Güiana - Guyana
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
|
|||
Lema nacional:One People, One Nation, One Destiny (inglés: un pobo, unha nación, un destino |
|||
Idioma oficial outros: |
Inglés hindi, urdu |
||
Capital | Georgetown | ||
Presidente | Bharrat Jagdeo | ||
Primeiro ministro | Samuel Hinds | ||
Superficie | 214.970 Km² | ||
Poboación Densidade de poboación |
751 223 (2007) 3,5 ab./km² |
||
Independencia - Data |
(de Reino Unido) 26 de maio, 1966 |
||
Moeda | Dólar de Güiana | ||
Hora | UTC-4 | ||
Himno nacional | Dear land of Guyana, of rivers and plains | ||
ISO-3166 (Internet) | .GY | ||
Código telefónico | 592 |
A Güiana é un país de Suramérica limitado ó norte polo Océano Atlántico, ó este co Surinam, ó sur co Brasil e ó oeste co Departamento francés de ultramar da Güiana Francesa.
Índice |
[editar] Subdivisións
Subdivídese en 10 rexións administrativas:
- Barima-Waini
- Cuyuni-Mazaruni
- Demerara-Mahaica
- East Berbice-Corentyne
- Esequibo Islands-West Demerara
- Mahaica-Berbice
- Pomeroon-Supenaan
- Potaro-Siparuni
- Upper Demerara-Berbice
- Upper Takutu-Upper Esequibo
[editar] Economía
- Ver artigo principal: Economía de Güiana.
[editar] Demografía
A poboación do país (comprendida entre os 760.000 e 780.000 habitantes) está dividida en tres grupos principais:
- Hindúes ou Indo-gúianeses (aredor do 50%) que habitan nas zonas rurais
- Africáns ou afro-güianeses (entre o 36 e o 43%) residentes nos centros urbanos
- Os amerindios (entre o 4 e o 7%), poboadores das zonas do interior.
A poboación chinesa e europea (principalmente portugueses e británicos) forman o 2%.
O 90% da poboación vive na zona costeira, onde a densidade de poboación chega a 115 habitantes por km². Existe unha gran tensión entre as comunidades hindú e africana, o cal se reflicte na esfera política (onde os dous principais partidos políticos son uni-raciais).
A relixión tamén establece unha líña divisoria entre a población. Os cristiáns (50% da poboación), predominantemente adscritos á igrexa anglicana, son de etnia africana. A comunidade hindú procesa maioritariamente o hinduismo, aínda que existe un porcentaxe que se adscribe ó Islam. Outro dato curioso a destacar é a presenza no país da comunidade máis extensa de Baha'ís do mundo (un 7%).
A emigración ten sido un problema persistente na historia do país, estimándose uns 500.000 nacionais vivindo fora do país. Desde a independencia, máis de 10.000 cidadáns ó ano tense ido establecendo nos Estados Unidos. Igualmente, Canadá, o Reino Unido e outros países caribeños de fala inglesa teñen sido o destino de ditos emigrantes.
[editar] Véxase tamén
[editar] Ligazóns externas
- Office of the President of Guyana (en inglés).
Países do mundo | América do Sur |
Arxentina - Bolivia - Brasil - Colombia - Chile - Ecuador - Güiana - Paraguai - Perú - Surinam - Uruguai - Venezuela |
Países con parte do seu territorio en América do Sur |