O Cairo - القاهرة
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Cairo (Al-Qahira en árabe) é a capital e maior cidade do Exipto. Situada nas marxes do río Nilo, ten preto de 15.9 millóns de habitantes. Foi fundada no 969 para servir de capital do Exipto árabe. Foi conquistada en 1517 polos turcos. Entre 1798 e 1801 foi ocupada polos franceses. É a sede da Liga Árabe. Unha cidade que é un museo aberto composto por unha mistura de antigo e moderno, que conviven nos seus bairros, ruas, ruelas e becos. O Cairo relixioso, cheo de vida e de contrastes, cidade cosmopolita en culturas e xentes, que revela diferentes civilizacións.
Índice |
[editar] Monumentos
[editar] Monumentos Faraónicos
- Menfis, é a máis antiga capital do Exipto datando de 3200 AC. Situase a 25 kms a sudoeste do Cairo e as suas maravillas arquitectónicas e culturais son encabezadas polo Coloso de Ramsés II con 13 metros de longo e un peso de 120 toneladas, así como a esfinxe en alabastro datada da 19ª Dinastía.
- Saqqara, a máis antiga necrópole do Exipto faraónico, situase nunha plataforma do deserto ao sudoeste de Giza.
- A Piramide Escalonada, pertence ao faraón Zoser, da Dinastia III, divídese en seis grandes niveis de 60 m de altura cada un
- A Piramide de Unas, pertencente ao último Faraón da 5ª Dinastia, debe a súa importancia aos xeroglifos que cobren as paredes da cámara funeraria.
- O Serapeun, unha construción moito semellante a catacumbas, contén os túmulos do deus en forma de boi Apis e remonta á 18ª Dinastia. A descoberta do lugar foi en 1851 polo arqueólogo francés Auguste Mariette.
- As Mastabas, túmulos de nobres das 5ª e 6ª Dinastias, as suas paredes son testemuños fieis que revelan a través dos hieroglifos as actividades da vida cotidiana, así como escenas relixiosas e de ofrendas aos deuses, sendo as máis interesantes os túmulos de Ptah-hotep e Kaxemni e o de Mira Ruca.
- As Piramides de Giza, pertencentes aos faraóns Queóps (considerada unha das sete maravillas do Mundo), Quefrén e Micerinos, nas proximidades de O Cairo, concretamente na Necrópole de Giza, elevandose maxestosas e desafiando o pasar dos séculos, datan do Imperio Antigo, concretamente da Dinastia IV.
- Esfinxe, localizase xunto do templo do Vale; posui cabeza humana (do Rei Quefrén) e corpo de león. Ten 70 metros de comprimento e 20 metros de altura. No interior deste monumento parecen estar guardados misterios e segredos non revelados ata aos nosos dias.
[editar] Monumentos Cristiáns e coptos
- A Igrexa de San Sérxio, a súa orixe remonta ao século IV. Coa estrutura dunha basílica, foi erixida sobre a cripta onde se refuxiara a Sagrada Familia cando da fuga para o Exipto.
- A Árbore da Virxe en el Matariya, á sombra da cal teria descansado a Sagrada Familia.
- A Igrexa da Virxe María, en Ceitun.
[editar] Monumentos Islámicos
- Mesquita de Ibn Tulun, a terceira Mesquita en importancia no Exipto; posue un minarete en forma de caracol como a Samara no Iraq.
- Mesquita de El Azhar, construída polos fatimitas, fundadores do Cairo no ano 972. A Mesquita coa súa Universidade é considerado como a meca cultural do mundo Islámico.
- Mesquita de Moaed construída en 823 sobre Bab Ceuraila.
- Mesquita de Mohamed Ali (Alabastro), construída sobre a cuiñanorte da cidadela no 1830 sendo do estilo turco.
- Cidadela de Saladino, construída en 1183.
- A Casa de Sohemy, construída no 1796 e situada en Darb El Asfar.
[editar] Monumentos Modernos
- O Museo Exipcio do Cairo, situado na praza de Tahrir, foi construído en 1902.
- Palacio e centro de conferencias, situado en Madinet Nasr, foi inaugurado en 1989 e é ideal para congresos e conferencias internacionais.
- A Aldea Faraónica, onde se pode asistir a unha demonstrazón da vida cotidiana no Antigo Exipto.
- O Museo Islamico, situado en Bab El Khalk, posue a máis importante colección de arte islamica do Exipto.
- Os Museos de Arte Moderna de Mukhtar e de Mohmoud Khalil, posuen coleccións de escultura e pintura de elevada importancia.
- Khan El Khalili, é un dos máis orixinais mercados orientais. A súa historia remonta ao século XIV. Posue gran número de tendas con exposicións de artigos en ouro, prata, madeira, marfíl e cobre, así como peles, vestidos bordados, especias. O elevado nivel arquitectónico dos edificios converteu este local nun verdadeiro museo islamico.
[editar] Etimoloxía
Cando naceu hai cinco milenios chamáronna Misr, que agora se usa en árabe como nome do país do que é capital. Séculos despois, cando creceu, rebatizouse como Al-Qahira ("A victoriosa"). Xa que logo, sería incorrecta chamala "o Cairo" (que en galego significa "o dente") posto que isto sería unha interpretación do artigo castelán, onde se lle cambia incoherentemente de xénero. Ironicamente, a capital exipcia nunca venceu a ninguén, senón que máis ben foi case sempre derrotada no seu inútil empeño de se converter no centro dun imperio. Máis adiante chamóuselle tamén Um al-Dunya ("A nai do mundo"), mais agora veráse que isto é moito esbardallar.
[editar] Na literatura
O poeta turco Fazul Bey xa escribiu no século XV:
- "¿Nai do mundo? Soamente é unha prostituta que se entregou a todo o mundo un século tras doutro".
Noutro libro da tradición árabe, As mil e unha noites, un personaxe afirma:
- "Quen non visitou Al-Qahira non coñece o mundo. O seu po é ouro; o seu Nilo é marabilla; as súas mulleres coma virxes de ollos pretos vidas do Paraíso; as súas casas, pazos; o seu aire, morno; os seus olores, perfumes que aledan o corazón. ¿Como podería ser doutro xeito Al-Qahira sendo coma é a Nai do Mundo?".
O viaxeiro tanxerino Ibn Battuta visitouna varias veces no século XIV no período mameluco e describiuna dun xeito máis exacto:
- "Dona de grandes provincias e terras fértiles, chea de grandes edificios, incomparable en beleza e esplendor, acolle os ilustrados e os ignorantes, os infelices e os ledos, os descoñecidos e os famosos, os asisados e os tolos, os nobres e os míseros... A súa mocidade é sempre nova a pesares da súa longa historia".
[editar] Actividade continua
O certo é que a "Cidade dos mil minaretes" representa todo o que é Exipto. Xa entre o século XI e o século XII tiña medio millón de habitantes cando daquela París tiña douscentos mil, Londres corenta mil e Madrid era unha aldea. Hoxe habítana vinte millóns de persoas e para a ONU é a cidade poboada con máis densidade: no centro da cidade chega a douscentos mil habitantes por quilómetro cadrado inda que nalgunhas zonas esa cifra ascende a medio millón.
A súa superficie asfaltada é superior á de Nova York: case sen espazos verdes, a proporción de céspede correspondente a cada cairota ten a superficie dunha sola de zapato. Os novos edificios de vinte pisos das aforas da cidade déixanse a miúdo cos teitos sen rematar e as trabes vistas, coa idea de que nalgúns anos sexa necesario engadir novos andares.
Unha boa parte das familias cairotas habitan vivendas dun só cuarto e os integrantes fan quenda para comer, asearse ou durmir. Isto fai pensar que os habitantes de Al-Qahira esquecen a división natural entre día e noite: sen horario de durmir, o tráfico non baixa de intensidade e hai moitos mercados que continúan abertos toda a noite así coma oito míl cafés dos trinta mil totais. Tamén deambulan douscentos mil vendedores ambulantes, corenta mil nenos sen fogar.
[editar] Capitalidade
Al-Qahira desborda o concepto de capital occidental: tódolos camiños e estradas nacen ou morren na capital, onde viven un de cada catro exipcios. As principais universidades exipcias teñen a súa sede na urbe e tódolos xornais se editan en Al-Qahira. Tódolos departamentos gobernamentais están na capital, censando máis de dous millóns de funcionarios.
Tamén se pode pode confirmar coma capital do Islam, polo menos intelectual e artística: é onde se editan un 60 por cento dos textos árabes do orbe, onde estudan as elites musulmanas, nas súas escolas coránicas é onde se forma boa parte do clero do Islam (tanto fundamentalista coma tolerante), onde se filma a maior parte das películas e telenovelas árabes (que consagra o dialecto cairota coma unha segunda lingua franca do Islam, co permiso do árabe coránico).
É a capital da arte no Islam, onde se fai e exporta a mellor música árabe: foi onde naceu, viviu e morreu a gran cantante Umm Kulsum, quen congregou no seu enterro máis xente có presidente Nasser, pai da independencia. Al-Sitt, "a gran señora" conmoveu coas súa baladas e aínda o fai dende Marrocos a Indonesia. É onde se acollen as mellores na danza do ventre (que chegan a cobrar un millón de pesetas por actuación), entre elas Fifí Abdú, quen, ante as prohibicións das autoridades relixiosas exipcias chegou a afirmar que a súa arte "é un asunto exclusivo entre Al-lah e mais eu".
Igual que guardiana da espiritualidade e da fe e do rigor do pensamento, tamén é a anfitriona dos seus pecados: a legalidade do alcohol atrae ós xeques de Arabia Saudí ou de Kuwait que o prohíben nos seus países e os seus lupanares son do mellor do Islam.
[editar] Transporte
A súa entrada en tren na Ramses Station ten pouco de faraónica, pero saír á rúa si que ofrece bastante de aventura, sorteando claxons, taxis e carros de tiro coma un toureiro para salvar a vida. O tránsito é dun millón de vehículos a motor cunha media de quince anos de idade, e aínda pasean por ela cinco mil burros.
No entanto, a cidade ofrece unha moderna rede de metro, limpa e eficaz, con espazosos andéns e anchos vestíbulos (por exemplo nas estacións Nasser ou Sadat) e con vagóns moi novos. Existen vagóns destinados só a mulleres, debido ó feo costume dos homes exipcios de tocarlle o traseiro ás señoras cando viaxan (por outra parte, coma no Madrid da década dos 1950).
[editar] Historia
Como xa se dixo, "a Vitoriosa" nunca venceu a ninguén: estivo sometida durante vinteseis séculos ata 1952, en que Nasser derrocou ó rei Faruk, títere británico. Xa Herodoto dixera que "os exipcios non saben vivir sen reis" con razón, porque mesmo gobernadores e presidentes actuaron coma monarcas absolutos, tomando posesión do poder sempre con algún símbolo rexio.
Entre os anos 3000 e 500 a. de C. sucedéronse varias dinastías faraónicas, pero a derradeira foi derrotada polos asirios, que ocuparon o país durante décadas. Os persas de Ciro e Cambises conquistáronlles o delta nilótico, pero no ano 332 a. de C. chegou o rei grecomacedonio Alexandre Magno que anexionou Exipto ó seu imperio e fixo capital a Alexandría. Unha dinastía ptolomeo-macedonia fundada por un xeneral grego resistiu no poder ata que as tropas romanas de Octavio converteron o país en provincia romana no ano 30 a. de C. Coa caída de Roma, o poder pasou a mans de Bizancio.
Os árabes conquistaron o país no ano 640, e sucedéronse varias dinastías:
- Oito anos despois instalouse a dinastía omeia procedente de Siria;
- En 750 chegaron os abbásidas (ou abasís) orixinarios de Iraq;
- Despois chegaron os avasalles en 986;
- Posteriormente gobernaron os fatimís en 1169, vidos de Marrocos;
- Coas cruzadas iniciadas en 1099 para conquistar os Santos Lugares coa que dominarían Hierosolima e se expandirían cara ó levante, en 1171 comezou unha serie de batallas por parte do capitán kurdo ó servizo de Siria Salah al-Din (Saladino), quen expulsaría os fatimís no 1187 e conquistaría Exipto instalando a dinastía aiubí.
- Na busca de tropas leais para dominar o seu imperio, Salah al-Din contratou un exército de mamelucos (mercenarios do Cáucaso e Asia central libertos nas guerras dos otomanos), que co tempo formaría unha caste militar, derrocarían o derradeiro aiubí en 1257 e gobernarían con 53 sultáns (de sorte moi diversa, xeralmente precaria);
- Cando chegou o imperio otomán en 1517, presentaron vasalaxe e impostos a Istambul, de onde procedían a maioría, a cambio de seguir gobernado Exipto.
Isto foi o que pasou ata que chegou Napoleón Bonaparte o 1 de xullo de 1798, que derrotou ós mamelucos o 21 de xullo e conquistou Al-Qahira o 24 de xullo, na procura de recortar a expansión británica cara á India e aumentar o dominio francés. O día 1 de agosto, o almirante inglés Nelson dirixiuse a Exipto e deixou illado a Napoleón na batalla de Abukir. Os turcos apoiaron improductivamente ós seus aliados ingleses, pero a moral francesa ía debilitándose: nunha viaxe secreta de Napoleón a Francia, deixou o mando baixo o xeneral Kléber a quen matarían despois, o cal obrigou á capitulación en agosto de 1802.
[editar] Visitas interesantes
- a Citadela
- Khan Khalili
- a Cidade dos Mortos
[editar] Referencias bibliográficas
- Max Rodenbeck (1998) Cairo, the city Victorious. Cairo: The American University of Cairo Press.
- Javier Reverte (2002) Los caminos perdidos de África. Barcelona: Círculo de lectores.