Javier Bardem
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Javier Ángel Encinas Bardem, Javier Bardem, (Las Palmas de Gran Canaria, 1 de marzo de 1969) é un dos actores españois de cinema máis internacionais. No ano 2000 converteuse no primeiro actor español nominado a un Oscar polo seu papel en Antes que anochezca e en 2008 no primeiro en gañalo na categoría de mellor actor de reparto por No es país para viejos.
Índice |
[editar] Biografía
Bardem provén dunha familia de actores: os seus avós, Rafael Bardem e Matilde Muñoz Sampedro, a súa nai, Pilar Bardem, os seus irmáns, Mónica e Carlos, e ademais é sobriño do finado director de cine Juan Antonio Bardem. O seu curmán Miguel tamén é director de cine. É o membro da familia que acadou un maior recoñecemento a nivel internacional
Entre as distintas actividades que realizou inclúese o xogar na Selección Española de Rugbi e estudar pintura na Escola de Artes e Oficios. Tras isto, decidiu dedicarse ó cine.
Con 11 anos fixo un pequeno papel en El poderoso influjo de la luna de Antonio del Real que protagonizaba a súa nai Pilar.
Gañou o Fotogramas de Plata ó Mellor Actor en 1994 por Huevos de Oro. Ese mesmo ano obtivo o Premio ó Mellor Actor no Festival de San Sebastián por Días contados e El detective y la muerte, ademais do Premio “Fernando Rey” á Mellor Interpretación por Días contados.
En 1995 por esta mesma película, consegue o Goya ó Mellor Intérprete Masculino de Reparto e o Premio da Actores ó Mellor Actor, ademais do Fotogramas de Plata por Boca a boca. Esta película deulle o seu primer Goya á Mellor interpretación masculina protagonista en 1996.
Despois de conseguir en decembro de 1997 o Premio do Público ó Mellor Actor na Gala da Academia do Cine Europeo, en xaneiro de 1998 compite poloGoya á Mellor Interpretación Masculina, por Carne trémula.
En 2000 gaña a Copa Volpi no Festival de Cine de Venecia, pola película Antes que anochezca (Before Night Falls), que representa su consagración internacional. Por esta mesma película na que interpretaba a Reinaldo Arenas, foi nominado ó ano seguinte ó Oscar ó mellor actor protagonista, sendo o primeiro actor español en conseguilo. A súa fama aumentou notablemente tanto dentro como fóra de España a raíz deste papel.
En 2003 obtén o premio Goya á mellor interpretación masculina protagonista polo seu papel en Os luns ó sol. Na cerimonia de entrega dese premio manifestouse, igual que outros moitos compañeiros de profesión que luciron pegatinas e insignias, contra a guerra e a invasión de Irak por parte de EEUU.
En 2004 consegue novamente a Copa Volpi no Festival de Cine de Venecia, esta vez polo seu papel de Ramón Sampedro en Mar adentro, polo que tamén repetiría no Goya ó mellor actor. Esta película reafirmouno coma un dos mellores actores do panorama español actual.
[editar] Filmografía
Año | Película | Director |
---|---|---|
2006 | (sen título) | Woody Allen |
2006 | Amar en tiempos de cólera | Mike Newell |
2006 | No Country for Old Men | Joel Coen |
2006 | Los fantasmas de Goya | Milos Forman |
2006 | The last face | Erin Dignam |
2006 | Killing Pablo | Joe Carnaham |
2006 | Guerrilla | Steven Soderbegh |
2004 | Mar Adentro | Alejandro Amenábar |
2004 | Collateral | Michael Mann |
2002 | Los lunes al sol | Fernando León de Aranoa |
2002 | Pasos de Baile | John Malkovich |
2001 | Sin noticias de Dios(**) | Agustín Díaz Yanes |
2000 | Antes que anochezca | Julian Schnabel |
1999 | Segunda piel | Gerardo Vera |
1999 | Los lobos de Washington | Mariano Barroso |
1999 | Entre las piernas | Manuel Gómez Pereira |
1998 | Torrente, el brazo tonto de la ley | Santiago Segura |
1997 | Perdita Durango | Álex de la Iglesia |
1997 | Carne Trémula | Pedro Almodóvar |
1996 | Más que amor, frenesí | Bardem, Albacete e Menkes |
1996 | Éxtasis | Mariano Barroso |
1996 | Airbag | Juanma Bajo Ulloa |
1996 | El amor perjudica seriamente a la salud(**) | Manuel Gómez Pereira |
1995 | Boca a boca | Manuel Gómez Pereira |
1995 | La madre curto | Miguel Bardem |
1994 | El detective y la muerte | Miguel Bardem |
1994 | Días Contados | Imanol Uribe |
1994 | Pronóstico reservado(**) | Antonio Mollà |
1994 | La teta y la luna | Bigas Luna |
1993 | El amante bilingüe | Vicente Arnada |
1993 | Huevos de oro | Bigas Luna |
1992 | Huídos | Sancho Gracia |
1992 | Jamón, jamón | Bigas Luna |
1991 | Tacones lejanos | Pedro Almodóvar |
1991 | Amo tu cama rica | Emilio Martínez Lázaro |
1990 | Las edades de Lulú | Bigas Luna |
1980 | El poderoso influjo de la luna(**) | Antonio del Real |
(**) Realiza pequenos papeis, aparición esporádica
[editar] Premios
[editar] Oscars
Año | Categoría | Película | Resultado |
---|---|---|---|
2000 | Oscar ao mellor actor | Antes que anochezca | Candidato |
2008 | Oscar ao mellor actor | No Country for Old Men | Gañador |
[editar] Globos de Ouro
Año | Categoría | Película | Resultado |
---|---|---|---|
2004 | Globo de Ouro ó mellor actor - Drama | Mar adentro | Candidato |
2000 | Globo de Ouro ó mellor actor - Drama | Antes que anochezca | Candidato |
[editar] Golden Satellites
Año | Categoría | Película | Resultado |
---|---|---|---|
2004 | Mellor actor | Mar adentro | Candidato |
[editar] Festival Internacional de Cine de Venecia
Año | Categoría | Película | Resultado |
---|---|---|---|
2004 | Copa Volpi ó mellor actor | Mar adentro | Gañador |
2000 | Copa Volpi ó mellor actor | Antes que anochezca | Gañador |
[editar] Festival Internacional de Cine de Donostia-San Sebastián
Año | Categoría | Película | Resultado |
---|---|---|---|
1995 | Concha de Plata ó mellor actor | El detective y la muerte | Gañador |
[editar] Independence Spirit
Año | Categoría | Película | Resultado |
---|---|---|---|
2000 | Mellor actor | Antes que anochezca | Gañador |
[editar] Unión de Actores
Año | Categoría | Película | Resultado |
---|---|---|---|
2004 | Mellor actor protagonista de cine | Mar adentro | Gañador |
2002 | Mellor actor protagonista de cine | Los lunes al sol | Gañador |
1997 | Mellor actor protagonista de cine | Perdita Durango | Candidato |
1996 | Mellor actor protagonista de cine | Éxtasis | Candidato |
1994 | Mellor intérprete secundario de cine | Días contados | Gañador |
[editar] Premios Goya
Año | Categoría | Película | Resultado |
---|---|---|---|
2004 | Goya ó mellor actor | Mar adentro | Ganador |
2002 | Goya ó mellor actor | Los lunes al sol | Gañador |
1997 | Goya ó mellor actor | Perdita Durango | Candidato |
1995 | Goya ó mellor actor | Boca a boca | Gañador |
1994 | Goya ó mellor actor de reparto | Días contados | Gañador |
1993 | Goya ó mellor actor | Huevos de oro | Candidato |
1992 | Goya ó mellor actor | Jamón, jamón | Candidato |
[editar] Fotogramas de Plata
Año | Categoría | Película | Resultado |
---|---|---|---|
2004 | Mellor actor de cine | Mar adentro | Gañador |
2002 | Mellor actor de cine | Los lunes al sol | Gañador |
2000 | Mellor actor de cine | Segunda piel | Gañador |
1997 | Mellor actor de cine | Carne trémula Perdita Durango |
Gañador |
1996 | Mejor actor de cine | Éxtasis | Candidato |
1995 | Mellor actor de cine | Boca a boca | Gañador |
1994 | Mellor actor de cine | Días contados El detective y la muerte |
Candidato |
1993 | Mellor actor de cine | Huevos de oro | Gañador |
1992 | Mellor actor de cine | Jamón, jamón | Candidato |
[editar] Véxase tamén
[editar] Ligazóns externas
- Javier Bardem na Internet Movie Database (en inglés)