Tixola
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Unha tixola é un utensilio de cociña, empregado para fritir, xeralmente en aceite ou manteiga. O aparello consiste nun recipente metálico de bordes baixos e abertos suxeito a un mango, xeralmente plástica (baquelita). Actualmente adoitanse facer con teflón antiadherente, que facilita moito a cocción ou fritura dos alimentos.
Índice |
[editar] Características
Os materiais máis comúns de fabricación de tixolas son:
- Aluminio: Trátase dun material lixeiro que consegue unha óptima distribución da calor. Porén, non está indicado para cociñas de indución.
- Aceiro non aleado. É axeitado para todo tipo de cociñas.
- Aceiro inoxidable. Pode presentar problemas nas cociñas de indución.
[editar] Consellos prácticos
- Recoméndase evita-lo uso culleres metálicas para non risca-lo interior das tixolas. Durante a cocción, pódense empregar no seu lugar utensilios feitos de madeira ou plástico.
- Desaconséllase as tixolas de teflón por seres un material altamente canceríxeno.
- Recoméndase lavar as tixolas cunha esponxa evitando introduci-las no lavalouza ou o emprego de estropaxos metálicos.
- Para evitar pérdidas da calor cómpre escoller a tixola máis adaptada ao tamaño da cociña. Deste xeito evitaranse tamén pegotes e cheiros por derramamentos sobre o fogo.
- É imprescindible ororienta-lo mango da tixola cara o interior da cociña para evitar posibles accidentes domésticos.
- É importante que o mango sexa dun material aillante para evita-la calor.
[editar] Véxase tamén
- Na cociña Valenciana a Paella
- Tixola de cociña asiática Wok (e o seu estilo de cociña stir fry)