Princesas
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Princesas é unha película española dirixida por Fernando León de Aranoa no ano 2005 e protagonizada por Candela Peña e Micaela Narváez.
Índice |
[editar] Argumento
A película conta a historia de dúas prostitutas. Unha delas, Caye (Candela Peña), é española e exerce a prostitución sen que o saiba a súa familia; a súa ilusión é aforrar para poder pagar unha operación de aumento de peito. A outra, Zulema (Micaela Narváez), é unha inmigrante ilegal que intenta conseguir cartos para mandar á súa familia na República Dominicana.
A pesar do recelo que existe entre o colectivo de prostitutas pola chegada de estranxeiras que lles supoñen competenia, e que tamén se reflicte na película, Caye e Zulema convértense en boas amigas e descobren que, a pesar das diferenzas, teñen moito en común.
[editar] Ficha artística
- Actores principais:
-
- Candela Peña (Caye)
Micaela Nevárez (Zulema)
Mariana Cordero (Pilar)
Llum Barrera (Gloria)
Violeta Pérez (Caren)
Mónica Van Campen (Ángela)
Flora Álvarez (Rosa)
María Ballesteros (Blanca)
Alejandra Lorente (Mamen)
Luis Callejo (Manuel).
Alberto Ferreiro (Voluntario)
Marco Martínez (adolescente)
Antonio Durán "Morris" (Funcionario)
Pere Arquillé (Carlos)
Pepa Aniorte (Alicia)
Enrique Villén (Dono bar)
Jesús Noguero (Cliente restaurante)
Carlos Bardem (Porteiro discoteca)
Teresa Arbolí (ATS)
Diego Molero (Compañero Manuel)
Satur Barrios (Farmacéutico)
Javier Tolosa (Policía)
Celia Trujillo (Enfermeira)
Alberto Amarilla (Adolescente hospital)
Marta Aledo (Amiga de Caye)
Berto Navarro (Profesor)
Marco Martínez (Adolescente hospital)
- Candela Peña (Caye)
[editar] Palmarés cinematográfico
[editar] Goyas 2005
Categoría | Persoa | Resultado |
---|---|---|
Mellor película | Candidata | |
Mellor actriz | Candela Peña | Gañadora |
Mellor actriz revelación | Micaela Nevárez | Gañadora |
Mellor actor revelación | Luís Callejo | Candidato |
Mellor guión orixinal | Ángel Fernández Santos
Fernando León de Aranoa||Candidato |
|
Mellor canción (Chámanme rúa) | Manu Chao | Gañadora |
Mellor deseño de vestiario | Gina Daigeler | Candidata |
Mellor maquillaxe e perruquería | Nacho Ruiz
Carlos Hernández||Candidatos |
|
Mellor son | M. Reixas, A. Raposo, P. Aledo | Candidatos |
- 3 premios na XX edición dos Premios Goya dos premios Goya á mellor actriz protagonista (Candela Pña), actriz revelación (Micaela Nevárez), mellor canción (Manu Chao).
- O Centro de Escritores Cinematográficos outorgou un premio á mellor actriz protagonista a Candela Peña.
[editar] Ligazóns externas
- Web Oficial da Película Princesas (en español)