ducias de obras desde 1978, especialmente para o Centro Dramático Galego e para a compañía Artello, da que foi fundador.
[editar] Películas
- Continental (1990), de Xavier Villaverde. Como Barman Continental.
- Matías, juez de línea (1996), de Santiago Aguilar e Luis Guridi. Como Lázaro, o carpinteiro.
- Atilano, presidente (1998), de Santiago Aguilar e Luis Guridi. Como Policía.
- The last patrol (1999), de Cora Peña.
- Os luns ó sol (2002), de Fernando León de Aranoa. Como Director de Banco.
- Máis ca irmáns (2005) (TV), de Ramón Costafreda. Como Concelleiro.
- Princesas (2005), de Fernando León de Aranoa. Como Funcionario.
- A Atlántida (2005) (TV), de Belén Macías.
- Pataghorobí (2005), de Ricardo Llovo.
- O partido (2006).
- O menor dos males (2006), de Antonio Hernández.
- Mataharis (2007), de Icíar Bollaín.
[editar] Curtametraxes
- Só para nenos (1985), de Milagros Bará. Como Leoncio.
- A todo tren (1995), de Lidia Mosquera.
- Amazonas 2000 (2000), de Óscar Suárez.
- La petición de mano (2004), de Ben Temple.
- La buena caligrafía (2004), de Álex Sampayo.
- O presidente, de Xabier Jácome
[editar] Televisión
[editar] Programas
- SOS. Como presentador. TVG.
- Vídeos, vídeos. Como presentador. TVG.
- O mellor (1986). TVG.
- A tumba aberta (1988). TVG.
- A Reoca (1990). Como Don Armando. TVG.
- Fatal, fatal, fatal (1991). Como presentador. TVG.
- Olé os teus videos (1991). Como presentador. TVG.
- Inocente, inocente (1993). Como presentador. TVG.
- A familia mudanza (1993). Como presentador. TVG.
- Máxima audiencia (2005). Colaborador. TVG.
[editar] Series
[editar] Personaxes fixos
- Pratos combinados (1995-2006). Como Antón Santos. TVG.
- Zapping Comando (200_-). Como varios personaxes. TVG.
- Air Galicia (200_-). Como varios personaxes (Castelao...). TVG.
- Padre Casares (2008-). TVG.
[editar] Personaxes episódicos
- Periodistas (1998). Telecinco.
- Un mundo de historias (Cap. 1) (2000). Como Castelao. TVG.
- Pequeno Hotel (2000-). TVG.
- Los Serrano (2003). Telecinco.
- Libro de familia. Como Saavedra. TVG.
- Los hombres de Paco (2005). Como José María. Antena 3.
- O show dos Tonechos (Cap. 53) (17 de maio de 2007). Como Castelao. TVG.
- R.I.S, Científica (Episodio 5: "Ojo por ojo") (2007). Como Esteban. Telecinco.
- Efectos secundarios (Cap. 8) (2007). TVG.
- Sin tetas no hay paraíso (2008). Telecinco.
- El comisario. Telecinco.
- Hospital central. Telecinco.
[editar] Sonorización
- La matanza caníbal de los garrulos lisérgicos (1993), de Antonio Blanco e Ricardo Llovo. Como voz de Rufo Machado
- Os vixilantes do Camiño (1999), de Ángel Izquierdo e Antonio Zurera.