See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Saqqara - Wikipedia

Saqqara

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

A pirámide de Userkaf en Saqqara
A pirámide de Userkaf en Saqqara
Pirámide de Zoser
Pirámide de Zoser
Pirámide de Zoser
Pirámide de Zoser
Piramide en Saqqara
Piramide en Saqqara
Plano de Saqqara
Plano de Saqqara

[editar] Situación

Emprazamento da necrópole principal da cidade de Menfis sita a uns 17 quilómetros do arrabal de Giza da cidade de O Cairo, en uso dende a Dinastía I (aproximadamente 3.100 a.c.) ata época cristián (540 d.c.).

A importancia da necrópole débese a gran cantidade de tumbas presentes, mesmo continuamente reutilizadas. Case a totalide foi saqueada dende tempos antigos.

A tumba do monarca mais antigo do que se teñen testimonios nesta necrópole son os de Narmer aínda que a súa tumba, case con total seguridade, a B17 na necrópole de Umm el Qa´ab, en Abidos moi lonxe de Saqqara.

En Saqqara Imhotep deseñou para o seu faraón Zoser unha tumba cun deseño revolucionario, a pirámide escalonada, primeira na súa especie.

Tamén se atopan moitas mastabas de membros da elite do Imperio Antigo, que adoitan dispoñerse en relación coas pirámides dos seus soberanos, dende Zoser ata Pepi II.

Acabado o Reino Antigo, abandonarase Saqqara como lugar principal de enterramento, non sendo ata o Imperio Novo cando volva a ser usado, non polos faraóns (que se enterraban no Val dos Reis) senon polas clases dirixentes.

A partires da Baixa Época enterranse no norte da necrópole un gran número de animais sagrados, sobre todo vacas (nais de Apis) asi como Babuinos, Falcóns e Ibis. No norte posiblemente pola relación que ten a zona con Imhotep. Un pouco mais cara ao leste sepulcros de cans e chacais e gatos, chegando ata época grecoromana.

Con posterioridade, xa en época copta, estableceuse o Mosteiro copto de Apa Jeremias e un pequeno asentamento, ao sur da estrada de Unas con materiais reutilizados de construcións mais antigas.

[editar] Últimas descubertas

A finais de febreiro de 2007 descubriuse a tumba, feita en ladrillos de barro, do escriba de arquivos de templos Kahai e da súa esposa Spri-Ankh, na necrópole vinculada ó faraón Teti, e que viviron a finais da Dinastía V ou principios da VI (aproximadamente no 2300 a.c.). Nela atopáronse unha serie de estatuiñas en madeira (cinco en total), asi como unha porta falsa de madeira e dúas mesas de ofrendas. Destaca a estatua dobre da parella sentada, por non ser habitual que foran feitas en madeira.

[editar] Edificaciones mais importantes

  • Necrópole con mastabas de adobe dos faraóns da Dinastía I.
  • Tumbas dos faraóns da dinastía II.
  • Complexos funerarios piramidais de Zoser e Shepseskaf da dinastía III.
  • Pirámide de Sejemjet da dinastía IV.
  • Pirámides de Userkaf, Dyedkara-Isesi, Unis da dinastía V.
  • Pirámides de Teti, Pepi I, Merenra I e Pepi II da dinastía VI.
  • Mastabas dos cortesáns Ti, Nebet, Unisanj, Iynefert, Mehu, Ajethotep, Mereruka, Idut, Ptahhotep e Ajuthotep, Neferptah, Kagemni, Nianjnum e Jnumhotep.
  • O Serapeum, lugar de enterramento dos bois sagrados.


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -