Os luns ó sol
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Ós luns ó sol, película máis coñecida a nivel nacional polo seu título en castelán, Los lunes al sol, é unha cinta de Fernando León de Aranoa protagonizada por Javier Bardem e actores galegos como Luís Tosar ou José Ángel Egido entre outros.
Esta produción rodada principalmente entre Vigo e Xixón e estreada en 2002, obtivo unha grande acollida, sendo merecedora de multitude de premios, entre eles varios premios Goya.
Índice |
[editar] Argumento
O escenario desta película é unha cidade costeira do norte, inubicada, que podería ser Vigo, Ferrol, Xixón, Bilbao ou tantas outras. Os protagonistas son un grupo de amigos ós que a reconversión industrial deixou no paro. Pasan os días entre a inactividade e a despesperación, matando o tempo nun bar onde se reúnen, tentando espantar a pantasma do desemprego. Pasean polas rúas sen rumbo fixo e pola falta da rutina laboral chegan a perder a autoestima e mesmo a esquecer en que día de semana viven.
Fonte: Consello da Cultura Galega
[editar] Reparto
- Javier Bardem (Santa)
- Luís Tosar (José)
- José Ángel Egido (Lino)
- Nieve de Medina (Ana)
- Enrique Villén(Reina)
- Celso Bugallo (Amador)
- Joaquín Climent (Rico)
- Aida Folch (Nata)
- Serge Riaboukine (Serguei)
- Laura Domínguez (Ángela)
- Pepo Oliva (Samuel)
- Fernando Tejero (Lázaro)
- Andrés Lima (Avogado)
- César Cambeiro (Fiscal)
- Antonio Durán "Morris" (Director do banco)
- Luis Zahera (Administrador)
- María Luisa Martínez .... Funcionaria INEM
- Casilda García (Dona da pensión)
- Mónica García (Mónica)
- Luisa Merelas (Muller de Lino)
- Pablo de la Fuente (Fillo de Lino)
- Belén López (Filla de Lino)
- Denis Gómez (Rapaz do trasbordador)
- Miguel Borines (Encargado da fábrica)
- Lois Soaxe (Compañeiro de Ana)
- Isabel Cervino (Secretaria Xudicial)
- Pablo Vázquez (Neno do chalet)
- Talco (Bizco)
- Gracia Mestre (Muller no supermercado)
[editar] Premios
- Goya:
- Premio á mellor película.
- Premio ó mellor director para Fernando León de Aranoa.
- Premio ó mellor actor principal para Javier Bardem.
- Premio ó mellor actor secundario para Luís Tosar.
- Premio ó mellor actor revelación para José Ángel Egido.
- Nominación a mellor actriz revelación para Nieve de Medina.
- Nominación ó mellor guión (Fernando León de Aranoa e Ignacio del Moral).
- Nominación á mellor montaxe.
- Unión de Actores:
- Premio ó mellor actor protagonista para Javier Bardem.
- Premio ó mellor actor de reparto para Joaquín Climent.
- Premio á mellor actriz secundaria e revelación para Nieve de Medina.
- Premio ó mellor actor secundario para Luís Tosar.
- Nominacións ó mellor actor revelación e secudnario para José Ángel Egido.
- Premio Sant Jordi ó mellor actor español para Luís Tosar.
- Festival de San Sebastián:
- Cuncha de ouro á mellor película.
- Premio Ondas á mellor película española.
- Fotogramas de Plata.
- Premio á mellor película.
- Premio ó mellor actor de cine para Javier Bardem.
- Premios do cine europeo:
- Nominación a mellor actor para Javier Bardem.
- Nominación a mellor director para Fernando León de Aranoa.
- Nominación a mellor actriz para Nieve de Medina.
- Premios do Círculo de Escritores Cinematográficos.
- Premio á mellor película.
- Premio ó mellor guión (Fernando León de Aranoa e Ignacio del Moral).
- Premio ó mellor actor principal para Javier Bardem.
- Premio ó mellor director para Fernando León de Aranoa.
- Premio ó mellor actor secundario para Luís Tosar.
- Premio á mellor actriz secundaria para Nieve de Medina.
- Nominación ó mellor actor secundario para José Ángel Egido.
- Nominación a mellor fotografía, montaxe, música orixinal.
- Premios ACE:
- Premio ó mellor actor para Javier Bardem.
- Premio á mellor actriz secundaria para Nieve de Medina.
- Nominación a mellor película.
- Nominación a mellor director para Fernando León de Aranoa.
- Nominación a mellor actor secundario para Luís Tosar.