Manuel María
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Manuel María Fernández Teixeiro (Outeiro de Rei, 6 de outubro de 1929 - A Coruña, 8 de setembro de 2004) foi un poeta galego destacado polo seu carácter combativo e compromiso político. Entre os temas dos seus poemas destacan o amor, a arte, o compromiso político, a denuncia de eivas, a etnografía, a física, a historia, a inmaterialidade, a mitoloxía, o mundo animal, a palabra poética, o paso do tempo, a relixión, a sociedade, a lingua, os traballos agrarios, o urbanismo ou a xeografía.
Índice |
[editar] Biografía
Manuel María era fillo de dous labregos acomodados, Antonio Fernández Núñez, que foi alcalde de Outeiro de Rei, e Pastora Teixeiro Casanova, estudou as primeiras letras na súa vila e en Rábade. En 1942 trasladouse a Lugo para estudar o bacharelato nos maristas e nesta cidade comezou a súa precoz carreira literaria participando por mediación de Celestino Fernández de la Vega, á idade de 20 anos, no ciclo de conferencias "Jóvenes valores lucenses", co que entrou en contacto cos integrantes da tertulia do café Méndez Nüñez (Luis Pimentel, Ánxel Fole, Juan Rof Codina, Aquilino Iglesia Alvariño ...) que o puxeron en contacto co mundo literario galego, desa época data tamén a súa amizade con Uxío Novoneyra. En 1950 publicou o seu primeiro poemario Muiñeiro de brétemas, co que se inaugura a denominada "Escola da Tebra". Froito da decepción recibida por suspender os exames de ingreso á Universidade de Santiago foi o seu segundo poemario Morrendo a cada intre. Realizou o servizo militar en Compostela e alí acudía á tertulia do Café Español onde fixo grande amizade con Carlos Maside. Ao rematar o servizo militar volveu a Lugo, prepárase como procurador, en 1954 gañou os Xogos Florais de Ourense
En 1958 instalouse en Monforte como Procurador dos Tribunais, ao tempo que daba clases nunha academia e colaboraba nunha emisora de radio e ao ano seguinte casou con Saleta Goi. Nos axitados anos sesenta e setenta, Manuel María participou na reorganización política, na clandestinidade, dos partidos nacionalistas, ao tempo que colaboraba con numerosas organizacións dedicadas á recuperación cultural impartindo conferencias e recitando poemas; organizou a editorial Xistral e coa súa dona montou a Librería de igual nome, presentou tamén no Teatro Capitol de Santiago a Nova Canción Galega o 1 de decembro de 1968. Sendo a poesía o seu xénero preferido, tentou a man tamén co ensaio, a narrativa e o teatro. Pasou dunha postura existencialista pesimista cara ao compromiso social e político. Elixido membro correspondente da Real Academia Galega en 1970, finalmente renunciou nunha carta pública que apareceu nos xornais galegos en 1975.
Militante de base da UPG e da Frente Cultural da AN-PG, foi concelleiro en 1979 en Monforte, mais en 1985 abandonou a militancia política para se dedicar por completo á actividade literaria e cultural, asentándose na Coruña. No xornal A Nosa Terra escribiu a columna Andando a Terra. Unha das últimas campañas coas que colaborou foi coa de Burla Negra e a Plataforma Nunca Máis a raíz do desastre do Prestige.
Manuel María é un dos poetas galegos máis musicados, entre outros gravaron poemas seus María Manuela, Suso Vaamonde, Fuxan os ventos, A Quenlla, Chorimas e O Carro.
[editar] Obra
[editar] Obra poética
- 1950, Muiñeiro de brétemas
- 1952, Morrendo a cada intre
- 1954, Terra Cha
- 1954, Advento
- 1957, Auto do taberneiro. 4 ventos
- 1958, Documentos personaes
- 1960, Sermón para decir en cualquier tiempo (en castelán)
- 1961, Auto do labrego. Céltiga, 4
- 1962, Libro de pregos
- 1962, Contos en cuarto crecente e outras prosas
- 1963, Mar Maior
- 1964, "A poesía galega de Celso Emilio Ferreiro", Grial, 6
- 1965, "As augas van caudales" Grial, 9
- 1966, "Os alugados" Grial 14
- 1967, "Raimon, poeta de noso tempo", Grial, 18
- 1968, Proba documental
- 1968, Os soños na gaiola
- 1968, Barriga Verde
- 1968, Noticia da vida e da poesía de Xosé Crecente Vega
- 1969, Versos pra un país de minifundios
- 1969, Versos pra cantar en feiras e romaxes
- 1970, Remol
- 1970, Canciós do lusco ao fusco
- 1971, A Rosalía
- 1971, 99 poemas de Manuel María
- 1971, O Xornaleiro a sete testimuñas máis
- 1972, Odas nun tempo de paz e de ledicia
- 1973, Aldraxe contra a xistra
- 1973, Informe pra axudar a alcender unha cerilla
- 1973, Laio e clamor pola Bretaña'
- 1973, Cantos rodados para alleados e colonizados
- 1976, Poemas para construír unha patria
- 1977, O libro das badaladas
- 1977, Poemas ó outono
- 1978, Catavento de neutrós domesticados
- 1979, As rúas do vento ceibe
- 1982, Escolma de poetas de Outeiro de Rei
- 1982, Versos do lume e do vagalume
- 1985, O camiño é unha nostalxia
- 1984, Cantigueiro do Orcellón
- 1984, A luz resuscitada
- 1986, Oráculos para cavalinhos-do-demo
- 1986, Ritual para unha tribu capital do concello
- 1988, As lúcidas lúas do outono
- 1988, Sonetos ao Val de Quiroga
- 1989, Saturno
- 1990, Cancioneiro de Monforte de Lemos
- 1991, Compendio de orballos e incertezas
- 1991, Hinos pra celebrar ao século futuro
- 1992, Panxoliñas
- 1993, Os lonxes do solpor
- 1993, Antoloxía poética
- 1993, A primavera de Venus
- 1993, Poemas a Compostela
- 1994, Cantigas e cantos de Pantón
- 1994, Poemas para dicirlle a dúas lagoas
- 1996, O Miño, canle de luz e néboa
- 1997, Sonetos á casa de Hortas
- 2000, Brétemas de muiñeiro
- 2000, Camiños de luz e sombra
[editar] Obra narrativa
- 1952, Contos en cuarto crecente e outras prosas
- 1971, O xornaleiro e sete testemuñas máis
- 1971, Kricoi, Fanoi e D. Lobanís
- 1990, Os ontes do silencio
- 1992, Cando o mar foi polo río
- 2003, O bigote de Mimí
[editar] Obra dramática
- 1957, Auto do taberneiro
- 1961, Auto do mariñerio
- 1970, Barriga verde
- 1976, Unha vez foi o trebón
- 1979, Aventuras e desventuras dunha espiña de toxo chamada Berenguela
- 1979, Auto trascendental do ensino tradicional
- 1979, Farsa de Bululú
[editar] Ligazóns externas
- En galego
- Manuel María, Poeta Nacional
- Textos, audio e vídeos. Biblioteca Virtual Galega
- Vida e obra. Independent Media Center de Barcelona
- Pasamento de Manuel María. Vieiros
- Biografía e listaxe de obras.Limiar Libros
- Recensións de obras. Consello da Cultura Galega
- Biografía e escolma poética. Galicia espallada
- Discurso de ingreso á RAG
- En castelán